stars

xoves, 18 de xuño de 2020

Rematamos o curso!

Ola!!!!

Este curso remata aquí. Espero que o disfrutárades a pesar de todo e que o curso que vén sexa menos atípico. 

A continuación, un vídeo que quedou pendente. Espero que vos guste.



Felicidades por todo o traballo que levastes a cabo neste curso e por todo o que aprendestes. Gracias por participar e por animarnos a todos coas vosas mensaxes e cos vosos comentarios. Moitas gracias tamén ás vosas familias por estar sempre aí botando unha man e apuntarse a todo a pesar das dificultades e da situación de cada un. 

Descansade durante o verán, disfrutade e pasádeo ben. (Ai si, e tamén, lede...😉) En setembro vémonos coas pilas cargadas e espero que con moitas ideas e moitas ganas de aprender. O que si é seguro é que será con moitas ganas de verse e de estar xuntos.

Unha aperta ben grande a todos vós! 💙


8 comentarios:

  1. Botaremos de menos a Miguel é a Marta o próximo ano, é a ti tamén María. Pasade un bonito verán.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Sen dúbida botarémolos todos de menos, e eles a nós! Pero seguro que algunha visita nos farán...
      Bo verán a tí tamén Gael!

      Eliminar
  2. Moi bonito o video.!!!Gracias a ti tamen Maria.
    Que pasedes todos un moi bo veran.
    Vemonos en setembro,con moitas ganas.
    Unha aperta grande para todos!!!!!Ainara

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alégrome de que che guste Ainara.
      Unha aperta a tí tamén!

      Eliminar
  3. Encantoume o video. Vemonos en setembro. Unha aperta para todos. Carla.

    ResponderEliminar
  4. Alégrome, Carla. Un bico a ti tamén!

    ResponderEliminar