stars

martes, 19 de maio de 2020

Traballo para o martes 19 de maio

Ola!!!

Que tal vos foi cos faraóns? Seguro que non lles faltaba de nada! Eran os que máis dereitos, riquezas e influencia tiñan. E que hai do resto? Pois eso é o que imos ver hoxe.


Correccións de onte:

Os faraóns


1. Os faraóns eran respetados e venerados porque eran considerados fillos dos deuses.

2.
A primeira coroa é branca. Coroa do Alto Exipto
A segunda coroa é vermella. Coroa do Baixo Exipto
A terceira coroa é branca no medio e roxa por fóra. Doble coroa
A cuarta coroa é azul. Coroa de guerra

3.

Los faraones más célebres:

Tutmosis III
Ramsés II
Zoser
Keops
Hatshepsut
Tutankamon

Matemáticas

Restas:

Sumas:


Comezamos o traballo de hoxe:


1. Ficha do caderniño de matemáticas

2. Ciencias sociais e lingua galega
     - comezamos vendo o seguinte vídeo:



     - Lemos e facemos os exercicios deste documento. Ollo, as respostas están tanto no vídeo como no texto!





3. Ciencias da Natureza, ciencias sociais, plástica

Agora que aprendemos sobre os faraóns e sobre o resto da poboación, quédanos aprender algo sobre os deuses exipcios!



Mandádeme foto dos vosos deuses e non esquezades dicir o seu nome e de que é deus.

domingo, 17 de maio de 2020

Traballo para o luns 18 de maio

Bo día!
Que tal o fin de semana?
Celebrastes ben o Día das Letras Galegas?

Nós seguimos co Antigo Exipto. Moitos de vós preguntábades polos faraóns e eso é o que veremos hoxe.

Pero antes, trataremos de correxir o traballo do xoves pasado que quedou sen mirar.

Ciencias Sociais


A civilización do Antigo Exipto naceu fai máis de 5.000 anos no continente africano, á beira do río Nilo do que dependía para vivir. É o segundo río máis longo do mundo que nace da unión de dous ríos: o Nilo Blanco e o Nilo azul.
Ao longo do ríom as terras son fértiles e cultivables. os exipcios chámanas "Terra Negra". Pero máis aló desas terras, so hai "Terra Roxa" que é deserto.
Os exipcios utilizaban as terras da beira do río para cultivar e o río para pescar, para cazar e para desprazarse.
O Nilo era tan importante que se consideraba como un dios.

Lingua / Ciencias da Natureza


Segundo os exipcios había tres estacións ao ano que eran Akhet, Peret e Chemou.
Akhet duraba de xuño a outubro e nesta estación o Nilo desbordábase.
Peret duraba de novembro a febreiro e durante eses meses o Nilo volve ao seu cauce e os campesiños sementan as terras.
Chemou comeza en marzo e remata en xuño. O Nilo está baixo e hai sequía. É cando os campesiños recollen a colleita.

Segundo sabemos hoxe en día, hai catro estacións: primavera, verán, outono e inverno.
No hemisferio norte, a primavera dura do 21 de marzo ata o 20 de xuño. Durante esta estación, as temperaturas comezan a subir e adoita haber tormentas e chover.
O verán comeza o 21 de xuño e remata o 20 de setembro. É a estación máis calurosa e seca.
O outono dura do 21 de setembro ata o 20 de decembro. As temperaturas comezan a baixar, adoita chover moito e os días son máis curtos.
O inverno comeza o 21 de decembro e remata o 20 de marzo. É a estación máis fría e cos días máis curtos.

Matemáticas






E agora, vamos cos faraóns!


Coñecedes ao personaxe deste cómic? Sabedes quen é o seu autor e de que obra está sacada ésta viñeta? Fixádevos no que pon debaixo de cada "momia". Cal é a súa profesión?

1. Lingua Galega e sociais

   - Lectura do seguinte texto



  - Comprensión





2. Lengua castellana

  - Lectura: los faraones más célebres (sacado de "Egipto a tu alcance", ed. Oniro)





 - ejercicios sobre el texto (Mandádeme a descripción,  por favor.)





3. Matemáticas: pirámides de cálculo

       - sumas pinchando aquí.

       - restas:




Espero que vos gustara o traballo de hoxe. A civilización exipcia durou uns 3.000 anos así que houbo moitísimos faraóns. Se queredes aportar información acerca dalgún máis que coñecedes non dubidedes en facelo!

Hoxe tamén nos achegou Marta a súa proposta de eduación física para esta semana. Disfrutádea!





xoves, 14 de maio de 2020

Traballo para o venres 15 de maio

Ola a todos!!!

Hoxe é un día moi especial porque é o Día da Familia así que noraboa a todos e non esquezades pasar tempo xuntos!




Pero tampouco podemos esquecer que o domingo é o Día das Letras Galegas e o homenaxeado deste ano é Ricardo Carvalho Calero. Para a prender un pouco sobre a súa vida e obra, tendes este documento. Hai que ler a súa biografía nas páxinas 5 e 6 e facer os exercicios das páxinas 16, 17 e 18. 
Por outra banda, na páxina web da biblioteca, ao longo de toda a semana estiveron publicando actividades moi interesantes sobre este autor. Anímovos a que intentedes facer algunha!
Por exemplo este vídeo e xogo nesta entrada parecen divertidos e incluso hai un scape room nestoutra entrada.

Pasádeo ben e aprendede moito! Feliz fin de semana!

mércores, 13 de maio de 2020

Traballo para o xoves 14 de maio

Olaaa!!!!

Como estades hoxe?

Seguimos con esta incrible etapa da Historia que é a Idade Antiga e comezamos coa civilización exipcia. Chocade esas 5!! 😜



Antes de nada, botámoselle un ollo ao de onte:

Lingua galega


A aparición da escritura é importante porque gracias a ela temos constancia de como era a vida en épocas remotas e que grandes acontecementos ocorreron na Historia. Para os pobos da Historia, a escritura foi un gran avance: permitiu por exemplo unha maior organización das civilizacións, o desenvolvemento da literatura, da filosofía e de moitas outras disciplinas.
A expresión "As palabras lévaas o vento" significa que as palabras se perden no tempo. Ao contrario, o escrito perdura e é unha proba do que se acordou nese momento.


Ciencias sociais


5.
As primeiras cidades se crearon na Idade Antiga.

6.
O invento que marcou o inicio da Idade Antiga foi a escritura. A diario, usámola para comunicarnos, crear historias, transmitir coñecementos, etc.

7.
A escritura que inventaron os exipcios chámase xeroglíficos.

Línea do tempo:

Na Idade Antiga aparecen as primeiras civilizacións como Exipto cos seus faraóns, Grecia cos seus filósofos ou Roma cos seus gladiadores.

Matemáticas







E agora si que si!


Primeiro, teremos que situar o lugar no que viviron os antigos exipcios así que eso é o que vamos a ver hoxe.

1. Ciencias Sociais

    - ver o seguinte vídeo.



    - ler o seguinte texto. (Sacado do libro Egipto a tu alcance, ed. Oniro)





   - coa información do vídeo e do texto, copiar e completar na libreta o seguinte texto:

A civilización do Antigo Exipto naceu fai máis de ................................................ no continente ............................., á beira do río .................................... do que dependía para vivir. É o segundo río máis longo do mundo que nade da unión de dous ríos: o ........................................... e o .......................................
Ao longo do río, as terras son fértiles e cultivables. Os exipcios chámanas .......................... Pero máis aló desas terras, so hai "Terra Roxa" que é ..................................
Os exipcios utilizaban as terras da beira do río para cultivar e o río para ................................, para ........................................ e para ............................................
O Nilo era tan importante que se consideraba como un ...............................


2. Ciencias da Natureza e Lingua Galega
    - Ler o seguinte texto e contestar ás preguntas na libreta.



    - Cantas estacións había ao ano, segundo os exipcios? Cales eran? Cando comezaba e cando remataba cada unha? Que ocorre en cada unha delas?
    - Cantas estacións hai, segundo sabemos hoxe en día? Cales son? Cando comeza e remata cada unha? Que ocorre en cada unha delas?

3. Matemáticas. Realizamos esta ficha de cálculo.



E ata aquí para hoxe! Mañá, deixaremos de lado a Historia para centrarnos no Día das Letras Galegas que é o domingo. O luns retomaremos as nosas indagacións sobre o Antigo Exipto.

martes, 12 de maio de 2020

Traballo para o mércores 13 de maio

Bo día!

