Con esta viñeta poñémonos en contexto e comezamos correxindo o traballo de onte:
Primeiro, a línea do tempo.
Debería quedar algo parecido ao que tendes a continuación, aínda que en varios apartados, sobretodo no de observación, podedes ter cousas diferentes. Utilizade a miña para completar a vosa e nos comentarios desta entrada, podedes comentar os datos que puxestes vós se o desexades.
Ciencias da Natureza
materiais naturais de orixe animal: ósos, peles (incluso sangue para as pinturas), la
materiais naturais de orixe vexetal: madeira (seguramente usaban tamén palla ou outras plantas como materiais para usos diversos)
materiais naturais de orixe mineral: pedras, barro, cobre, ferro, ouro
materiais artificiais: cerámica e bronce (O barro é o material natural que se moldea e coce para obter a cerámica que é articifial. O bronce é unha mestura de cobre e estano, por eso é artificial.)
Lengua Castellana
2. La palabra "mamut" significa "hijo de la tierra".
3. Según los textos, un mamut era un animal de tres metros de alto y un peso de entre 6 y 8 toneladas. Tenía colmillos curvados que podían llegar a los tres metros. Su cuerpo estaba cubierto con un espeso pelo lanoso y sus orejas eran pequeñas.
4. Los mamuts se alimentaban de hierba de la tundra, hojas, brotes y cortezas.
5. La carne de ciertos mamuts está en buen estado porque se conservó congelada a temperaturas muy bajas desde la muerte del animal.
6. El cuerpo del mamut está cubierto de pelo, tiene cuatro patas y una cola, por lo que podemos suponer que es un mamífero. Es herbívoro porque se alimenta de plantas.
7. Un mamut pesaba entre 6.000 y 8.000 kilogramos.
8. Probablemente era difícil y peligroso cazar un mamut. Los humanos debían trabajar en equipo y atraer el animal hacia una trampa o un lugar del que no pudiera escapar facilmente. Luego lo atacaban con lanzas u otras armas que fabricaban.
Agora, seguimos coa Prehistoria!!!
1. Ciencias da Natureza
a) Lectura libro páxina 65 sobre as propiedades dos materiais.
Cada material que utilizamos ten un uso específico porque ten as propiedades idóneas para ese uso. Por exemplo, o cristal é duro e transparente e por iso o usamos nas ventás: permite pasar a luz e ver ao seu través, pero, á súa vez, non dobla cara dentro. Podedes ver máis exemplos neste vídeo se queredes:
b) Experimento. Le os pasos do seguinte experimento e completa a parte de "hipótese" na ficha do experimento.
Agora xa podes realizar o experimento e completar a ficha.
2. Lingua galega, ciencias da natureza, ciencias sociais
Razona e constesta estas preguntas nunha das libretas, con oracións completas, segundo o que sabes sobre as propiedades da materia e sobre a Prehistoria. Podes empezar por fórmulas como "Penso que...", "Creo que...", "É posible que..."
a) Por que os homes do paleolítico usaban pedras como armas?
b) Por que deixaron de usar pedras e pasaron a usar metais? Que propiedades teñen os metais que non teñen as pedras?
c) Que propiedades podía ter a tea dos teares que non tiñan as peles?
d) Por que pensas que no paleolítico vivían en covas pero que no neolítico comezaron a fabricar cabanas?
e) (Esta pregunta non ten que ver coas propiedades da materia.) Por que pensas que no Neolítico os seres humanos comezaron a interesarse pola alfarería e por fabricar novos utensilios e ferramentas?
3. Plástica. Hoxe propóñovos varias opcións:
a) Un mamut para recortar, doblar, e pegar en 3D. Hai que doblar polas lineas con puntos, e cortar polas líneas continuas. Despois, só queda montar a figura pegando as partes brancas.
b) Un mamut para debuxar. Segue os pasos e consegue debuxar un destes mamuts!
c) Atopa as 7 diferenzas. Podédelas dicir nos comentarios.
Son Eze
ResponderEliminarAs diferencias que atopei foron:
1. Un carabullo que hai á esquerda.
2. O cuenco. Un ten auga e o outro non.
3. A montaña que hai atrás. Nunha foto hai unha.
4. As curvas do mareo do lagarto.
5. Na primeira foto hai máis fume á esquerda.
6. Abaixo á dereita hai unha raia máis.
7. Á esquerda do pote hai unha raia aberta.
A última diferencia costoume vela.
Chao a todos.
Moi ben Eze!
ResponderEliminarSi, a última parece case un defecto de impresión! Había que fixarse moito. Parabéns
Son Ainhoa:
ResponderEliminarAs diferencias que atopei foron:
1. Un pao a esquerda.
2.Nun dos cuencos non hay Auga.
3.Na parte de abaixo no lado dereito encima das herbas hay unha grieta mais
4.Encima do lagarto nunha das imaxes aparece unha curva mais.
5.Encima da pota na esquerda hay cinco nubes de fume e na outra 4
6.En unha das imaxes solo se ve unha montaña
7.Non atopei ninguna mais!!!!