stars

domingo, 26 de abril de 2020

Traballo para o luns 27 de abril

Bo día a todos!!!

Comezamos unha semana máis curta pero moi intensa! Espero que estedes máis en forma que esta mascota:



Salistes onte a pasear? Que fixestes?

Esta semana vamos a traballar sobre a auga: o ciclo da auga, os estados, medir a capacidade, etc.
O primeiro que tendes que facer, e ter impresas e grapadas as seguintes follas que vamos a chamar o "libro da auga". Irémolo completando ao longo da semana co que vaiamos traballando e tamén co que vos apetezca engadir se queredes profundizar no tema!



Ao longo da semana, vamos a facer algún experimento. Para cada experimento, tendes un esquema que o explique, e tendes que cubrir unha ficha (sempre a mesma) que podedes cubrir na libreta, sen imprimir.
Cada vez que haxa que explicar algo novo, farei un pequeno vídeo intentando explicalo. Estades preparados? Comezamos!!!!





Primeiro, repasaremos en ciencias sociais a hidrosfera e o ciclo da auga. Para eso:

1. Lectura da páxina 26 do libro de ciencias sociais.

2. Ver o vídeo seguinte.




3. Completa a páxina 1 do "libro da auga" co nome das etapas do ciclo da auga.

4. Experimento "O ciclo da auga". Miramos os pasos e completamos a "hipótese" na ficha do experimento. Levamos a cabo o experimento e rematamos a ficha. (Mandádeme foto da ficha.)






5. Lingua galega: explicamos o proceso do ciclo da auga seguindo as etapas explicadas na ficha, como fixemos a semana pasada co desenvolvemento dunha planta. (Mandádeme foto, ok?) Unha vez que esté correxido, poderedes copialo no libro da auga, na carilla oposta ao ciclo da auga. Esto último non ten porque ser hoxe, vale?




Ata mañá!!!


1 comentario:

  1. Bos días. Si salin onte a pasear un pouco coa bicicleta xunto con meu pai, pasamolo pipa xa tiña gana de collela. Carla

    ResponderEliminar