stars

mércores, 29 de abril de 2020

Traballo para o xoves 30

Bo día!

Hoxe é un xoves que sabe a venres!!

Se queredes saber máis sobre esta celebración tendes aquí unha historia moi sinxela.

Fun recibindo algún traballo voso máis, como este de Martina e estoutro de Saray:





Agora, comezamos mirando o traballo de onte:

Matemáticas páx.101


6.
7 días
1.525 l al día
1.525 x 7 = 10.675 l
La capacidad de la piscina es de 10.675 litros.

7.
bidón: 1hl = 100 litros
sacamos 10 botellas de 2l : 10 x 2 = 20 litros
100 - 20 = 80 litros
Quedan 80 litros en el bidón.

8.
cuatro garrafas de 5 litros: 4 x 5 = 20 litros
Cada litro llena dos aceiteras de 50 cl: 20 x 2 = 40 aceiteras de 50 cl
Puedo llenar 40 aceiteras de 50 cl.

Cada litro llena 4 aceiteras de 25 cl.
20 x 4 = 80 aceiteras de 25 cl
Puedo llenar 80 aceiteras de 25 cl.

9.
regadera 150 cl
la llena 10 veces
150 x 10 = 1.500 cl
Utilizará 1.500 cl.

Si la regadera fuera de 300 ml:
La regadera es el doble de grande (antes era de 150 cl, 150 x 2 = 300) por lo que hay que llenarla la mitad de veces. La regadera de 150cl había que llenarla 10 veces, la de 300cl hay que llenarla 5 (10:2=5).
Necesitaría rellenarla 5 veces.

10.
depósito 45 litros de capacidad
tiene 1.200 cl

45l = 4.500 cl
4.500 - 1.200 = 3.300 cl
Hacen falta 3.300 cl para llenarla.

Ciencias sociais




E o traballo para hoxe:


1. Ficha de cálculo.

2. Lingua Galega: "O Río"

No "libro da auga", ler e ilustrar o poema "O Río". Mandádeme foto dos vosos debuxos se queredes que os poña no blog!
Copiar as preguntas e contestar ás seguintes cuestións na libreta, excepto no c), d), e primeira parte do e) que podedes facer no "libro da auga".
                a) Cantas estrofas ten o poema?
                b) Cantos versos ten o poema?
                c) No poema, subliña da mesma cor as palabras que riman.
                d) Rodea, na primeira estrofa, os verbos. Que fai o río?
                e) Rodea, na segunda estrofa, os substantivos. Despois, na libreta, di que xénero e número ten cada un.
                f) Para quen canta o río según o poema?
                g) Que pensas que é o "cantar" do río?
                h) Por que cres que "non se entretén"?
                i) Quen é o autor deste poema?
                j) Averigua algún dato sobre o autor. Podes compartilo nos comentarios.

3. Matemáticas

Primeiro, vamos a ver un pequeno vídeo para recordar unhas cousas e avanzar no tema das capacidades:


Penso que esto tamén vos pode axudar a entender o exercicio 8 de onte, aos que lles costou un pouco máis.

O mesmo tamén se pode explicar con Lego:



Agora podemos pasar aos exercicios: libro páx. 98, ex. 1, 2, e 3

4. Plástica.

Sabedes que día é o domingo? Pois si, é o día da nai! Propóñovos esta pequena manulidade para que lle poidades "mandar unha mensaxe". Solo necesitaredes unha cartolina ou folio que hai que recortar en forma de cadrado, tesoiras, pegamento e cores. Podedes seguir os pasos no vídeo seguinte.
Por certo, vós facede un debuxo ou unha mensaxe bonita, non fagades coma min 😉




Pasádeo ben!


martes, 28 de abril de 2020

Traballo para o mércores 29 de abril

Olaaaaaaa!!!!

Como estamos hoxe?

Primeiro vamos a correxir algo do traballo de onte:

No noso libro da auga, a parte dos estados da auga debería quedar así:


E na páxina superior, deberíades ter algo parecido:


Podedes ter máis cousas como chuvia, neve, nubes etc, pero estas teñen que estar!

Experimento

No apartado de  observacións tíñades que poñer que o nivel do xeo está máis alto que o nivel ao que estaba a auga antes de conxelar. En conclusións, había que poñer que o xeo, ou auga en estado sólido, ocupa máis espacio que a auga en estado líquido.

Matemáticas, páx. 100

1.
a) 3 l = 300 cl
b) 2 l = 200 cl
c) 7 l = 700 cl
d) 4 hl = 400 l
e) 5 hl = 500 l
f) 9 hl = 900 l

2.
Lata = 33 cl    zume = 40 cl.     suavizante = 200 cl.   leiteira = 5000 cl    laranxa = 100cl.   refresco 60 cl
medio hectolitro > 2l > 1l > 60cl > 40cl > 33cl

4.
a) 300 + 8 = 308 cl
b) 400 + 7 = 407 cl
c) 500 + 40 = 540 cl
d) 100 + 87 = 187 cl


Seguimos co tema da auga? Xa sodes casi uns expertos!

1. Ficha de cálculo.

2. Matemáticas: libro páxina 101, ex. 6, 7, 8, 9, 10

3. Ciencias sociais: as partes dun río


4. No "libro da auga" na carilla oposta ao poema "O Río", debuxar o curso dun río e apuntar nel donde se atopan : curso alto, curso medio, curso baixo, nacemento, val, meandros e desembocadura. O debuxo pódese parecer a esto:



Se queredes, podedes ver este vídeo no que explican como se forman os meandros. Pareciume interesante!


5. Repasamos os ríos de España con este xogo online.

6. Lengua castellana: buscar información sobre un río (cada un o que lle tocou e que aparece na programación enviada aos vosos pais) e cubrir a seguinte táboa. (Mandádeme fotito...)




5. Quédanvos ganas para resolver unha enigma?

Pois aí vos vai outra de fósforos (ou palillos) sen deixar de lado o noso tema da auga 😉. 
Temos un peixe que nada cara a esquerda. Con só dous movementos, tendes que facer que o mesmo peixe nade cara a dereita... Podedes facelo con palillos para ir probando!





luns, 27 de abril de 2020

Traballo para o martes 28 de abril

Ola !!!!!!

Ao longo destes días, recibín varios traballos vosos de plástica:






Moi ben Dani, Pablo, Noemi, Eze e Jorge!!!! Son moi bonitos!

Primeiro, vamos a correxir o esquema do ciclo da auga de onte:


Ao ver o traballo que algúns de vós me enviaron, dinme conta de que non víramos a transpiración. Todos os seres vivos transpiramos e así aportamos vapor de auga á atmosfera. O aporte dun individuo é insignificante, pero o aporte de todas as plantas e animais dun bosque ou dunha selva pode cambiar un clima enteiro!

No experimento de onte, no que había que fixarse era en que ten lugar o ciclo da auga na botella. 
A auga, que está quente, evapórase. Ese vapor quente sube e atópase coa parte superior da botella que está moi fría gracias ao xeo. O vapor de auga arrefríase e condénsase. Fórmanse gotas na "tapa" da botella que van caendo de novo á auga. Estas serían as precipitacións.

E hoxe, seguimos coa auga e vamos a traballar os seus cambios de estado.

1. Ficha de cálculo

2. Comezar co experimento:


Como ten que estar varias horas no conxelador, facemos ata o paso 4 e cubrimos a ficha do experimento, os apartados de hipótese, material e pasos. Dentro dunhas horas, se está a auga conxelada, poderemos facer a parte de observación e conclusión.
Ficha do experimento (a mesma para todos os experimentos):




3. Ler no libro de ciencias da Natureza as páxinas 62-63 que falan dos cambios de estado.

4. Ver o vídeo seguinte:


5. Cubrimos a ficha do "libro da auga" páx. 2 (Os estados da auga) Poñemos os nomes dos estados, os nomes dos cambios de estado nas flechas, e completamos a parte de abaixo (quizais teñades que investigar algo máis para acabar de completar).

6. Na carilla oposta (detrás do ciclo da auga) escribimos a seguinte pregunta: En donde atopamos auga nestes estados no planeta Terra? 
Facemos tres columnas con regla, na parte superior poñemos os tres estados, e completamos. Así:




7. Matemáticas: Comezamos coas medidas de capacidade. Primeiro, miramos este vídeo, despois, facemos os exercicios do libro de matemáticas páx. 100 ex 1, 2, 4. Se tendes algunha pregunta, non dubidedes en facela.




E esto é todo para hoxe. Que tal o levades? 
Que pasedes unha boa tarde!!!

domingo, 26 de abril de 2020

Traballo para o luns 27 de abril

Bo día a todos!!!

Comezamos unha semana máis curta pero moi intensa! Espero que estedes máis en forma que esta mascota:



Salistes onte a pasear? Que fixestes?

Esta semana vamos a traballar sobre a auga: o ciclo da auga, os estados, medir a capacidade, etc.
O primeiro que tendes que facer, e ter impresas e grapadas as seguintes follas que vamos a chamar o "libro da auga". Irémolo completando ao longo da semana co que vaiamos traballando e tamén co que vos apetezca engadir se queredes profundizar no tema!



Ao longo da semana, vamos a facer algún experimento. Para cada experimento, tendes un esquema que o explique, e tendes que cubrir unha ficha (sempre a mesma) que podedes cubrir na libreta, sen imprimir.
Cada vez que haxa que explicar algo novo, farei un pequeno vídeo intentando explicalo. Estades preparados? Comezamos!!!!





Primeiro, repasaremos en ciencias sociais a hidrosfera e o ciclo da auga. Para eso:

1. Lectura da páxina 26 do libro de ciencias sociais.

2. Ver o vídeo seguinte.




3. Completa a páxina 1 do "libro da auga" co nome das etapas do ciclo da auga.

4. Experimento "O ciclo da auga". Miramos os pasos e completamos a "hipótese" na ficha do experimento. Levamos a cabo o experimento e rematamos a ficha. (Mandádeme foto da ficha.)






5. Lingua galega: explicamos o proceso do ciclo da auga seguindo as etapas explicadas na ficha, como fixemos a semana pasada co desenvolvemento dunha planta. (Mandádeme foto, ok?) Unha vez que esté correxido, poderedes copialo no libro da auga, na carilla oposta ao ciclo da auga. Esto último non ten porque ser hoxe, vale?




Ata mañá!!!


xoves, 23 de abril de 2020

Traballo para o venres 24 de abril

Olaaaaa!!!!

Hoxe é venres e xa vai unha semana máis, ánimo!!


Coñecedes a todos os artistas destas viñetas? Déixovos investigar e comentar.

Estes días recibín máis novas vosas:
Jorge e Ainhoa mandáronme o seu debuxo, ollade que alegres e bonitos!




E Eze púxose mans á obra cunha variante do bolo. Que pinta ten!!!! Estame entrando fame...



E agora coma sempre, comezamos correxindo o traballo de onte: 

Ficha de lingua


- Este Nerón é un mediocre. Seguro que chega sempre o último a todas as probas.
- Si, pero non podemos esquecer que é moi perigoso. Se declaramos gañadores aos verdadeiros vencedores, sen dúbida que nos fará matar.
- Temos que ser intelixentes.  Soamente así o poderemos manexar como queremos. 
- Si, temos que declaralo gañador de todas as probas en que participe. 
- Pero -dixeron os anciáns- os gregos nunca nos comportamos desta maneira. Isto será un desprestixio do mundo grego!
- Daquela falaremos con todos os participantes e explicarémoslles o problema. Saberano entender e darannos a razón.


