stars

xoves, 2 de abril de 2020

Traballo para o venres 3 de abril

Hoxe é o último día antes das vacacións de Semana Santa. Ánimo, deixareivos descansar! Pero hai que seguir con esto:



Como xa é costume, primeiro, correximos:

Lengua castellana, pág.145

1. Por ejemplo: podar, brotar, abono, silvestre, flor, hoja, etc.

2. mar, marinero, submarino

3. Por ejemplo: 
flor: floristería, florero, florecer, floreado, ...
mentira: mentiroso, mentir, mentirijilla, desmentir

6. sombrero, campana

7. 
campo, cantimplora, triunfo
envío, bombón, lámpara

9. 
director trisílaba
columna trisílaba
sal monosílaba
diente bisílaba
digo trisílaba
portal bisílaba

Enigma

A enigma está solucionada nos comentarios de onte. Noraboa aos que o conseguistes!

Unhas pequenas ras máis...

Moi ben Saray e Ainhoa!



Hoxe rematamos pronto de correxir! E agora, o que toca:

1. Ficha do caderniño de cálculo.

2. Lingua galega, páx. 129, "Ponte a proba"

3. Matemáticas, facer ficha que vén a continuación e facer o xogo de cálculo neste enlace.

Chámase "Sumón" e para conseguir puntos hai que emparellar os números que sumen o número grande que tendes na parte superior dereita da pantalla. Cantos máis bloques usedes e canto máis separados estén, máis puntos gañades. Seguro que vos gusta, é moi entretido! Contádeme nos comentarios a vosa puntuación, aquí na casa tamén practicaremos todos...





4. Ciencias da natureza: facemos este xogo online sobre os mamíferos. Que tal vos foi? Gustouvos?

5. Plástica.

Como estamos coa Pascua, propóñovos este pequeno coelliño que é moi faciliño de facer. Solo necesitades un rollo de papel hixiénico, papel ou cartolina, unhas tesoiras e cores ou pinturas.



Primeiro, hai que recortar o rollo de papel do tamaño axeitado, solo lle quitaremos uns 2cm no ancho aínda que tamén o podedes deixar como está se o preferides. Xa o podedes decorar con pinturas ou ceras, ou incluso forralo con papel de cor.

A continuación, debuxade e recortade as orellas,  a parte interior das orellas e as patas. Podedes coller estas formas de aquí ou debuxalas vós mesmos.



Se usastes papel ou cartolina de cor, o traballo xa está feito, e senón, hai que pintar antes de pegar.

Pegade as orellas e as patas.

Finalmente, recortamos catro círculos nun folio branco (dous para os ollos e dous para o fociño), un rectángulo para os dentes e un triángulo que pintamos de negro para o naris. Pegádeos donde corresponda.

Xa só nos quedan os últimos detalles: os bigotes, as pestanas, o iris e o que se vos ocurra e vos apeteza! Mandádeme foto se queredes que vexamos o voso traballo!😉 Colgareinos aínda que sexan vacacións.



De deberes para as vacacións, só vos pido que leades a diario polo menos 15 minutos. Se vos apetece máis, perfecto, pero se non é así, poñede o cronómetro e non fagades trampa! 15 minutos é o mínimo.

So me queda desexarvos unhas felices vacacións. Espero vervos moi pronto. Un abrazo moi forte e pasádeo moi ben!



3 comentarios:

  1. Ola María!!!, o xogo de ciencias é moi divertido!!! O nivel 3 costoume ganarlle!!!

    ResponderEliminar
  2. Yo me pase el juego de matematicas por poco. Estoy un poco nervioso porque dentro de 4 dias es mi cumpleaños. Haber cuando llegan las figuras y la nerf...

    ResponderEliminar
  3. voy a probar el juego de ciencias

    ResponderEliminar