stars

xoves, 28 de maio de 2020

Traballo para o venres 29 de maio

Olaaa!

Último día de clase antes de comezar o mes de xuño. Ánimo que estamos na recta final!!!

Hoxe, seguiremos cos traballos de Arquímedes. Como xa sabedes, estudou as máquinas simples pero, sabedes o que son as máquinas simples? Hoxe vámolo a descubrir.
Unha frase famosa que se lle atribúe a Arquímedes (aparte de "Eureka!" correndo espido polas rúas de Siracusa) é a seguinte:

"Dádeme un punto de apoio e moverei o mundo." 

Que vos parece?



Correccións do xoves:

Esparta

1) Si un niño nacía con alguna discapacidad o enfermedad lo abandonaban en el monte.
2) Los espartanos tenía que luchar desde los 20 hasta los 60 años
3) Un hoplita llevaba una espada corta, una lanza de dos metros, un casco y un escudo.

Experimento

No experimento de flotabilidade, había que chegar á conclusión de que a plastilina en forma de barco, aínda que ten o mesmo peso que a bóla, despraza máis líquido e por esa razón recibe máis forza de empuxe da auga. Así, consegue flotar como o fan os barcos a pesar de que poidan chegar a pesar toneladas. Neste vídeo, explícano bastante ben: 


Matemáticas:
4.
Un prisma de 6 caras
Tiene 2 bases y 4 caras laterales. El polígono de sus bases es un cuadrado.
Una pirámide de 4 caras tiene una base y tres caras laterales. El polígono de su base es un triángulo.

5.
Tiene 6 caras. Sí, son todas iguales. Sus caras tienen forma de cuadrado. Este prisma se llama cubo.

6. Puedo formar un cuo con la primera y la última figura.

7. Había que colorear de rojo los dos triángulos y de azul los rectángulos.
Se puede formar un prisma porque tiene dos bases.

Ficha 3
1. Por orden tenemos:
en la primera línea cilindro (rojo), cono (azul), cilindro (rojo)
en la segunda línea cono (azul), esfera (amarillo), esfera (amarillo).

2.
cilindro:                                             cono:
base                                                    base
superficie curva                                  superficie curva
                                                           vértice

3.
Esfera: No tiene bases.
            No tiene vértices.
            Tiene una superficie curva.

Cilindro: Tiene dos bases circulares.
                Tiene dos aristas.
                Tiene una superficie curva.

Cono: Tiene una base circular.
           Tiene un vértice.
           Tiene una superficie curva.

4. Esfera: por ejemplo pelota, bombilla, bola de billar, ...
Cilindro: maceta, lata, ...
Cono: cucurucho de helado, cono de una obra, ...

5. Tiene dos bases. Sus bases son círculos. Es un cilindro. Con el rectángulo se forma la superficie curva.

6. Se ven igual desde arriba el cilindro y la esfera.
El vértice del cono se ve como un punto desde arriba.

7. Al mirar la esfera veo un círculo.
Al mirar el cilindro veo un rectángulo.
Al mirar el cono veo un triángulo.

Agora vamos a polo venres!

1. Matemáticas
Rematamos as fichas de onte.

2. Ciencias da natureza
Arquímedes tamén estudou as máquinas simples, pero que son as máquinas?

Son aparatos que nos axudan a realizar os traballos con menos esforzo.

   - Ver o vídeo:



   - Ler no libro de Ciencias da Natureza páxina 96, 98 e 99.
   - Facer exercicios 3 e 4 da páxina 99 na libreta.
   - Completar o esquema da seguinte ficha e pegalo na libreta. Podes indicar o nome das tres partes da panca no esquema?




  - Agora, propóñovos unha pequena actividade práctica sobre as poleas, a ver se temos máis éxito que coa actividade do Partenón... (😱😱😱😱 Acabo de ver que o corrector fixo das súas... donde pon "maís" é "máis"!!! Estorba a vista 🙈🙈)


3. Plástica.
Apetécevos algo de arte grego?
En arte, os gregos destacaron en arquitectura, en escultura e en decoración de cerámica. Esta última é pola que nos vamos a interesar hoxe. Houbo varios periodos pero dous estilos destacaron: as figuras negras e as figuras vermellas.
No primeiro caso, os artistas utilizaban a cor da cerámica, un laraxa case vermello, e pintaban figuras negras. No segundo caso, pintaban o recipiente de negro, menos as figuras que deixaban da cor da cerámica. Mirade que resultados tan bonitos:





Observade que hai partes pintadas completamente e outras decoradas en forma de cenefas xeométricas. As formas da cerámica en sí dependían do uso que se lles daba e as figuras humanas adoitaban representar a vida dos deuses, escenas de guerra ou atletas.

Xa vos imaxinades que vamos facer algo desto...
Propóñovos varias opcións, segundo o material do que dispoñades. 
Opción 1: Se tendes barro e vos apetece, facede a forma, esperade a que seque e a pintar! Neste caso, ademáis do material, tendes que ter paciencia para que seque.



Opción 2: Se tendes unha maceta e pintura negra ou rotuladores negros que pinten na cerámica, adiante!


 


Opción 3: Se tendes unha cartolina e pinturas ou rotuladores, debuxade o recipiente, a decoración, e a pintar!

Opción 4: O mesmo pero en folio.




Opción 5: Se non o vedes pero queredes facelo igual, aquí tendes unha ficha con patróns para seguir:





Para calquera das opcións (excepto a última), tendes este esquema para seguir.
Necesitades un dado.
Na primeira tirada decídese a forma do voso recipiente (salvo que usedes unha maceta). Na segunda tirada, a cenefa inferior, despois a cenefa superior, e nas seguintes tiradas sairán tres debuxos distintos de deportistas para a franxa do medio. Na parte de abaixo do debuxo tendes un exemplo.


Espero unha foto das vosas obras!

Pasade un feliz fin de semana e disfrutade que vai quentar o sol!
Bicos


Ningún comentario:

Publicar un comentario