A noite africana

Cando se puxo o //, o ceo / vermello. As poucas nubes
que flotaban // horizonte parecían anacos / algodón
comestible // sabor a amorodo.
O primeiro // chamou a atención de Sofía foi que / África
a noite // chea de ruídos. Na / cidade europea, cando a xente
se deitaba, pasaba algunha // escandalosa / un autobús nocturno, 
pero só de / en cando. Logo quedaba // absoluto silencio.
Pero // todos os animais parecían estar espertos. / as
estrelas / ceo acolledor, podíase excoitar // facilmente o
ouveo // chacal, a risa / hiena, a leria nocturna dalgúns
papagaios // o ruxido da leoa. Os antílopes e / gacelas descansaban,
sempre / espreita, preparando a súa fuxida en caso de // atacados.
/ algúns monos, // os humanos, parecían durmir apraciblemente.


Ficha de matemáticas


2 m = 200 cm                                      200 cm = 2 m
3 m= 300 cm                                       400 cm = 4 m
6 m = 600 cm                                      500 cm = 5 m
9 m = 900 cm                                      800 cm = 8 m




La altura de un árbol: metro
El largo de un tren: metro
El ancho de un libro: centímetro
La altura de una casa: metro
El ancho de un frigorífico: centímetro 

Problema de las baldosas: 
Largo: 12 x 4 = 48cm
Ancho: 12 x 3 = 36cm

De largo mide menos de medio metro. (Medio metro = 100 : 2 = 50 cm /// 48cm < 50cm) 

Problema de la torre:
1m = 100cm
Susana: 100-30 = 70cm
Su hermano: 100-24 = 76cm
A la torre de Susana le faltan 70cm y a la de su hermano 76cm para medir 1 metro.

Problema de la feria:
un vagón: 2m y 25 cm  SON: 200cm + 25cm = 225 cm
son 5 vagones: 225 x 5 = 1.125cm
Todos los vagones miden en total 1.125 cm de largo.

E agora, para hoxe...


1. Ficha de cálculo

2. Lengua castellana: el género y el número, ficha




3. Matemáticas: rematar as fichas que colguei onte. Faltan as dúas últimas carillas. Temén vos recomendo que probedes a seguinte aplicación para practicar tanto as tablas como o cálculo mental. É moi divertida! Chámase "Toon Math". Nos parámetros, podedes seleccionar o tipo de cálculo e o nivel que queredes traballar. Non vaiades ao máis fácil e metede tablas!

4. Plástica.

O mércores foi o Día da Terra. Para celebralo, propóñovos un pequeno traballo. O domingo, xa que podedes saír pasear, se fai algo de vento, veredes como xira!



Necesitaredes imprimir a ficha que vén a continuación (ou debuxala vós mesmos), pegamento, un cordón ou trozo de la e unhas contas, pedriñas ou o que queirades para facer peso abaixo e decorar.




Nesta páxina, tendes un vídeo cos pasos que hai que seguir.

Ademáis de colorear, gustaríame que escribírades os nomes dos continentes e océanos que aparecen en cada parte, aproveitando que os repasamos esta semana.

Espero que pasedes un bo fin de semana!

P.D. Estade tamén atentos ao blog da biblioteca. Alí sairán os nenos que se animaron a contar os seus contos ou recomendar os seus libros.
Por certo, sabedes que é esto de P.D.???? Creo que é necesaria unha pequena investigación... xa me contaredes nos comentarios 😉




mércores, 22 de abril de 2020

Traballo para o xoves 23 de abril

Bo día!!!

Hoxe é 23 de abril. É o día do libro!!!!



Despois quería proporvos unha pequena actividade especial para este día, pero para empezar...

Primeiro, correximos a pregunta de Ciencias Sociais

Que dous tipos de auga atopamos no noso planeta e en que lugares?
No noso planeta atopamos auga doce e auga salgada.
A auga salgada atópase en mares e océanos.
A auga doce atópase nos continentes: en ríos, regatos e lagos; na neve das cimas das montañas e nos polos e nas augas subterráneas.

E agora, a traballar!!!


