stars

domingo, 10 de maio de 2020

Traballo para o luns 11 de maio

Bo día e bo luns!

Pasamos á Fase 1 do confinamento así que parece que vamos avanzando. Aínda así, sede prudentes que esto non rematou!




Primeiro, vamos falar algo do traballo do venres:

No experimento, observábase que algunhas onzas derretíanse antes que outras e iso débese a que non todos os materiais son condutores de calor. O chocolate do cullerón de aceiro sole ser o primeiro en derreter, e despois van os de madeira e o de plástico. Xa sabedes por que se lle poñen mangos de plástico ou silicona aos utensilios de cociña! Así non nos queimamos.

No apartado 2, había que reflexionar, así que as miñas respostas poden valer para completar as vosas, pero non significa que as vosas, sendo diferentes, son incorrectas. Había que pensar nas propiedades dos materiais.

a) Os homes do Paleolítico usaban pedras porque era o material máis resistente e duro do que dispoñían nese momento.
b) Probablemente pasaron a usar metais porque en quente o metal é maleable e podían darlle a forma que querían. Tamén é máis duro e fácil de afiar.
c) A tea dos teares é máis lixeira que as peles para as estancións máis calurosas. Tamén parece máis fácil de coser.
d) No Neolítico dispoñían de máis coñecementos que no Paleolítico para construir as súas casas, pero, sobretodo, no Neolítico eran nómades e non necesitaban construir casas. Como ese material é pesado, despois teríano que abandonar ou cargar con el durante largos viaxes ata o seu novo fogar. Non se preocupaban por ter un fogar cómodo xa que abandonarían en pouco tempo.
e) No Neolítico, como os seres humanos comezaron a ter colleitas, necesitaban almacenalas dalgunha maneira. Necesitaban recipientes para iso e por iso buscaron formas de fabricalos: con madeira pero tamén con cerámica.

En canto a Plástica, cada un se decantou polo que preferiu, pero parece que o recortable tivo certo éxito:






Moi ben Carla, Jorge, Dani, e Pablo!
Noraboa Tamén aos que atopastes as 7 diferencias, non era nada doado. Teño máis así que algunha caerá...

Fai uns días tamén recibín esta creación que ten unha pinta... Parece que a Gael non lle gusta moito o pan de ovo así que modificaron a receita para chegar a este brioche que parece estar ben rico!


E agora, vamos a seguir coa Prehistoria, que remataremos mañá xa.

1. Lengua castellana
       - lectura del cuento de Ötzi, sacado del libro de Javier Alonso López, La Historia del mundo en 25 historias



      - En la libreta, contestar a las siguientes preguntas con oraciones completas:
             a) ¿Cuándo fue descubierto Ötzi?
             b) ¿Cuándo comenzaron a estudiarlo?
             c) ¿Por qué tardaron tanto?
             d) ¿Qué podrían estudiar los científicos gracias a Ötzi?

2. Ciencias Sociais
      - Libro, lectura páxina 94
      - Facer a seguinte ficha seguindo estos pasos (Se non a podedes imprimir, podédela facer na ibreta igual):
         a) Completar os rectángulos cos tipos de fontes de información histórica que existen.
         b) Recortar os debuxos da parte de abaixo da ficha e pegalos debaixo da fonte que lle corresponde (se non tendes a ficha impresa e non queredes debuxar, podedes poñer os nomes de cada obxecto que se ve).
         c) Pegar a ficha na libreta.




        - Na libreta de sociais, contestar a estar preguntas:
               a) Que tipo de fontes aporta Ötzi?
               b) Na Prehistoria, non había escritura. Como sabemos o que sabemos deste periodo de tempo?

3. Matemáticas: libro páx. 104-105 ex. 3, 5 e 7. Practicamos a tonelada. Recórdovos que unha tonelada son 1.000 kilogramos.


E esto é todo para hoxe. Solo vos quería comentar que o conto de Ötzi é unha realidade. Bueno, non o momento en que se pon a falar cos científicos, xa o podedes imaxinar, pero se indagades algo sobre este tema, veredes que, excepto a parte fantástica da historia, o resto é certo, incluidos os nomes do científicos encargados de estudialo. Ata fixeron unha película coa historia de Ötzi! Se vos animades a investigar algo e atopades novos datos, podédelos compartir con todos nós.

Que teñades un bo día!

2 comentarios:

  1. Son Eze. Eu atopei esto. Penso que é o trailer da película: https://youtu.be/KZ0sPKWhoqo

    Parece que a película ten uns paisajes moi bonitos.

    Fíxome gracia o diálogo entre a Ötzi e os científicos.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben Eze! Si, debe ser o trailer da película. O que pasa é que non se debiu de estrenar en España porque non a atopei por ningures.

    ResponderEliminar