Coa información que aportastes todos, sabemos que:
O seu nome completo era Manuel María Fernández Teixeiro.
Naceu en Outeiro de Rey, en Lugo, no ano 1.929.
Faleceu no ano 2.004, na Coruña, aos 74 anos.
Foi un poeta galego e é o autor do primeiro libro en galego que se publicou despois da Guerra Civil: "Muiñeira de Brétemas". Despois deste poemario, apareceron moitos máis, como Terra Cha ou Soños na Gaiola.
Participou de modo clandestino en política, cos partidos nacionalistas galegos. Máis tarde, ata foi concelleiro.
Exerciu de procurador en Monforte de Lemos, ata a súa xubilación.
Ingresou na Real Academia Galega no ano 2003.
No ano 2016, adicóuselle o Día das Letra Galegas.
Martiño tamén nos mandou fotografías da súa excursión á casa-museo de Manuel María, en Outeiro de Rei.
E tamén nos informou de que podemos ler máis poemas del neste documento, con actividades adaptadas á vosa idade. Anímovos a botarlle un ollo se vos apetece.
Noraboa e gracias a todos os que participastes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario