stars

domingo, 3 de xuño de 2018

Concerto de trompa

Fai xa un par de semanas, Carlos animouse a tocar a trompa para todos nós e algún invitado más. Estivo xenial! Tanto que xa temos algún músico máis pedindo vez para dar un concerto tamén!


Terceiro aniversario da Biblioteca Asunción Antelo

O venres pasado celebramos o aniversario da nosa biblioteca. Este ano tivemos un papel protagonista xa que nos tocou escenificar un conto: O Nacemento do Dragón. Despois tamén tivemos o pracer de escoitar a Carlos tocar a trompa e varios de nós leron un poema de Asunción Antelo, A Barquiña.


E aquí tendes o ensaio xeral. A representación saiu aínda mellor!



Excursión a Galipark

Que ben o pasamos en Galipark! Sen dúbida unha viaxe para repetir. Velaquí unhas imaxes da tan ansiada excursión de fin de curso.


Día da Familia 2018

Vaia festa este ano no Día da Familia! Moitas grazas a todos os que participastes, e para os que non poideron aquí tendes unhas imaxes para ver como transcorreu a mañá.


Día do Libro 2018

Como todos os anos, para conmemorar o Día do Libro, no colexio organízase a actividade de mestres lectores. Este ano tocounos aos de terceiro lerlle aos nenos de primeiro. Ollade que aplicados foron!