1. Ficha de cálculo

2. Lingua galega: exercicios de comprensión




3. Matemáticas. Repasamos las medidas de longitud (dos primeras carillas)


4. Especial Día do Libro.

Quería que me mandárades un pequeno vídeo, uns segundos é suficiente no que contestedes á pregunta de arriba: ¿E ti, para que les?
O que tendes que dicir é o seguinte:
-"Eu leo ... (poñede a vosa razón) E ti, para que les?"
Tampoco é necesario que saiades no vídeo se non queredes. Aí vai un exemplo (nós enganámonos e dixemos "e ti por que" en lugar de "para que"):

Exemplo:


martes, 21 de abril de 2020

Traballo para o mércores 22 de abril

Ola, ola!!!!
Como andamos?

Non fagades como Gaturro e deixade oco para o traballo de aula tamén!

Correccións do traballo de onte:

Fichas de lingua galega


1.
substantivos masculinos: o médico, o rapaz
substantivos femininos: a radiografía, a avoa

2. o pan (m).  a serpe (f).  o camión (m)
a praia (f).     o can (m).  o ananás (m)

3. A mestra e o mestre
O arquitecto e a arquitecta
O pintor e a pintora
a bombeira e o bombeiro
o ministro e a ministra
a carteira e o carteiro

4.
O gato quería alcanzar os chourizos.
O xuíz é de Allariz.
A elefanta do zoo é africana.
O panadeiro regaloume un bolo boísimo.

5. xenro-nora
pai-nai
avó-avoa
boi-vaca
cabalo-egua
home-muller

1.
noces, culleres, melón, setas
avestruz, coches, mazás, cama

2. Había que arrodear melón, avestruz e cama.

3.
Engadindo -s:   melóns, camas
Engadindo -es: avestruces

4.
Pásasme os rotuladores?
Colle estes cadernos.
Ai, perdín as carteiras!

5.
cataventos
lapis
atlas
paraugas

6.
luns
martes xoves
mércores
venres
sábados domingos


Matemáticas


1. 554-545-544-455-454-445

2. (Cada vez había que sumar uno más, primero se sumaba uno, luego dos, luego 3, luego 4...)
29- 37- 46-56-67-79

3. 30

(4. MCDLXXXVII)

5. duodécimo (Decimosegundo es correcto también si se escribe junto.)

6.      87.732

7. 20-23-30.    440-444-450.    270-275-280

8. 15 45 84

9. mayor: 987.  menor: 123


Ficha de puntos(realizada por Eze):





E agora, o traballo para hoxe:


1. Ficha de cálculo

2. Lengua castellana

Vamos a hacer un dictado. Preparad la libreta, como siempre dejando un renglón, poniendo la fecha completa y escribiendo "Dictado".
Ahora, solo os queda poner el vídeo, escuchar bien y seguir las instrucciones. ¿Qué tal?





3. Sociais

Repasamos a hidrosfera co seguinte vídeo e contestamos na libreta:
Que dous tipos de auga atopamos no noso planeta e en que lugares?



Agora toca repasar océanos e continentes. Hai que sabelos moi ben así que, se ves que non os recordas, hai que volver a estudialos! Tanto para repasar como para estudar, propóñoche este mapa interactivo. Fíxate, na parte superior póñenche o nome do océano ou continente que tes que atopar. Hai que acertalos todos, faino as veces que necesites!


4. Enigma.

Cal é o número da plaza que ocupa o coche amarelo?


luns, 20 de abril de 2020

Traballo para o martes 21 de abril

Bo día!
Como vamos hoxe?


A partir do domingo ides poder "contaxiarvos" dese mesmo sol polo menos media hora, así que ánimo! Xa falta menos para que poidamos saír de verdade!!!

Onte, recibín máis debuxos de Van Gogh vosos. Que bonitos Noemy, Gael e Carla!





Comezamos correxindo a ficha de lengua castellana:


1. El dibujo correcto es el tercero.
Se trata de la lista de platos que se sirven en un local, en este caso, de la lista de los diferentes chocolates que se pueden pedir.

2. Pertenece a una chocolatería o a una cafetería. Lo sé por su nombre, por la variedad de chocolates que ofrece y porque no hay otro tipo de productos como platos en la carta.

3. Chocolate con Leche, Chocolate Negro, Chocolate Blanco

4.
Se sirven nueve chocolates diferentes.
Las variedades de chocolate más baratas son Chocochoc Clásico, Chocochoc amargo y Chocochoc nieve.
Las tazas de chocolate más caras cuestan 4€  y las más baratas cuestan 2,50€.

5. Si pides un Chocochoc Especial tomas los tres tipos de chocolate: un Chocochoc con leche, un Chocochoc negro y un Chocochoc blanco.

Sociais


a) A atmosfera é a capa de aire que envolve a Terra.
b) A atmosfera é un abrigo porque mantén a temperatura constante na Terra, e é un escudo porque nos protexe dos raios solares nocivos.

Enigma

Como moitos sinalastes, a resposta é 3: un coello e dous monos.
O coello camiña cara o río, pero os elefantes non. Os monos camiñan cara o río, pero os loros non camiñan porque van nas mans dos loros.
Hai dous monos porque se cada elefante viu dous monos, suponse que viron todos os mesmos.

E agora, o traballo de hoxe:


1. Ficha de cálculo

2. Lingua galega: o xénero e o número dun substantivo.

Recordamos que o xénero dun substantivo pode ser masculino (pode levar "o" ou "os" diante, como o can ou os libros) ou feminino (pode levar "a" ou "as" diante como a casa, as lebres).
O número dun substantivo pode ser singular (un só) ou plural (varios).

Así a palabra "libros" é masculina plural, e "televisión" é feminino singular.

Facemos a ficha que vén a continuación:




3. Matemáticas: facemos o test de numeración que vén a continuación (menos a pregunta 4 que aínda non vimos), e o debuxo de unir, fixándonos ben nas instrucións.




4. Educación Física
A profe Marta mándavos este xogo de mesa para que vos animedes a facer algún exercicio:




5. Múscia
Cholo e Nela teñen nova canción, a bailar e a disfrutar!! Que vos parece?




domingo, 19 de abril de 2020

Bo día!!!

Hoxe é luns e comezamos unha nova semana.

Varios me mandastes as imaxes dos vosos debuxos de Van Gogh e son moi bonitos, noraboa!
Uns optastes polo cadro da habitación en París como Saray, Dani, Eze ou Pablo.




E outros, como Martiño e Ainara, preferistes pintar o autorretrato.







E ata tivemos algún valiente que se animou coa bola de Pascua e saiu moi ben. Ollade que pinta:






Nótase que aproveitastes moi ben o fin de semana, pero como ben dicía, hoxe é luns e temos que comezar coas cousas serias...

 1. Ficha de cálculo

 2. Xogo de cálculo online neste enlace. Cantos acertos e fallos conseguistes no tempo fixado?

 3. Lengua castellana. Ficha de comprensión lectora.

 

4. Sociais. Repasamos a atmosfera co seguinte vídeo e contestamos a estas preguntas na libreta:

a) Que é a atmosfera?

b) Por que dicimos que a atmosfera é un abrigo e un escudo?


5. Enigma.



xoves, 16 de abril de 2020

Traballo para o venres 17 de abril

Bo día!!

Hoxe é venres, xa pasou unha semana máis e queda unha menos, ánimo!!!

Comezamos o día de hoxe correxindo o traballo de onte:

Lingua Galega páx. 136


1.
Neste orde: 3, 1, 2, 4

2.
1. A semente cae e vaise soterrando pouco e pouco.
2. A semente rompe e dela saen unha raíz e un talo pequeniños.
3. O talo medra cara arriba e sae á superficie.
4. O talo fortalécese e nácenlle pólas e follas.

3. Unha posible resposta sería por exemplo:
A planta da última imaxe converteráse unha árbore. Iso tardará anos en suceder.

Sociais




E para hoxe:


1. Ficha do caderniño

2. Lengua castellana: repasamos los sustantivos comunes y propios con este vídeo y hacemos la ficha que viene a continuación.






