Quedábanme uns traballiños vosos por publicar.
Primeiro, a mascota olímpica de Jorge e o cabalo de Troia de Martiño. A que están xenial?
Agora, un gran aplauso a estes imponentes gregos. Como me gustan os vosos difraces, merecían unha pequena obra de teatro. Estades espectaculares!
A continuación, temos os collage do pasado venres. Canto traballo pasastes e que lucido quedou.
Ezequiel
Pablo
Carla
Dani
Finalmente, tamén vos quería dicir que na páxina web da biblioteca publicaron como cada curso as recomendacións de lectura para o verán, pero tamén os diplomas aos mellores lectores deste curso e aquí, temos que felicitar a Ainara e a Jorge porque están entre eles! Moi ben!!!! 👏👏👏
Que ben quedaron os traballos noraboa a Jorge e Ainara. Pasade bo verán tod@s . Xa queda menos para vernos 😘😘
ResponderEliminar