stars

luns, 1 de xuño de 2020

Traballo para o martes 2 de xuño

Ola!!!

Como andamos hoxe?
Agora que xa sabedes moito sobre os deuses gregos, vamos a pasar a falar de dúas obras moi importantes da literatura grega, que narran a historia de heroes, seres mitolóxicos e deuses: a Ilíada e a Odisea.

Hoxe falaremos da Ilíada. Quizais non vos sone a nome da obra, pero con este debuxo, seguro que xa sabedes máis ou menos de que vamos a falar:

("Norton! Mcafee! Como non vos destes conta de que esto era unha trampa? Sodes os dous uns inútiles, sabíadelo?")


Correccións de onte


Lingua Galega


Por orden na ficha temos:

1. Zeus, deus dos deuses 2. Atenea deusa da sabedoría e da guerra 3. Dionisio, deus do teatro, da vid e das celebracións 4. Demetra, deusa da agricultura e das colleitas
5. Hades, deus do reino dos mortos 6. Hefesto, deus do lume e do metal 7. Hera, deusa da familia e do matrimonio 8. Hermes, deus dos viaxeiros, do comercio e dos ladróns
9. Afrodita, deusa do amor e da beleza 10. Apolo, deus das artes e da beleza 11. Ares, deus da Guerra
12. Artemisa, deusa da natureza, da pureza e da caza
13. Poseidón, deus do mar, dos ventos e das tempestades 14 Perséfone, diosa do mundo dos mortos

Ciencias da natureza
1) Os planos inclinados serven para subir obxectos pesados con menos esforzo.
2) Unha cuña é un pequeno plano inclinado que ten moitos usos. Por expemlo, serve para calzar ou reter un corpo sólido e para fendelo.
3) A cuña úsase en hachas, arados, abrelatas, tesoiras ... 


Para hoxe...

1. Ficha do caderniño de cálculo.

2. Lingua Galega e Ciencias Sociais: a Ilíada

    - Mira os seguintes vídeos:





         - Agora que xa coñeces a historia da Guerra de Troia, escríbeme un resume! Primeiro, terás que ordenar as imaxe, e despois poderás axudarte delas para escribir o resumo. (Mándame o teu traballo.)



           - Contesta na libreta ou nos comentarios: Na actualidade, a que nos referimos cando dicimos que algo  é un cabalo de Troia? e un troiano informático?


3. Lengua Castellana: El talón de Aquiles

Aquiles era un semidios, un guerrero extraordinario, que falleció en la Guerra de Troya.
Mira el vídeo de su historia y contesta a las preguntas en la libreta con oraciones completas.


     1) ¿Cómo murió Aquiles?
     2) ¿Por qué?
     3) ¿Qué es el talón de Aquiles de una persona?
     4) ¿Cuál es tu talón de Aquiles? (Puedes comentarlo en los comentarios del blog o mandarme la respuesta al correo.)


4. Ciencias da Natureza: As pancas

    - Comezaremos mirando os seguintes vídeos:





     - Na libreta debuxa unha panca e as súas partes.

    - Colle o libro, na páxina 102. Nesta páxina, propóñenvos que fagades unha carreta, que é unha panca. En lugar da carreta, e seguinto o mesmo patrón, podedes facer un carro grego como o da imaxe.



Para iso, necesitaredes unha esquina dunha caixa de cereais ou galletas, unha palliña para o eixe, dous tapóns para as rodas cun burato no medio para pasar a palliña e un anaco de cartón duro para facer a base. Decorade como queirades e contestade ás preguntas 1, 2 e 3 do libro.

Sabedes para que utilizaban os gregos estes carros?


12 comentarios:

  1. Os gregos utilizaban os carros para facer carreiras de carros e para guerra.
    Dicimos que algo é un cabalo de Troia para referirnos a un engano.
    Un troiano informático é un programa que conten códigos dañinos(virus).
    Pablo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mi ben Pablo! O que pasa cos troianos informáticos é que parecen programas útiles pero cando os instalas conteñen virus que danan o ordenador. Igual que o cabalo de Troia: parecía un agasallo pero unha vez dentro da cidade...

      Eliminar
  2. Utilizaban los carros para carreras se desconoce cuando empezaron a practicar estas carreras pdian ser tan antiguas como los propios carros

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Exacto Dani! Utilizaban os carros sobretodo para carreiras. Para o resto nom tanto porque o terreo de Grecia era moi pedregoso e os cabalos non respondían ben.

      Eliminar
  3. Decimos que algo e un troiano informatico cando unha persona consigue enttan na tua conta de internet e che rouba a información

    ResponderEliminar
  4. Utilizaban lizaban os caarros para carreiras que eran o seu deporte màis popular.E en poucas ocasiòns como vehículo lixeiro.
    SARAY REGUEIRA FERREIRO.

    ResponderEliminar
  5. Na época dos gregos si había carros como podemos comprobar nas imaxenes da época, como nos debuxos dos deuses que tivemos que completar onte.
    Os gregos utilizaban os carros para as carreiras.
    Utilizamos a expresión "cabalo de Troia" para referirnos a un engano ou. Por eso no mundo da informática se usa a expresión "troiano informático" cando nos intentan dañar o PC mediante un engano con un programa aparentemente inofensivo.
    Carla.

    ResponderEliminar
  6. Ola
    Na Antigua Grecia utilizaban os carros sobre todo para as carreiras de cabalos nos Xogos Olímpicos e nos xogos Panatenaicos.
    Estaban concebidos para ser tirados por dous cabalos situados a cada lado de un temón. Ás veces añadíanse dous cabalos atados a cada lado da xunta principal, mediante unha simple barra montada na parte dianteira do carro.

    ResponderEliminar
  7. non utilizaban ningun carro

    ResponderEliminar