3. Galego: ficha de comprensión lectora sobre o texto teatral




4. Plástica.

No segundo trimestre, non poidemos ir de excursión... Que vos parece ir a París? Non podemos ir físicamente, pero a páxina web do museo d'Orsay, un dos máis importantes da cidade,  permítenos facer unha visita virtual moi real. Neste enlace, chegaredes a el. Para desplazarvos, pinchade nas flechas que aparecen no chan e arrastrade co rato pulsado para mirar en distintas direccións.

O museo d'Orsay alberga moitos cadros famosos, varios deles do pintor Van Gogh (na visita virtual, é na segunda sala, podédela seleccionar abaixo, como se indica na imaxe). 



Seguro que esas pinturas e o seu nome vos sonan! Propóñovos que investiguedes algo sobre el. A información que atopedes, podedes resumila nos comentarios. A continuación, póñovos imaxes sen pintar de dous dos seus cadros máis famosos: un autorretrato e a pintura da súa habitación en París, ambos están no Museo d'Orsay. Podedes escoller unha, imprimila e pintala á vosa maneira. Como sempre, podedes mandarme o resultado para que o expoña neste blog!







5. Esta actividade que segue vén proposta polo departamento de orientación e gustaríame que a tiverades en conta. Trátase de facer un vídeo contando un conto ou falando dun libro que vos gustara e que queredes recomendar. Non é necesario que saiades vós, podedes mostrar o libro e falar ou podedes usar un obxecto como fixemos no vídeo "eu quedo na casa". O formato é libre, só hai que seguir os pasos indicados no vídeo para o guion. Espero que vos animedes a participar! Tendes toda a semana.


mércores, 15 de abril de 2020

Traballo para o xoves 16 de abril

Bo día!!!!!

Como andamos hoxe?



Cargade o "modo superheroe / superheroína" que comenzamos!!!


Coma sempre, primeiro correximos:

Ficha de comprensión lectora de lengua:


1.
El Sol, el Frío y el Viento dieron un paseo.
El Sol y el Frío se enfadaron.
El campesino trabajaba en el campo.

2.
El viento le preguntó al campesino que quién pensaba que era más fuerte para que los tres dejaran de discutir.

3.
2-3-1
1. El Frío y el Sol se ofendieron con las palabras del campesino.
2. El Frío visitó al campesino en su casa y el campesino sintió mucho frío.
3. El Sol visitó al campesino mientras trabajaba sus tierras y el campesino casi se desmayó.

4.
En la casa del campesino, el Viento soltó una brisa templada y el hombre se sintió mejor.
En las tierras del campesino, el Viento lanzó una corriente de aire fresco y el hombre recuperó sus fuerzas.

5. El Viento no se ofendió por las palabras del campesino sino que lo protegió ante las agresiones del Sol y del Frío.


Ficha de matemáticas:


1.
a) 29 de julio de 2015
b) 28 de enero de 2017
c) 15 de diciembre de 2020
d) 12 de octubre de 2016

2.
a) viernes
b) 1 de julio

3.
                                     10 a.m. = 10:00 h
nueve de la mañana
                                     5 a.m. = 5:00 h
cinco de la tarde
                                     9 p.m. = 21:00 h
                                     4 p.m. = 16:00 h

4.
a) 3 minutos (60x3=180)
b) 30 minutos (15+15)
c) 5 minutos (60x5=300)
d) 90 minutos (60+30)

5.  Son las 8 y cuarto.                        Es la una menos 25.

6.
A = 2€ 50cent.                   B= 2€ 25cent.
Hay más dinero en el A.

7.
a) 0,06 €
b) 8,30 €
c) 0,19 €
d) 4, 03 €

8.
manzanas: 3x 1€ 25 cent = 3€ 75cent.
peras: 1kg = 1€ 80cent
3,75 + 1,80 = 5€ 55cent.
La compra le ha costado 5€ 55cent, o   5,55€.

Solución á enigma

Eran 40! Demostración:


E vamos co traballo de hoxe:


1. Ficha de cálculo.

2. Lingua galega, páxina 136 ex. 1, 2, 3, 4 No exercicio 4, seguide ben os tres pasos que se indican. Unha vez que teñades o exercicio feito e repasado, mandádemo para que volo poida correxir.

3. Ciencias sociais: Repasamos as fases da lúa con este vídeo e facemos a ficha que vén a continuación. 
Nela tendes que recortar as lúas da parte de abaixo e pegalas donde corresponda. Fixádevos ben donde se atopa o sol e pensade que é o debuxo da lúa que vedes denda a Terra! Finalmente, hai que escribir debaixo de cada lúa a que fase corresponde.






Despois disto, propóñovos que vexades o mesmo vídeo, pero en inglés. Difícil ou fácil?




4. Hoxe, na mesma temática que o texto de galego, quero que vexades estes vídeos. Esta forma de grabar chámanse "time lapse" e son vídeos nos que se poden ver en minutos procesos que duran días. No primeiro, vemos como nace unha faba e no segundo, podemos ver as fases de desenvolvemento das flores que chamamos "dente de león". Ao mellor levades algunha sorpresa! Verdade que é pura beleza?






martes, 14 de abril de 2020

Traballo para o mércores 15 de abril

Olaaaaa!!

Hoxe comezamos cunha frase parecida ao que vos digo sempre, e que quero que non esquezades!



Ánimo!!! Vamos coas correccións do traballo que fixestes onte:


Lingua Galega, páx. 134-135


1.
1. A definición e as utilidades dos xardíns botánicos.
2. As orixes dos xardíns botánicos.
3. As datas en que se fundaron os primeiros xardíns botánicos.
4. As zonas en que se distribúen as diversas plantas.

2.
- Que dúas funcións teñen os xardíns botánicos?
Axudar a conservar árbores e plantas, e facilitar que ciencias como a botánica, a farmacia, a medicina ou a ecoloxía as estuden e saquen proveito delas.
- Que tipo de plantas se cultivaban na época romana?
Cultivábanse platas medicinais
- Que plantas se cultivaba nas hortas e nos xardíns hispanomusulmáns?
Cultivábanse plantas medicinais, aromáticas e ornamentais, árbores froiteiras, etc.
- Cando apareceron os primeiros xardíns botánicos, tal e como os coñecemos hoxe? Quen os impulsou? Con que finalidade?
Os primeiros xardíns botánicos apareceron no século XVI. Impulsáronnos as universidades, coa finalidade de que os estudantes puidesen observar, identificar e estudar en directo as propiedades das plantas.

3.
As plantas ornamentais utilízanse como adorno.
As plantas medicinais serven para aliviar doenzas.
As plantas aromáticas utilízanse para facer perfumes e para cociñar.

4.
O loto atoparíase nun estanque ou nunha balsa, porque é unha planta acuática.
A orquídea atoparíase nun invernadoiro, porque necesita calor e humidade, unhas condicións que ao aire libre non se poden controlar.

5.
1545 - Fundación do Xardín Botánico de Padua (Italia).
1567 - Fundación do Xardín Botánico de Valencia (España).
1568 - Fundación do Xardín Botánico de Boloña (Italia).
1590 - Fundación do Xardín Botánico de Leiden (Holanda).
1593 - Fundación do Xardín Botánico de Montpellier (Francia).


Matemáticas, Ficha


1.
12 :4=3
Solución: Ponemos 3 lápices en cada bote.

2. Dividendo.                                       Divisor
      Resto                                                Cociente

3.
22-5=17
17-5=12
12-5=7
7-5=2
Habrá 4 canicas en cada recipiente y sobran 2.

4. 
a) 42          7        6          0          sí
b) 76          8        9         4          no


Moi ben, temos rematado de correxir! 💪💪💪

Agora, o traballo de hoxe:


1. Ficha de cálculo.

2. Lengua castellana: ficha de comprensión lectora




3. Matemáticas: ficha de repaso de horas y dinero, y este juego online. Hay que hacer los cuatro apartados. Acabaréis enseguida, sobretodo los dos primeros que son muy muy muy fáciles.




4. Enigma. Trátase de contar cantos cadrados hai nesta imaxe. Ollo! Hai máis dos que parece...