stars

luns, 27 de abril de 2020

Traballo para o martes 28 de abril

Ola !!!!!!

Ao longo destes días, recibín varios traballos vosos de plástica:






Moi ben Dani, Pablo, Noemi, Eze e Jorge!!!! Son moi bonitos!

Primeiro, vamos a correxir o esquema do ciclo da auga de onte:


Ao ver o traballo que algúns de vós me enviaron, dinme conta de que non víramos a transpiración. Todos os seres vivos transpiramos e así aportamos vapor de auga á atmosfera. O aporte dun individuo é insignificante, pero o aporte de todas as plantas e animais dun bosque ou dunha selva pode cambiar un clima enteiro!

No experimento de onte, no que había que fixarse era en que ten lugar o ciclo da auga na botella. 
A auga, que está quente, evapórase. Ese vapor quente sube e atópase coa parte superior da botella que está moi fría gracias ao xeo. O vapor de auga arrefríase e condénsase. Fórmanse gotas na "tapa" da botella que van caendo de novo á auga. Estas serían as precipitacións.

E hoxe, seguimos coa auga e vamos a traballar os seus cambios de estado.

1. Ficha de cálculo

2. Comezar co experimento:


Como ten que estar varias horas no conxelador, facemos ata o paso 4 e cubrimos a ficha do experimento, os apartados de hipótese, material e pasos. Dentro dunhas horas, se está a auga conxelada, poderemos facer a parte de observación e conclusión.
Ficha do experimento (a mesma para todos os experimentos):




3. Ler no libro de ciencias da Natureza as páxinas 62-63 que falan dos cambios de estado.

4. Ver o vídeo seguinte:


5. Cubrimos a ficha do "libro da auga" páx. 2 (Os estados da auga) Poñemos os nomes dos estados, os nomes dos cambios de estado nas flechas, e completamos a parte de abaixo (quizais teñades que investigar algo máis para acabar de completar).

6. Na carilla oposta (detrás do ciclo da auga) escribimos a seguinte pregunta: En donde atopamos auga nestes estados no planeta Terra? 
Facemos tres columnas con regla, na parte superior poñemos os tres estados, e completamos. Así:




7. Matemáticas: Comezamos coas medidas de capacidade. Primeiro, miramos este vídeo, despois, facemos os exercicios do libro de matemáticas páx. 100 ex 1, 2, 4. Se tendes algunha pregunta, non dubidedes en facela.




E esto é todo para hoxe. Que tal o levades? 
Que pasedes unha boa tarde!!!

1 comentario: