Bo día!!
Que tal vos foi onte co escape room?
Hoxe, volvemos con papirofexia! Trátase dunha actividade en varias fases (como a desescalada do confinamento).
Fase 1: A continuación vouvos poñer vídeos con instrucións para facer avións de papel. A idea é elexir polo menos tres deles e facelos. Adiante! 💪💪
Fase 2: Agora, vamos ver cal dos avións que fixeches é máis eficiente, é dicir, cal voa máis lonxe. Elixe un espazo amplo donde poidas lanzar os avións. Marca unha línea dende onde os vas a lanzar. Se tes un metro, mide dende a línea ata a parte máis próxima do avión que lanzaches. Se non tes metro, podes medir con pés ou palmos, como xa temos practicado na clase. Lembras?
Que avión voa máis lonxe?
Fase 3: Unha vez feito esto, podes avaliar cal ten máis precisión. Se dispós de cartón ou papel continuo, podes facer esto:
Marca unha línea dende a cal lanzarás o avión. Lanza tres veces cada un. Con cal deles sacas mellor puntuación? Se tes alguén na casa con quen xogar, temén podedes facer unha competición. Non esquezades sumar puntos!
Que avión voa mellor e cal é máis preciso?
O primeiro e o terceiro.
ResponderEliminarSARAY REGUEIRA FERREIRO
Ola, son Eze
ResponderEliminarA min o que me chegou máis lonxe foi o do segundo vídeo.
Saúdos.
Que chulo
ResponderEliminarEu fixen o 1 o 2 eo 4 e o que mellor voa e o 2
ResponderEliminar