stars

xoves, 14 de maio de 2020

Traballo para o venres 15 de maio

Ola a todos!!!

Hoxe é un día moi especial porque é o Día da Familia así que noraboa a todos e non esquezades pasar tempo xuntos!




Pero tampouco podemos esquecer que o domingo é o Día das Letras Galegas e o homenaxeado deste ano é Ricardo Carvalho Calero. Para a prender un pouco sobre a súa vida e obra, tendes este documento. Hai que ler a súa biografía nas páxinas 5 e 6 e facer os exercicios das páxinas 16, 17 e 18. 
Por outra banda, na páxina web da biblioteca, ao longo de toda a semana estiveron publicando actividades moi interesantes sobre este autor. Anímovos a que intentedes facer algunha!
Por exemplo este vídeo e xogo nesta entrada parecen divertidos e incluso hai un scape room nestoutra entrada.

Pasádeo ben e aprendede moito! Feliz fin de semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario