Agora, seguiremos con dactilografía. Sabedes o que é? É a técnica necesaria para escribir nun teclado ou unha máquina. Non, non val usar so os dedos índices, hai que teclear sen mirar e cos dez dedos. Si, calquera pode aprender. É cuestión de paciencia e de práctica. Ánimo, seguro que nunhas semanas conseguiredes teclear como verdadeiros profesionais!
Comezaremos seguindo as leccións da seguinte páxina web. Tomádeo en serio e, moi importante, colocade ben os dedos. Escoitade as explicacións e seguide os pasos para completar os exercicios. Primeiro pinchade no seguinte enlace: https://www.typingclub.com/ . Na parte superior dereita, pulsade "language" e elexide español. A continuación, clicade en Empezar. Se queredes que a páxina vos garde os vosos progresos, tendes que crear un perfil, é rápido e sinxelo pero para iso necesitades un correo electrónico. Se non creades perfil, cada vez que accedades teredes que empezar dende cero.
Para rematar a sesión de hoxe, déixovos un pequeno xogo para seguir practicando, cun ambiente moi acorde ao que estamos a piques de celebrar:
Este curso remata aquí. Espero que o disfrutárades a pesar de todo e que o curso que vén sexa menos atípico.
A continuación, un vídeo que quedou pendente. Espero que vos guste.
Felicidades por todo o traballo que levastes a cabo neste curso e por todo o que aprendestes. Gracias por participar e por animarnos a todos coas vosas mensaxes e cos vosos comentarios. Moitas gracias tamén ás vosas familias por estar sempre aí botando unha man e apuntarse a todo a pesar das dificultades e da situación de cada un.
Descansade durante o verán, disfrutade e pasádeo ben. (Ai si, e tamén, lede...😉) En setembro vémonos coas pilas cargadas e espero que con moitas ideas e moitas ganas de aprender. O que si é seguro é que será con moitas ganas de verse e de estar xuntos.
Hoxe vamos a recompensar a esos pais e nais, avós, irmáns, ... que vos estiveron axudando cos deberes e ides prepararlles a merenda ou a sobremesa.
Sabedes o que é un mug cake? Mug é cunca en inglés e cake é biscoito. Así que un mug cake vén sendo un biscoito nunha cunca.
Observade o vídeo e mirade que fácil. (Eso si, intentade non manchar tanto... e mesturade ben, con paciencia, ata que os ingredientes queden ben ligados.) Se queredes facer o de chocolate pero non tendes as pepitas de chocolate, podedes partir unhas onzas dunha tableta normal, e se non tendes cacao en polvo, podedes usar colacao. Xa me contaredes como vos saiu e se queredes, tamén podedes mandar unha foto.
Primeiro, a mascota olímpica de Jorge e o cabalo de Troia de Martiño. A que están xenial?
Agora, un gran aplauso a estes imponentes gregos. Como me gustan os vosos difraces, merecían unha pequena obra de teatro. Estades espectaculares!
A continuación, temos os collage do pasado venres. Canto traballo pasastes e que lucido quedou.
Ezequiel
Pablo
Carla
Dani
Finalmente, tamén vos quería dicir que na páxina web da biblioteca publicaron como cada curso as recomendacións de lectura para o verán, pero tamén os diplomas aos mellores lectores deste curso e aquí, temos que felicitar a Ainara e a Jorge porque están entre eles! Moi ben!!!! 👏👏👏
Hoxe toca un beakout para repasar contidos. É algo parecido a un escape room solo que nun escape room o obxectivo é escapar pero nun breakout o obxectivo é abrir algo, un candado, unha caixa, ...
Espero que vos guste!
Se sodes máis de Stranger Things que de Toy Story, tendes outro breakout ambientado nesta serie, tamén para repasar.
Hoxe, volvemos con papirofexia! Trátase dunha actividade en varias fases (como a desescalada do confinamento).
Fase 1: A continuación vouvos poñer vídeos con instrucións para facer avións de papel. A idea é elexir polo menos tres deles e facelos. Adiante! 💪💪
Fase 2: Agora, vamos ver cal dos avións que fixeches é máis eficiente, é dicir, cal voa máis lonxe. Elixe un espazo amplo donde poidas lanzar os avións. Marca unha línea dende onde os vas a lanzar. Se tes un metro, mide dende a línea ata a parte máis próxima do avión que lanzaches. Se non tes metro, podes medir con pés ou palmos, como xa temos practicado na clase. Lembras?
Que avión voa máis lonxe?
Fase 3: Unha vez feito esto, podes avaliar cal ten máis precisión. Se dispós de cartón ou papel continuo, podes facer esto:
Marca unha línea dende a cal lanzarás o avión. Lanza tres veces cada un. Con cal deles sacas mellor puntuación? Se tes alguén na casa con quen xogar, temén podedes facer unha competición. Non esquezades sumar puntos!
4. Plástica
Xa nos estamos achegando ao verán... Se vos apetece, propóñovos este debuxo:
Podedes usar a técnica que prefirades.
Neste caso, trátase dun colage. Primeiro, usaron un papel marrón para a area. Noutro folio, pintaron o mar e racharon o papel por un lado para simular a escuma. No papel de fondo, pintaron con acuarelas o ceo. Nese folio, pegaron a area e a auga, coa escuma cara abaixo. A gaivota e as pedras foron debuxadas e coloreadas con ceras nun folio aparte. Despois recortáronse e pegáronse no debuxo final. Fixádevos que a gaivota está perfilada.
4. Enigma.
Cal é a clase de cada un?
Pistas:
Elena está en 5º. A súa aula está ao lado da aula da súa irmá Sara, que está en 6º.
Hasán está en 1º, na mesma planta que Julián, pero a súa aula non está ao lado da de Julián.
María está en 3º. A súa aula está na primeira planta.
Benito está na mesma planta que Elena.
O alumnado de 4º está na segunda planta.
O alumnado de 6º adoita escoitar aos de 2º que se atopan xusto debaixo del.
Hoxe daremos o toque final aos gregos. Leremos un par de páxinas para contestar ás preguntas que facíades algún de vós sobre a alimentación e déixovos que completedes o voso resumo, como fixestes cos exipcios, e que o decoredes e peguedes na línea do tempo. Mandádeme unha foto cando poidades!
Como xa vos imaxinades, poderíamos seguir traballando moito tempo sobre a Grecia Antiga. Hai moitísimos mitos e contos interesantes que non lemos. Se vos gusta o tema, invítovos a ler algún libro adaptado, hainos moi divertidos. En canto a nós, nalgún momento temos que parar!
Para rematar a Idade Antiga, faltaríanos traballar sobre os romanos, pero esgótasenos o tempo. Dádesvos conta que a semana que vén acaba o curso? Que rápido pasou todo! Así que vamos deixar os romanos para o vindeiro curso e estes últimos días que temos, ímolos adicar a repasar con máis tranquilidade, parécevos?
1. Ficha de cálculo do caderniño
2. Lectura do seguinte texto sacado do libro "La Grecia Clásica a tu alcance".
3. Facer o resumo para recortar, dobrar e pegar na línea do tempo, ao lado do sarcófago. (Tería que quedar un espazo para engadir o resumo dos romanos.)
Hoxe vamos rematar os contidos relacionados coa Grecia Antiga falando un pouco da lingua e doutros pequenos detalles que nos quedaban para completar a vosas preguntas.
Correccións
1. O Imperio de Alexandre Magno comprende as rexións de Grecia e Macedonia, Asia Menor, Exipto, Mesopotamia e o Imperio Persa.
2. Inicia a súa ruta en Pela (Grecia) e remata en Babilonia (Mesopotamia).
3. A conquista durou 11 anos.
4. Foi unha conquista moi rápida porque a extensión de terra que abarca é enorme.
5. Alexandre Magno fundou as cidades de Alexandría de Exipto, Alexandría Aria, Alexandrópolis, Alexandría Aracosia e Alexandría do Fin do Mundo.
6. Despois da morte de Alexandre Magno, o seu Imperio dividiuse entre os seus xenerais.
7. Os principais países que pertenceron ao imperio de Alexandre Magno son Grecia, Turquía, Irán, Afganistán, Paquistán, e parte de Siria, Libia, Israel e Exipto.
Para hoxe:
1. Ficha de cálculo do caderniño
2. Lengua castellana:
1) lengua y alfabeto
Según varios estudios, nuestro abecedario tiene su origen en el abecedario griego. De hecho, recordad que tenemos en nuestro abecedario una letra qe se llama "i griega". El abecedario griego se compone de 24 letras y todavía hoy se utiliza en Grecia y en muchas disciplinas estudiadas por los griegos antiguos como las matemáticas por ejemplo.
- Mira el vídeo del abecedario griego:
- A partir del vídeo, escribe el alfabeto griego en tu libreta.
- Investiga, ¿qué representa en matemáticas la letra griega llamada pi?
Muchas palabras españolas provienen del griego. En particular, usamos partículas griegas, es decir partes de una palabra como prefijos o sufijos. ¿Recuerdas lo que son? Hemos utilizado prefijos como des- (coser, descoser) o in- (acabado, inacabado) para formar antónimos.
Recordamos:
- ¿Crees que no sabes nada de griego? ¡Te equivocas! En el archivo siguiente, tienes algunas de las partículas de origen griego que usamos y seguro que conoces muchas de ellas. Completa la tabla como el ejemplo, con dos palabras de cada y escribe brevemente su significado.
2) Inventos
Cuando hemos estudiado el Antiguo Egipto, hemos visto varios inventos que todavía usamos hoy en día como la llave y la cerradura, o el cepillo de dientes. Los griegos también inventaron muchos artilugios, pero la mayor parte de su legado está en el conocimiento. Lo repasaremos con este vídeo:
- ¿Qué invento griego te parece más importante? Explica por qué.
3) La moda en la Antigua Grecia:
En este vídeo nos enseñan las ropas, peinados y complementos que llevaban los griegos. Aunque está bien explicado, es importante que tengáis en cuenta que las mujeres llevaban ropa larga y la de los hombres si era corta como en el vídeo.
¿Os apetece disfrazaros? Necesitáis una tela lisa, como una sábana pequeña o un mantel, y unos imperdibles o broches. También necesitaréis un cordón para hacer de cinturón, y los complementos que consideréis.
Si queréis salir en el blog, mandadme foto!
Hoxe falaremos de Alexandre Magno, o que conseguiu unir aos pobos gregos e extender o seu territorio. Pero o momento de gloria tamén supuxo o fin da cultura grega clásica...
Correccións
Los juegos olímpicos
Las primera olimpiadas se celebraron en el año 776 a.C. Su nombre se debe a que se jugaban en Olimpia, una polis griega, y se celebraban en honor a Zeus. Los juegos olímpicos ya se jugaban cada cuatro años.
Era un acontecimiento tan importante, que durante los 5 días que duraban se paraban todas las guerras. Al ganador, le entregaban una corono de olivo y se convertía en héroe. Estos juegos olímpicos dejaron de celebrarse en el año 393 a.C. porque los prohibieron los romanos.
El francés Pierre de Coubertin fue el que consiguió restablecer la celebración de los Juegos Olímpicos, adaptándolos a los timpoes. Los primeros juegos olímpicos modernos se celebraron de la ciudad de Atenas en el año 1896. Desde entonces, los juegos se vuelven a celebrar cada cuatro años, en ciudades de todo el mundo y transmiten valores olímpicos como el juego limpio, el respeto, la paz entre las naciones, ...
Los símbolos que representan los juegos olímpicos son:
-la antorcha olímpica
-los aros olímpicos
-el himno
-las mascotas olímpicas.
Para hoxe
1. Ficha de cálculo do caderniño
2. Ciencias sociais
- ver o vídeo sobre a vida de Alexandre Magno
- Ler o texto que vén a continuación (sacado de La Grecia Clásica a tu alcance, ed Espasa):
- Co aprendido e fixándote no mapa, contestar ás preguntas do arquivo seguinte:
Ao invadir tantos territorios novos, a cultura grega foi evolucionando e mesturándose coa cultura dos habitantes deses lugares. Creouse así unha nova cultura: a cultura helenísitica.
3. Ciencias da Natureza
Seguimos traballando e estudando os tipos de máquinas con fichas interactivas:
Antes de que me mandedes os vosos traballos de plástica de hoxe, vou acabar de expoñer os que me fostes mandando ao longo da semana. Estades feitos uns artistas, estou impresionada, noraboa a todos!
Martiño mandounos a súa maceta decorada con arte grega.
Tamén fun recibindo os vosos carros e carretas, verdadeiras obras de inxeñería (e arte)!
Adrián
Carla
Dani
Gael
Jorge
Martina
Noemy
Pablo
Saray
Penso que non esquecín a ninguén, pero se se me pasou algo por alto, avisádeme.