stars

sábado, 3 de novembro de 2018

Samaín e Magosto

Cada vez nos gusta máis o Samaín!!! Tanto nenos como maiores disfrutamos moito desta festa, e este ano por encima, xuntámolo coas castañas do Magosto así que que máis se pode pedir?

A principios de semana, os nosos compañeiros de secundaria contáronnos contos de medo na biblioteca do instituto.


Coma sempre, tanto os nenos como as familias amosastes moita maña e creatividade á hora de decorar cabazas e vasoiras. Ademáis daba gusto ver a todos os nenos con disfraces espeluznantes. Abofé que temos unha clase ben festeira e animada. Noraboa!




O mércores, rematamos a festa con conxuros para que predominen os valores, con castañas o con foliada. As pandereteiras e a regueifeira Lupe Blanco amenizaron a festa. A elas tamén se uniron  o noso profesor de música Miguel coa súa gaita e Carlos, o noso director, co bombo. A nós, tocounos aplaudir, bailar e pasalo ben.



Cogomelos...

Seguro que xa vos contaron os nenos que estabamos facendo algo sobre cogomelos... 
Este ano, o tema de Voz Natura son os montes galegos e ocorriusenos profundizar algo sobre os cogomelos. Os rapaces apuntáronse con moito entusiasmo e moitos xa nos trouxeron o que foron atopando nos seus paseos. Esperamos poder facer algún traballo sobre o tema e preparar unha exposición así que seguimos interesados no que poidades aportar sobre o tema.

Para comenzar, tivemos a sorte de contar cunha charla e demostración da "profe" Luisa que entende moito de micoloxía. Tróuxonos algún cogomelo e explicounos como había que recollelos e cales eran os instrumentos necesarios para facelo. Xa vedes nas caras dos nenos que estaban absortos e en ocasións, moi sorprendidos.




Xogo de pistas na biblioteca

A semana pasada, tamén fixemos o xogo de pistas na biblioteca.
O xogo comenza facendo equipos de parellas ou de tres. Cada equipo recibe unha pista que lle permitirá atopar un libro determinado na biblioteca. Ese libro conterá non seu interior outra pista que levará a outro libro, ata chegar ao libro que conteña a felicitación por rematar o xogo.
O obxectivo desta actividade é aprender a orientarse nunha biblioteca familiarizándose coa clasificación decimal universal. Ademais, resulta moi divertido!



Velaquí os felices ganadores desta edición:


Día da biblioteca

O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. E como por sorte ese día non choveu, podemos ler no patio ao soliño todos xuntos. Que envexa dan!