Como estamos hoxe?
Primeiro vamos a correxir algo do traballo de onte:
No noso libro da auga, a parte dos estados da auga debería quedar así:
E na páxina superior, deberíades ter algo parecido:
Experimento
No apartado de observacións tíñades que poñer que o nivel do xeo está máis alto que o nivel ao que estaba a auga antes de conxelar. En conclusións, había que poñer que o xeo, ou auga en estado sólido, ocupa máis espacio que a auga en estado líquido.
Matemáticas, páx. 100
1.a) 3 l = 300 cl
b) 2 l = 200 cl
c) 7 l = 700 cl
d) 4 hl = 400 l
e) 5 hl = 500 l
f) 9 hl = 900 l
2.
Lata = 33 cl zume = 40 cl. suavizante = 200 cl. leiteira = 5000 cl laranxa = 100cl. refresco 60 cl
medio hectolitro > 2l > 1l > 60cl > 40cl > 33cl
4.
a) 300 + 8 = 308 cl
b) 400 + 7 = 407 cl
c) 500 + 40 = 540 cl
d) 100 + 87 = 187 cl
Seguimos co tema da auga? Xa sodes casi uns expertos!
1. Ficha de cálculo.2. Matemáticas: libro páxina 101, ex. 6, 7, 8, 9, 10
3. Ciencias sociais: as partes dun río
4. No "libro da auga" na carilla oposta ao poema "O Río", debuxar o curso dun río e apuntar nel donde se atopan : curso alto, curso medio, curso baixo, nacemento, val, meandros e desembocadura. O debuxo pódese parecer a esto:
Se queredes, podedes ver este vídeo no que explican como se forman os meandros. Pareciume interesante!
5. Repasamos os ríos de España con este xogo online.
6. Lengua castellana: buscar información sobre un río (cada un o que lle tocou e que aparece na programación enviada aos vosos pais) e cubrir a seguinte táboa. (Mandádeme fotito...)
5. Quédanvos ganas para resolver unha enigma?
Pois aí vos vai outra de fósforos (ou palillos) sen deixar de lado o noso tema da auga 😉.
Temos un peixe que nada cara a esquerda. Con só dous movementos, tendes que facer que o mesmo peixe nade cara a dereita... Podedes facelo con palillos para ir probando!
OLA son Martiño
ResponderEliminarTes que lle dar a bolta
moi bbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbbb
Eliminar