stars

xoves, 11 de xuño de 2020

Traballo para o venres 12 de xuño

Bo día a todos, hoxe por fin é venres!!!!



Correximos o de onte:



E rematamos a semana cunhas fichiñas!

1. Ficha do caderniño de cálculo
2. Lingua galega




3. Matemáticas




4. Plástica
Xa nos estamos achegando ao verán... Se vos apetece, propóñovos este debuxo:




Podedes usar a técnica que prefirades. 
Neste caso, trátase dun colage. Primeiro, usaron un papel marrón para a area. Noutro folio, pintaron o mar e racharon o papel por un lado para simular a escuma. No papel de fondo, pintaron con acuarelas o ceo. Nese folio, pegaron a area e a auga, coa escuma cara abaixo. A gaivota e as pedras foron debuxadas e coloreadas con ceras nun folio aparte. Despois recortáronse e pegáronse no debuxo final. Fixádevos que a gaivota está perfilada.

4. Enigma.

Cal é a clase de cada un?


Pistas:

Elena está en 5º. A súa aula está ao lado da aula da súa irmá Sara, que está en 6º.
Hasán está en 1º, na mesma planta que Julián, pero a súa aula non está ao lado da de Julián.
María está en 3º. A súa aula está na primeira planta.
Benito está na mesma planta que Elena.
O alumnado de 4º está na segunda planta.
O alumnado de 6º adoita escoitar aos de 2º que se atopan xusto debaixo del.


3 comentarios:

  1. 4-Benito 5-Elena 6-Sara

    1-Hasán 3-María 2-Julián

    ResponderEliminar
  2. 2ª planta: 4º Benito; 5º Elena; 6º Sara
    1ª planta: 1º Hasán; 3º María; 2º Julián
    Carla.

    ResponderEliminar