Veña, ánimo que xa estamos a mediados de semana!!


Ciencias da Natureza


No experimento, había que observar que, unha vez que tapamos a candea, ésta acaba apagándose. A que se debe iso? Pois a que para que haxa combustión (lume) ten que haber osíxeno. Mentres hai osíxeno dentro do vaso, a candea está encendida, pero unha vez que consume todo o osíxeno, apágase. 
Tamén podíades observar que o nivel da auga sube. Neste vídeo danvos a explicación, pero non vos preocupedes se non entendedes ben o porque. Son contidos de cursos máis avanzados.




Coñecer este principio de combustión pode resultar moi útil:
cando hai un incendio nunha habitación, que é mellor? Saír deixando as portas e ventás abertas ou pechar todo antes de saír?
Se prende lume unha tixola ou a frixidora, que hai que facer? (Comentade abaixo.)

Matemáticas páx. 106-107


1.
2 x 4 = 8
Se pueden llenar 8 vasos.

2.
5 x 2 = 10
8 x 2 = 16
Podemos llenar 10 recipientes con 5 litros.
Podemos llenar 16 recipientes con 8 litros.

3.
3 x 4 = 12
7 x 4 = 28
Con 3 litros se pueden llenar 12 vasos. Con 7 litros se pueden llenar 28 vasos.

6.
Azul = 36 kg.         Amarillo = 33 kg           Rosa = 35 kg

8.
ballena 7.500 kg
rinoceronte 3t 600 kg = 3.600 kg
Pesa más la ballena.

11.
batido: 1 litro y medio = 90 cts son tres medios litros
            90 : 3 = 30 cts = precio de medio litro
            30 x 2 = 60 cts
            Un litro de batido cuesta 60 céntimos.
Suavizante: dos litros y medio son 5 medios litros = 210 cts.
                    210 : 5 = 42 cts
                    un litro cuesta 42 x 2 = 84 cts.
zumo : un cuarto de litro = 45 cts
            45 x 4 = 180 cts.
            Un litro de zumo cuesta 1 € 80 cts.

12.
Pescado: 2kg = 5 €
               1kg = 2€ 50cts.
Patatas: 5 kg = 2€25cts = 225 cts
             225 : 5 = 45cts
             1kg = 45 cts.
golosinas: 250g = 1€50cts       es un cuarto de kilo
                 150cts x 4 = 600 cts = 6€


Comezamos coa Historia!!!


E a Historia, como xa vimos, está dividida tamén en varias etapas, a primeira delas a Idade antiga.

1. Lingua Galega
Pensa e contesta na túa libreta:
Todo o pasado divídese en dúas etapas: a Prehistoria e a Historia e o que marca esa división é a aparición da escritura.
             - Por que é tan importante?
             - Que significa a expresión "As palabras lévaas o vento"?

2. Sociais
- libro, lectura páx 104-105  e facer os exercicios 5, 6, 7
- ver o seguinte vídeo:


- Completar a parte superior da línea do tempo da Idade Antiga, coa información do libro e do vídeo. Máis adiante, completaremos a parte de abaixo, pero xa a podedes unir con cinta adhesiva á parte da Prehistoria.




3. Táboa de coñecementos previos. Completade esta ficha e mandádema. É para saber o que xa coñecedes e o que queredes aprender sobre as tres principais civilizacións que houbo na Idade Antiga e que imos estudar: Exipto, Roma e Grecia. Espero que poidamos ver o que vos interesa!






4. Matemáticas
Repasamos as unidades de medida con estas fichas:




No exercicio 3 da última carilla, no depósito "rojo" pon 9 litros.

Esto é todo para hoxe. Mañá, máis!!

luns, 11 de maio de 2020

Traballo para o martes 12 de maio

Olaaaa!!!!


Hoxe remataremos coa Prehistoria, e aínda que quedan moitísmos temas que se poderían tratar sobre esta época, nalgún momento o temos que deixar para pasar á Historia. Así que hoxe, como podedes adiviñar polo debuxo de introdución, falaremos do lume. 

Pero primeiro, que tal o traballo de onte?

Seguimos recibindo creacións de plásticas, nesta ocasión, Martiño, Noemy e Gael ensínannos os seus mamuts. Gael ata lle puxo nome, chámase Harry Antonio. Pleased to meet you!





Ötzi


1. Ötzi fue descubierto en el verano de 1991.
2. Comenzaron a estudiarlo diez años más tarde.
3. Tardaron tanto porque los gobiernos de Austria e Italia no se ponían de acuerdo sobre qué equipo de científicos debía estudiarlo ya que lo habían encontrado en la frontera entre esos dos países.
4. Gracias a Ötzi, los científicos podrían estudiar sus ropas, su calzado, sus armas y herramientas e incluso su alimentación.


Sociais




Ötzi aporta fontes materiais para estudar a Prehistoria. 
Na Prehistoria non había escritura. Tampouco nos quedan relatos orais. As únicas fontes de información das que dispoñemos para coñecer ese periodo de tempo son materiais (roupas, armas, ferramentas, ...) e algunha gráfica (pinturas rupestres). Moitos dos coñecementos que temos sobre a Prehistoria son deduccións que fan os historiadores a partir de toda esa información que atopamos.


Matemáticas páx. 104-105


3. 
a) 2 t = 2.000 kg
b) 3 t = 3.000 kg
c) 5 t = 5.000 kg
d) 4 t = 4.000 kg
e) 6 t = 6.000 kg
f) 8 t = 8.000 kg

5. 
1/4 kg = 2 €
en medio kilo hay dos cuartos: 2 x 2 = 4 €
en un kilo hay cuatro cuartos: 2 x 4 = 8 €

Medio kilo de rosquillas cuesta 4 € y un kilo cuesta 8€.

7. 
100 pacas
1 paca = 300 kg
300 x 100 = 30.000 kg
30.000 kg = 30 t.
El camión transporta 30.000 kg o 30 toneladas.

Remataremos agora coa Prehistoria: 


1. Lingua Galega
      - Le o seguinte texto:



        - Elixe un dos apartados do texto, fíxate ben nas explicacións que da e fai un pequeno cómic, dunha ou dúas viñetas, que explique os pasos que seguían os homes prehistóricos para facer o que se describe. Por exemplo, se elixo o primeiro apartado, podo facer unha viñeta na que cae un raio e hai lume, unha segunda na que un ser humano colle unha póla que arde, ou uns tizóns, na terceira viñeta podería poñer homes botándolle máis pólas ao lume, e na última, alguén vixiando o lume durante a noite. Na parte superior das viñetas, podería poñer algo de texto, explicando o que non se ve no debuxo.
Se o facedes ben, con título, boa letra, perfilado e coloreado como ben sabedes facer, podédelo mandar para o concurso das Letras Galegas! Mandádeme unha foto dos vosos traballos, por favor. 
Se vedes que vos leva moito tempo, podedes rematalo ao longo da semana.

2. Ciencias da natureza

       - libro páx. 62, lectura

Xa vimos que os cambios de estado son cambios físicos: a materia pode estar en estado sólido, líquido ou gasoso pero en calquera dos casos, segue sendo a mesma materia. A auga segue sendo auga, esté líquida, conxelada ou en forma de vapor, verdade? 
Pero este non é o caso cando queimamos algo: antes da combustión temos unhas substancias e despois da combustión, temos outras. Xa non é un cambio físico trátase dun cambio químico. 

     - Experimento.
Que necesita o lume para arder? Saberémolo con este experimento moi sinxelo. Como hai que acender unha candea, terá que ser coa supervisión dun adulto. Coma sempre, antes de levar a cabo o experimento, hai que cubrir a primeira parte de ficha, no o esquezades!









3. Matemáticas páx. 106-107 ex. 123, 6, 8, 11, 12


Como xa vos comentaba, quedan moitos aspectos da vida na Prehistoria que son moi interesantes, pero desta vez, deixarémolo aquí. Por se vos apetece seguir investigando algo, propóñovos algunhas ideas:

- Sabíades que se atoparon importantes pezas da Prehistoria no Castro de Oca e que eses elementos están expostos no museo do Castelo de San Antón?

- Na Prehistoria, xa había música. Podédelo comprobar nesta imaxe interactiva.  

- Para que servían os megalitos, como os facían  e donde os podemos atopar en Galicia?

domingo, 10 de maio de 2020

Traballo para o luns 11 de maio

Bo día e bo luns!

