Que tal o fin de semana?
Celebrastes ben o Día das Letras Galegas?
Nós seguimos co Antigo Exipto. Moitos de vós preguntábades polos faraóns e eso é o que veremos hoxe.
Pero antes, trataremos de correxir o traballo do xoves pasado que quedou sen mirar.
Ciencias Sociais
A civilización do Antigo Exipto naceu fai máis de 5.000 anos no continente africano, á beira do río Nilo do que dependía para vivir. É o segundo río máis longo do mundo que nace da unión de dous ríos: o Nilo Blanco e o Nilo azul.
Ao longo do ríom as terras son fértiles e cultivables. os exipcios chámanas "Terra Negra". Pero máis aló desas terras, so hai "Terra Roxa" que é deserto.
Os exipcios utilizaban as terras da beira do río para cultivar e o río para pescar, para cazar e para desprazarse.
O Nilo era tan importante que se consideraba como un dios.
Lingua / Ciencias da Natureza
Segundo os exipcios había tres estacións ao ano que eran Akhet, Peret e Chemou.
Akhet duraba de xuño a outubro e nesta estación o Nilo desbordábase.
Peret duraba de novembro a febreiro e durante eses meses o Nilo volve ao seu cauce e os campesiños sementan as terras.
Chemou comeza en marzo e remata en xuño. O Nilo está baixo e hai sequía. É cando os campesiños recollen a colleita.
Segundo sabemos hoxe en día, hai catro estacións: primavera, verán, outono e inverno.
No hemisferio norte, a primavera dura do 21 de marzo ata o 20 de xuño. Durante esta estación, as temperaturas comezan a subir e adoita haber tormentas e chover.
O verán comeza o 21 de xuño e remata o 20 de setembro. É a estación máis calurosa e seca.
O outono dura do 21 de setembro ata o 20 de decembro. As temperaturas comezan a baixar, adoita chover moito e os días son máis curtos.
O inverno comeza o 21 de decembro e remata o 20 de marzo. É a estación máis fría e cos días máis curtos.
Matemáticas
E agora, vamos cos faraóns!
Coñecedes ao personaxe deste cómic? Sabedes quen é o seu autor e de que obra está sacada ésta viñeta? Fixádevos no que pon debaixo de cada "momia". Cal é a súa profesión?
1. Lingua Galega e sociais
- Lectura do seguinte texto
- Comprensión
2. Lengua castellana
- Lectura: los faraones más célebres (sacado de "Egipto a tu alcance", ed. Oniro)
- ejercicios sobre el texto (Mandádeme a descripción, por favor.)
3. Matemáticas: pirámides de cálculo
- sumas pinchando aquí.
- restas:
Espero que vos gustara o traballo de hoxe. A civilización exipcia durou uns 3.000 anos así que houbo moitísimos faraóns. Se queredes aportar información acerca dalgún máis que coñecedes non dubidedes en facelo!
Hoxe tamén nos achegou Marta a súa proposta de eduación física para esta semana. Disfrutádea!
Hoxe tamén nos achegou Marta a súa proposta de eduación física para esta semana. Disfrutádea!
Tintín
ResponderEliminarAutor:Georges Remi(Hergé)
Obra:Los cigarros del faraón
Eze
Profesion: especialistas na historia de Exipto.
ResponderEliminarEze.
Moi ben Eze! Efectivamente o autor é Hergé que se fixo chamar así porque son as súas iniciais en francés R.G. de Remi Georges. El creou o personaxe de Tintín, un reporteiro que sempre anda metido en aventuras co seu can Milú. Todo un clásico da banda deseñada!
ResponderEliminarTrátase de Tintín. O autor é Hergé e está sacado da obra "Los cigarros del faraón".
ResponderEliminarOs egiptólogos son aqueles que estudan o antigo Exipto
Carla
Sí, Carla.
ResponderEliminarO Antigo Exipto esperta tanto interés que incluso hai historiadores especialistas no seu estudo: os exiptólogos.