Segunda proposta: Debuxar un cabalo de Troia. Neste esquema tendes o debuxo en varias etapas, se vos fixades, está composto por formas sencillas de debuxar.
Terceira proposta: Fabrica unha catapulta.
E rematamos cunha curiosidade:
Sabedes o que é un maratón? Na Grecia Antiga, Maratón era unha polis pero, por que unha carreira de 42km leva o seu nome? E por que precisamente 42km?
e con dúas imaxes. A ver se pescudades de que se trata:
Lingua galega
O autor da Ilíada e da Odisea foi Homero. Pouco se sabe del, pero según a tradición, era invidente.
Ulises e Polifemo
1. O pobo que vive na illa é o dos Cíclopes.
2. Ulises leva viño.
3. Deciden quedarse porque Ulises ten curiosidade e quere ver ao cíclope.
4. Decide non matar ao cíclope porque se o matan quedarán atrapados na cova xa que non teñen forza suficiente para mover a roca que tapa a saída.
5. Ulises ofrécelle viño ao cíclope para que durma.
6. Ulises di que se chama "Ninguén".
7. Os veciños do cíclope non lle axudan porque, como berra que "Ninguén" o está matando, pensan que perde a razón.
8.
comer-devorar gruta-cova. accederon-entraron. oír-escoitar. gritos-berros
9.
Sustantivos Propios: Ulises, Cíclopes
Comúns masculinos: homes, país, xigantes, ollo
Comúns femininos: viaxe, volta, casa,
10. Nesta imaxe vemos como Ulises, axudado por outro home, lle crava a estaca no ollo ao cíclope. Tamén aparece unha cunca que seguramente é o viño que Ulises lle deu para que durmira.
Lengua Castellana: Ulises y las sirenas
1) Las sirenas eran mujeres con cuerpo de pez, pero también había creecias de sirenas con cuerpo de ave.
2) Vivían en la isla de Artemisa.
3) Cantaban para atraer a los marineros, raptarlos y devorarlos.
4) Ulises consiguió que sus compañeros no escucharan los cantos de las sirenas tapándoles los oídos con cera.
5) Les pidió que lo ataran al mástil del barco y que no lo desataran pasara lo que pasara.
6) En esta ilustración vemos a tres sirenas con cuerpo de ave acercándose al barco de Ulises. Ulises está atado al mástil y el resto de los marineros está remando menos el que lleva el timón.
Ciencias da natureza
1) A roda dunha polea evita o roce e que se desgaste a corda.
2) Cando tiramos cara abaixo, o noso propio peso axúdanos polo que é máis fácil que levantar un peso a pulso.
3) Al poleas móbiles permiten facer menos forza porque soportan parte do peso do obxecto que queremos elevar.
4) Cunha polea móbil dividimos o peso entre dous: para levantar un peso de 30kg temos que facer unha forza de 15kg.
Cando dicimos que algo é unha odisea, é que é algo moi largo e difícil. Recordade que Ulises tarda 10 anos en facer a súa viaxe!
Para hoxe:
1. Ficha do caderniño de cálulo
2. Lengua castellana: los Juegos Olímpicos
- A continuación, tenéis dos documentos que hablan de los juegos olímpicos en la Antigua Grecia. Estos documentos se llaman infografías. Son archivos que combinan imágenes con información en forma de texto para construir una especie de esquema. Leed los dos. (Podéis clicar en las imágenes para agrandarlas.)
- Para completar la información de estas infografías, mirad el siguiente vídeo:
- Con lo que acabas de aprender y un poco que investigues, completa la siguiente tabla que compara los juegos olímpicos de hoy y los de la Antigua Grecia.
- Contesta en la libreta: ¿qué deporte añadirías a las olimpiadas griegas? Escribe su nombre, sus principales normas y haz un dibujo. Puedes intentar hacer una infografía. (Mándame tu trabajo, por favor.)
3. Matemáticas
Haz las fichas interactivas que vienen a continuación. Cada unha que remates, pulsa abaixo donde pon "terminar" e despois "comprobar soluciones". Que nota sacaches?
Onte, había que deducir que cando dicimos que algo é un cabalo de Troia, significa que é unha trampa, algo que parece atractivo pero que despois resulta ser maligno. O mesmo pasa cun troiano informático. Como ben dicía Pablo, é un programa que instalas pensando que vai ser útil, pero adoita traer algún virus informático.
Lengua catellana
1) Aquiles murió de una flecha en el talón.
2) Era la única parte de su cuerpo que su madre no había submergido en la laguna máquica.
3) El talón de Aquiles es el punto débil de una persona.
Ciencias da Natureza
1. O punto da apoio está na roda.
2. Para fabricar o eixe da roda usamos unha palliña no caso do carro e un lapis no caso da carreta. (Segundo o que fixestes o collestes de referencia.)
3. É máis cómodo levar a carga canto máis cerca do punto de apoio, é dicir, canto máis cerca das rodas.
E agora... Vamos coa Odisea
1. Ficha do caderniño de cálculo
2. Ficha de matmáticas "de Grecia" (Perdoade a calidade, non fun quen de mellorala.)
As contas que hai que resolver son estas:
Volvede a ver o vídeo de onte, pero fixándovos no contido a partir do minuto 2:53
- Contesta na libreta: Quen foi o autor da Ilíada e da Odisea? Que sabemos sobre el?
A Odisea é un poema de 12.110 versos que conta as aventuras de Ulises (ou Odiseo como aparece nalgúns escritos) despois da Guerra de Troia. É dicir, que conta a viaxe de volta de Ulises a súa casa, a illa de Itaca. Alí espérano a súa muller, Penélope, e o seu fillo Telémaco. Recordemos que a guerra de Troia durou 10 anos e Ulises tarda outros 10 anos en volver a casa. Iso é unha larga espera!
Ao longo da viaxe, Ulises vive numerosas aventuras nas que percorre o mar Mediterráneo do seguinte xeito:
Xa vedes que Troia e Itaca non están tan lonxe, pero os deuses non permitiron que Ulises chegara sen máis a casa.
A continuación, imos ver as dúas aventuras máis famosas da viaxe de Ulises: o cíclope e as sereas.
- Comprensión lectora: Ulises e Polifemo
4. Lengua Castellana: Ulises y las sirenas
- Escuchamos el cuento que viene a continuación:
- Contestamos en la libreta:
1) ¿Cómo se cree que eran las sirenas?
2) ¿En dónde vivían?
3) ¿Para qué cantaban las sirenas?
4) ¿Cómo consiguió Ulises que sus compañeros no escucharan los cantos?
5) ¿Qué les pidió que hicieran con él?
6) ¿Qué vemos en esta ilustración de cerámica griega?
5. Ciencias da Natureza
- Mirade o vídeo seguinte. Podedes velo ata o final se vos interesa, pero a parte que nos interesa a todos dura ata o minuto 6:05.
Contestade a estas preguntas na libreta: 1) Por que é necesaria a roda na polea? 2) Por que é máis doado tirar cara abaixo que levantar un peso? 3) Por que son máis útiles as poleas móbiles? 4) Canta forza tes que facer cunha polea móbil para levantar 30 kg de peso?
Bueno, e agora que sabedes o que é a Odisea, que pensades que queremos dicir cando, falando de facer algo, dicimos que é toda unha odisea? Se queredes coñecer todas as aventuras de Ulises (pero non ler os 12.110 versos de Homero), tendes este debuxo animado que é bastante fiel á versión inicial. Se vos animades a velo, espero que vos guste.
Agora que xa sabedes moito sobre os deuses gregos, vamos a pasar a falar de dúas obras moi importantes da literatura grega, que narran a historia de heroes, seres mitolóxicos e deuses: a Ilíada e a Odisea.
Hoxe falaremos da Ilíada. Quizais non vos sone a nome da obra, pero con este debuxo, seguro que xa sabedes máis ou menos de que vamos a falar:
("Norton! Mcafee! Como non vos destes conta de que esto era unha trampa? Sodes os dous uns inútiles, sabíadelo?")
Correccións de onte
Lingua Galega
Por orden na ficha temos:
1. Zeus, deus dos deuses 2. Atenea deusa da sabedoría e da guerra 3. Dionisio, deus do teatro, da vid e das celebracións 4. Demetra, deusa da agricultura e das colleitas
5. Hades, deus do reino dos mortos 6. Hefesto, deus do lume e do metal 7. Hera, deusa da familia e do matrimonio 8. Hermes, deus dos viaxeiros, do comercio e dos ladróns
9. Afrodita, deusa do amor e da beleza 10. Apolo, deus das artes e da beleza 11. Ares, deus da Guerra
12. Artemisa, deusa da natureza, da pureza e da caza
13. Poseidón, deus do mar, dos ventos e das tempestades 14 Perséfone, diosa do mundo dos mortos
Ciencias da natureza
1) Os planos inclinados serven para subir obxectos pesados con menos esforzo.
2) Unha cuña é un pequeno plano inclinado que ten moitos usos. Por expemlo, serve para calzar ou reter un corpo sólido e para fendelo.
3) A cuña úsase en hachas, arados, abrelatas, tesoiras ...
Para hoxe...
1. Ficha do caderniño de cálculo.
2. Lingua Galega e Ciencias Sociais: a Ilíada
- Mira os seguintes vídeos:
- Agora que xa coñeces a historia da Guerra de Troia, escríbeme un resume! Primeiro, terás que ordenar as imaxe, e despois poderás axudarte delas para escribir o resumo. (Mándame o teu traballo.)
- Contesta na libreta ou nos comentarios: Na actualidade, a que nos referimos cando dicimos que algo é un cabalo de Troia? e un troiano informático?
3. Lengua Castellana: El talón de Aquiles
Aquiles era un semidios, un guerrero extraordinario, que falleció en la Guerra de Troya.
Mira el vídeo de su historia y contesta a las preguntas en la libreta con oraciones completas.
1) ¿Cómo murió Aquiles?
2) ¿Por qué?
3) ¿Qué es el talón de Aquiles de una persona?
4) ¿Cuál es tu talón de Aquiles? (Puedes comentarlo en los comentarios del blog o mandarme la respuesta al correo.)
4. Ciencias da Natureza: As pancas
- Comezaremos mirando os seguintes vídeos:
- Na libreta debuxa unha panca e as súas partes.
- Colle o libro, na páxina 102. Nesta páxina, propóñenvos que fagades unha carreta, que é unha panca. En lugar da carreta, e seguinto o mesmo patrón, podedes facer un carro grego como o da imaxe.
Para iso, necesitaredes unha esquina dunha caixa de cereais ou galletas, unha palliña para o eixe, dous tapóns para as rodas cun burato no medio para pasar a palliña e un anaco de cartón duro para facer a base. Decorade como queirades e contestade ás preguntas 1, 2 e 3 do libro.
Sabedes para que utilizaban os gregos estes carros?
Estiven recibindo as vosas obras de arte e ben merecen unha entrada aparte!
Os que queiran aportar os seus traballo, por suposto, están a tempo.
Polo de agora, temos que felicitar a Carla, Jorge, Gael, Dani, Eze, Pablo e Martina. Bo traballo!
xa estamos en xuño, ánimo que falta pouco para o verán!
Hoxe falaremos dos deuses gregos. Xa veredes que non teñen nada que ver cos exipcios. Comentade que diferencias vedes, cales vos gustan máis e por que.
Os deuses eran moi importantes para os gregos e eran os protagonistas de numerosos mitos que aínda hoxe en día están presentes na nosa linguaxe e nos nosos libros. Por exemplo, sabedes o que é ser un apolo?
Correccións do venres
Matemáticas:
Saber Hacer
1.
El cohete está formado por un cono y un cilindro.
La torre está formada por un prisma y una pirámide.
2. Respuesta libre. Por ejemplo:
Árbol con un cilindro el tronco y una esfera la copa.
Autocar con un prisma.
3. Respuesta libre. Por ejemplo: un dado, una banqueta, un expositor.
Repaso
1.
15
462
1.930
2.
125cm Silvia
139 cm Jorge
150 cm Sergio
Ciencias da Natureza, Páx. 99
3. a. polea. b. panca
4. No bambán, o punto de apoio é o centro, a carga é o neno que está embaixo e a forza é o neno que está enriba. Cando o bambán cambie de posición, o neno que agora está embaixo estará arriba e pasará a ser forza; o neno que agora está arriba estará embaixo e pasará a ser carga.
Para hoxe:
1. Ficha de cálculo do caderniño
2. Lingua Galega
- ver o vídeo sobre os deuses gregos:
- Ler o texto e facer os exercicios que veñen a continuación.
3. Ciencias da Natureza
Seguimos traballando coas máquinas simples, que, recordamos, estudou Arquímedes. Hoxe, repasaremos e traballaremos o plano inclinado en particular. Para iso, veremos este vídeo e contestamos ás preguntas que veñen a continuación:
Agora, contesta na libreta:
1) Para que serven os planos inclinados?
2) Que é unha cuña? Para que serve?
3) En que máquinas se usa a cuña segundo o vídeo?
Repasamos as máquinas simples con estes pequenos cuestionarios. Fixádevos ben que son curtiños.
Último día de clase antes de comezar o mes de xuño. Ánimo que estamos na recta final!!!
Hoxe, seguiremos cos traballos de Arquímedes. Como xa sabedes, estudou as máquinas simples pero, sabedes o que son as máquinas simples? Hoxe vámolo a descubrir.
Unha frase famosa que se lle atribúe a Arquímedes (aparte de "Eureka!" correndo espido polas rúas de Siracusa) é a seguinte:
"Dádeme un punto de apoio e moverei o mundo."
Que vos parece?
Correccións do xoves:
Esparta
1) Si un niño nacía con alguna discapacidad o enfermedad lo abandonaban en el monte.
2) Los espartanos tenía que luchar desde los 20 hasta los 60 años
3) Un hoplita llevaba una espada corta, una lanza de dos metros, un casco y un escudo.
Experimento
No experimento de flotabilidade, había que chegar á conclusión de que a plastilina en forma de barco, aínda que ten o mesmo peso que a bóla, despraza máis líquido e por esa razón recibe máis forza de empuxe da auga. Así, consegue flotar como o fan os barcos a pesar de que poidan chegar a pesar toneladas. Neste vídeo, explícano bastante ben:
Matemáticas:
4.
Un prisma de 6 caras
Tiene 2 bases y 4 caras laterales. El polígono de sus bases es un cuadrado.
Una pirámide de 4 caras tiene una base y tres caras laterales. El polígono de su base es un triángulo.
5.
Tiene 6 caras. Sí, son todas iguales. Sus caras tienen forma de cuadrado. Este prisma se llama cubo.
6. Puedo formar un cuo con la primera y la última figura.
7. Había que colorear de rojo los dos triángulos y de azul los rectángulos.
Se puede formar un prisma porque tiene dos bases.
Ficha 3
1. Por orden tenemos:
en la primera línea cilindro (rojo), cono (azul), cilindro (rojo)
en la segunda línea cono (azul), esfera (amarillo), esfera (amarillo).
2.
cilindro: cono:
base base
superficie curva superficie curva
vértice
3.
Esfera: No tiene bases.
No tiene vértices.
Tiene una superficie curva.
Cilindro: Tiene dos bases circulares.
Tiene dos aristas.
Tiene una superficie curva.
Cono: Tiene una base circular.
Tiene un vértice.
Tiene una superficie curva.
4. Esfera: por ejemplo pelota, bombilla, bola de billar, ...
Cilindro: maceta, lata, ...
Cono: cucurucho de helado, cono de una obra, ...
5. Tiene dos bases. Sus bases son círculos. Es un cilindro. Con el rectángulo se forma la superficie curva.
6. Se ven igual desde arriba el cilindro y la esfera.
El vértice del cono se ve como un punto desde arriba.
7. Al mirar la esfera veo un círculo.
Al mirar el cilindro veo un rectángulo.
Al mirar el cono veo un triángulo.
Agora vamos a polo venres!
1. Matemáticas
Rematamos as fichas de onte.
2. Ciencias da natureza
Arquímedes tamén estudou as máquinas simples, pero que son as máquinas?
Son aparatos que nos axudan a realizar os traballos con menos esforzo.
- Ver o vídeo:
- Ler no libro de Ciencias da Natureza páxina 96, 98 e 99.
- Facer exercicios 3 e 4 da páxina 99 na libreta.
- Completar o esquema da seguinte ficha e pegalo na libreta. Podes indicar o nome das tres partes da panca no esquema?
- Agora, propóñovos unha pequena actividade práctica sobre as poleas, a ver se temos máis éxito que coa actividade do Partenón... (😱😱😱😱 Acabo de ver que o corrector fixo das súas... donde pon "maís" é "máis"!!! Estorba a vista 🙈🙈)
3. Plástica.
Apetécevos algo de arte grego?
En arte, os gregos destacaron en arquitectura, en escultura e en decoración de cerámica. Esta última é pola que nos vamos a interesar hoxe. Houbo varios periodos pero dous estilos destacaron: as figuras negras e as figuras vermellas.
No primeiro caso, os artistas utilizaban a cor da cerámica, un laraxa case vermello, e pintaban figuras negras. No segundo caso, pintaban o recipiente de negro, menos as figuras que deixaban da cor da cerámica. Mirade que resultados tan bonitos:
Observade que hai partes pintadas completamente e outras decoradas en forma de cenefas xeométricas. As formas da cerámica en sí dependían do uso que se lles daba e as figuras humanas adoitaban representar a vida dos deuses, escenas de guerra ou atletas.
Xa vos imaxinades que vamos facer algo desto...
Propóñovos varias opcións, segundo o material do que dispoñades.
Opción 1: Se tendes barro e vos apetece, facede a forma, esperade a que seque e a pintar! Neste caso, ademáis do material, tendes que ter paciencia para que seque.
Opción 2: Se tendes unha maceta e pintura negra ou rotuladores negros que pinten na cerámica, adiante!
Opción 3: Se tendes unha cartolina e pinturas ou rotuladores, debuxade o recipiente, a decoración, e a pintar!
Opción 4: O mesmo pero en folio.
Opción 5: Se non o vedes pero queredes facelo igual, aquí tendes unha ficha con patróns para seguir:
Para calquera das opcións (excepto a última), tendes este esquema para seguir.
Necesitades un dado.
Na primeira tirada decídese a forma do voso recipiente (salvo que usedes unha maceta). Na segunda tirada, a cenefa inferior, despois a cenefa superior, e nas seguintes tiradas sairán tres debuxos distintos de deportistas para a franxa do medio. Na parte de abaixo do debuxo tendes un exemplo.
Espero unha foto das vosas obras!
Pasade un feliz fin de semana e disfrutade que vai quentar o sol!
Bicos