Pasamos á Fase 1 do confinamento así que parece que vamos avanzando. Aínda así, sede prudentes que esto non rematou!




Primeiro, vamos falar algo do traballo do venres:

No experimento, observábase que algunhas onzas derretíanse antes que outras e iso débese a que non todos os materiais son condutores de calor. O chocolate do cullerón de aceiro sole ser o primeiro en derreter, e despois van os de madeira e o de plástico. Xa sabedes por que se lle poñen mangos de plástico ou silicona aos utensilios de cociña! Así non nos queimamos.

No apartado 2, había que reflexionar, así que as miñas respostas poden valer para completar as vosas, pero non significa que as vosas, sendo diferentes, son incorrectas. Había que pensar nas propiedades dos materiais.

a) Os homes do Paleolítico usaban pedras porque era o material máis resistente e duro do que dispoñían nese momento.
b) Probablemente pasaron a usar metais porque en quente o metal é maleable e podían darlle a forma que querían. Tamén é máis duro e fácil de afiar.
c) A tea dos teares é máis lixeira que as peles para as estancións máis calurosas. Tamén parece máis fácil de coser.
d) No Neolítico dispoñían de máis coñecementos que no Paleolítico para construir as súas casas, pero, sobretodo, no Neolítico eran nómades e non necesitaban construir casas. Como ese material é pesado, despois teríano que abandonar ou cargar con el durante largos viaxes ata o seu novo fogar. Non se preocupaban por ter un fogar cómodo xa que abandonarían en pouco tempo.
e) No Neolítico, como os seres humanos comezaron a ter colleitas, necesitaban almacenalas dalgunha maneira. Necesitaban recipientes para iso e por iso buscaron formas de fabricalos: con madeira pero tamén con cerámica.

En canto a Plástica, cada un se decantou polo que preferiu, pero parece que o recortable tivo certo éxito:






Moi ben Carla, Jorge, Dani, e Pablo!
Noraboa Tamén aos que atopastes as 7 diferencias, non era nada doado. Teño máis así que algunha caerá...

Fai uns días tamén recibín esta creación que ten unha pinta... Parece que a Gael non lle gusta moito o pan de ovo así que modificaron a receita para chegar a este brioche que parece estar ben rico!


E agora, vamos a seguir coa Prehistoria, que remataremos mañá xa.

1. Lengua castellana
       - lectura del cuento de Ötzi, sacado del libro de Javier Alonso López, La Historia del mundo en 25 historias



      - En la libreta, contestar a las siguientes preguntas con oraciones completas:
             a) ¿Cuándo fue descubierto Ötzi?
             b) ¿Cuándo comenzaron a estudiarlo?
             c) ¿Por qué tardaron tanto?
             d) ¿Qué podrían estudiar los científicos gracias a Ötzi?

2. Ciencias Sociais
      - Libro, lectura páxina 94
      - Facer a seguinte ficha seguindo estos pasos (Se non a podedes imprimir, podédela facer na ibreta igual):
         a) Completar os rectángulos cos tipos de fontes de información histórica que existen.
         b) Recortar os debuxos da parte de abaixo da ficha e pegalos debaixo da fonte que lle corresponde (se non tendes a ficha impresa e non queredes debuxar, podedes poñer os nomes de cada obxecto que se ve).
         c) Pegar a ficha na libreta.




        - Na libreta de sociais, contestar a estar preguntas:
               a) Que tipo de fontes aporta Ötzi?
               b) Na Prehistoria, non había escritura. Como sabemos o que sabemos deste periodo de tempo?

3. Matemáticas: libro páx. 104-105 ex. 3, 5 e 7. Practicamos a tonelada. Recórdovos que unha tonelada son 1.000 kilogramos.


E esto é todo para hoxe. Solo vos quería comentar que o conto de Ötzi é unha realidade. Bueno, non o momento en que se pon a falar cos científicos, xa o podedes imaxinar, pero se indagades algo sobre este tema, veredes que, excepto a parte fantástica da historia, o resto é certo, incluidos os nomes do científicos encargados de estudialo. Ata fixeron unha película coa historia de Ötzi! Se vos animades a investigar algo e atopades novos datos, podédelos compartir con todos nós.

Que teñades un bo día!