stars

mércores, 13 de maio de 2020

Traballo para o xoves 14 de maio

Olaaa!!!!

Como estades hoxe?

Seguimos con esta incrible etapa da Historia que é a Idade Antiga e comezamos coa civilización exipcia. Chocade esas 5!! 😜



Antes de nada, botámoselle un ollo ao de onte:

Lingua galega


A aparición da escritura é importante porque gracias a ela temos constancia de como era a vida en épocas remotas e que grandes acontecementos ocorreron na Historia. Para os pobos da Historia, a escritura foi un gran avance: permitiu por exemplo unha maior organización das civilizacións, o desenvolvemento da literatura, da filosofía e de moitas outras disciplinas.
A expresión "As palabras lévaas o vento" significa que as palabras se perden no tempo. Ao contrario, o escrito perdura e é unha proba do que se acordou nese momento.


Ciencias sociais


5.
As primeiras cidades se crearon na Idade Antiga.

6.
O invento que marcou o inicio da Idade Antiga foi a escritura. A diario, usámola para comunicarnos, crear historias, transmitir coñecementos, etc.

7.
A escritura que inventaron os exipcios chámase xeroglíficos.

Línea do tempo:

Na Idade Antiga aparecen as primeiras civilizacións como Exipto cos seus faraóns, Grecia cos seus filósofos ou Roma cos seus gladiadores.

Matemáticas







E agora si que si!


Primeiro, teremos que situar o lugar no que viviron os antigos exipcios así que eso é o que vamos a ver hoxe.

1. Ciencias Sociais

    - ver o seguinte vídeo.



    - ler o seguinte texto. (Sacado do libro Egipto a tu alcance, ed. Oniro)





   - coa información do vídeo e do texto, copiar e completar na libreta o seguinte texto:

A civilización do Antigo Exipto naceu fai máis de ................................................ no continente ............................., á beira do río .................................... do que dependía para vivir. É o segundo río máis longo do mundo que nade da unión de dous ríos: o ........................................... e o .......................................
Ao longo do río, as terras son fértiles e cultivables. Os exipcios chámanas .......................... Pero máis aló desas terras, so hai "Terra Roxa" que é ..................................
Os exipcios utilizaban as terras da beira do río para cultivar e o río para ................................, para ........................................ e para ............................................
O Nilo era tan importante que se consideraba como un ...............................


2. Ciencias da Natureza e Lingua Galega
    - Ler o seguinte texto e contestar ás preguntas na libreta.



    - Cantas estacións había ao ano, segundo os exipcios? Cales eran? Cando comezaba e cando remataba cada unha? Que ocorre en cada unha delas?
    - Cantas estacións hai, segundo sabemos hoxe en día? Cales son? Cando comeza e remata cada unha? Que ocorre en cada unha delas?

3. Matemáticas. Realizamos esta ficha de cálculo.



E ata aquí para hoxe! Mañá, deixaremos de lado a Historia para centrarnos no Día das Letras Galegas que é o domingo. O luns retomaremos as nosas indagacións sobre o Antigo Exipto.

4 comentarios:

  1. Na corrección da liña do tempo hai un erro, a última civilización ten que ser Roma non Grecia.
    Carla

    ResponderEliminar
  2. Encantoume a ficha das pirámides de sumas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome, Martiño, porque teño máis pero con reatas e multiplicacións!

      Eliminar