stars

xoves, 16 de abril de 2020

Traballo para o venres 17 de abril

Bo día!!

Hoxe é venres, xa pasou unha semana máis e queda unha menos, ánimo!!!

Comezamos o día de hoxe correxindo o traballo de onte:

Lingua Galega páx. 136


1.
Neste orde: 3, 1, 2, 4

2.
1. A semente cae e vaise soterrando pouco e pouco.
2. A semente rompe e dela saen unha raíz e un talo pequeniños.
3. O talo medra cara arriba e sae á superficie.
4. O talo fortalécese e nácenlle pólas e follas.

3. Unha posible resposta sería por exemplo:
A planta da última imaxe converteráse unha árbore. Iso tardará anos en suceder.

Sociais




E para hoxe:


1. Ficha do caderniño

2. Lengua castellana: repasamos los sustantivos comunes y propios con este vídeo y hacemos la ficha que viene a continuación.






3. Galego: ficha de comprensión lectora sobre o texto teatral




4. Plástica.

No segundo trimestre, non poidemos ir de excursión... Que vos parece ir a París? Non podemos ir físicamente, pero a páxina web do museo d'Orsay, un dos máis importantes da cidade,  permítenos facer unha visita virtual moi real. Neste enlace, chegaredes a el. Para desplazarvos, pinchade nas flechas que aparecen no chan e arrastrade co rato pulsado para mirar en distintas direccións.

O museo d'Orsay alberga moitos cadros famosos, varios deles do pintor Van Gogh (na visita virtual, é na segunda sala, podédela seleccionar abaixo, como se indica na imaxe). 



Seguro que esas pinturas e o seu nome vos sonan! Propóñovos que investiguedes algo sobre el. A información que atopedes, podedes resumila nos comentarios. A continuación, póñovos imaxes sen pintar de dous dos seus cadros máis famosos: un autorretrato e a pintura da súa habitación en París, ambos están no Museo d'Orsay. Podedes escoller unha, imprimila e pintala á vosa maneira. Como sempre, podedes mandarme o resultado para que o expoña neste blog!







5. Esta actividade que segue vén proposta polo departamento de orientación e gustaríame que a tiverades en conta. Trátase de facer un vídeo contando un conto ou falando dun libro que vos gustara e que queredes recomendar. Non é necesario que saiades vós, podedes mostrar o libro e falar ou podedes usar un obxecto como fixemos no vídeo "eu quedo na casa". O formato é libre, só hai que seguir os pasos indicados no vídeo para o guion. Espero que vos animedes a participar! Tendes toda a semana.


11 comentarios:

  1. van Gogh nació en Holanda y murió a los 37 años en Francia, aun no se sabe si se suicido o se disparo por accidente ya que tenia una enfermedad mental y estuvo en el manicomio. También tuvo una pelea con otro pintor y sin querer se corto la oreja. Y antes de su muerte le dio tiempo de pintar 900 cuadros y a mi el que mas me gusta es el de LA NOCHE ESTRELLADA. Y le llamaban el genio loco holandés.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sí, fue una persona muy atormentada que sufrió mucho a lo largo de su vida. Seguramente la pintura fue para él una forma de desahogarse.

      Eliminar
  2. Vicent van Gogh naceu en Holanda en 1853 é morreu en Paris en 1890,tiña 5 irmans.Empezou a pintar os 28 anos é so vendiu un cadro mentras estaba vivo.Chegou a pintar mais de 70 cadros den dous meses.Pintou 900 cadros e 1600 debuxos.A min un dos que mais me gusta é 'Campo de trigo con cuervos'

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi ben Pablo!Si, é incrible que pintara tanto, que os seus cadros agora teñan tanto valor pero que no seu tempo ninguén llo dera.
      Realmente morreu na miseria pero na nosa época algún dos seus cadros vendiuse por máis de 80 millóns!!!

      Eliminar
  3. Vicent van Gogh nació en los Paises Bajos en 1853 y falleció en 1890, a los 37 años por una herida de bala. Pintó sobre 900 cuadros y más de 1600 dibujos. Fue un pintor autodidacta. Su primer gran obra fue Los comedores de patatas, este es un cuadro en tonos oscuros, con el tiempo utilizó más colorido como en el cuadro Jarro con doce girasoles. A mí me gustó Almendro en flor. Carla

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moi Carla! Quen me dera a min tamén aprender a pintar así eu sola, sen profe, verdade?

      Eliminar
  4. Vicent Van Gogh nació en Holanda en 1853 y falleció en Francia en 1890, con 37 años de edad.
    Estudió en la academia Real de Bellas Artes de Bruselas.
    Trabajaba de pintor y de dibujante, pintó 900 cuadros y 1600 dibujo.
    La obra que mas me gusta es paisaje con carro y tren.

    ResponderEliminar
  5. Pois si que é bonito ese cadro, Dani. Non o coñecía!

    ResponderEliminar
  6. Perdió toda su vida buscando el exito y llegó después de su fallecimiento. El cuadro que más me gusto:LA NOCHE ESTRELLADA.

    ResponderEliminar