stars

luns, 30 de xaneiro de 2017

Contacontos para a Paz

A semana pasada, estivemos preparando o Día da Paz. Cada curso preparou un conto relacionado con esta temática e contoullo a compañeiros doutras clases. A nós tocounos contarlle aos nenos de primeiro e segundo "La ovejita que vino a cenar".
A continuación, podedes ver o noso ensaio xeral. Con público, saínos aínda mellor!





domingo, 15 de xaneiro de 2017

Exploramos os sentido

No tema de Ciencias da Natureza que estamos vendo, falamos da función de relación. Esta función, levámola a cabo grazas aos órganos dos nosos sentidos, por iso cómpre saber algo máis sobre eles. Algúns exercicios que resolvemos resultaron moi instructivos e divertidos!






Ademáis, como esta semana foi algo especial, queríavos dar as gracias a todos polas vosas atencións. É máis levadeiro cumprir anos con tales mostras de cariño!