stars

domingo, 22 de marzo de 2020

Traballo para o luns 23 de marzo

Ola a todos!!!




Comenzamos unha nova semana, como ides? Espero que estedes animados e con forza para afrontar este luns. Ánimo, aló vamos!! 💪💪💪

Para hoxe, tendes programadas as seguintes tarefas: 

1. Ficha de cálculo do caderniño

2. Matemáticas: páx. 92, ex. 1, 4, 5

3. Lengua castellana: pág. 128-129, ej. 2, 3, 4, 5

4. Ciencias sociais: páx. 75, ex. 24, 25

Tamén vos quero propor unha tarefa nova: trátase de que gravedes un vídeo duns segundos no que vos presentedes e nos digades unha actividade que vos guste facer cando estades na casa. Non se trata de que saiades vós: prefiro que usedes un boneco, unha marioneta ou un obxecto calquera para sustituirvos, iso si, a voz debe ser a vosa. Ao final, remataredes dicindo "Eu quedo na casa.".  
Cando me teñades mandado as vosas gravacións, farei un vídeo entre todos e colgareino para que o vexades. Será unha forma de "estar xuntos" e de compartir ideas para pasar o tempo nestes días. Ademáis, sumarémonos á campaña "Eu quedo na casa." que é o único que podemos facer para non contaxiarnos.

Apuntádesvos? Pois ben, aquí as instrucións:

1. Preparade un guion en galego do que ides dicir: primeiro a presentación, despois o que vos gusta facer e, finalmente, o lema "Eu quedo na casa" que podedes entonar de moitas formas distintas. Practicade a entonación, o volumen e a vocalización. Débese entender perfectamente o que dicides.

2. Parte artística: pensade en que lugar ides gravar e que obxectos van aparecer. Que obxecto vos vai a representar? Como o ides a colocar? Dende donde gravaredes?

3. Cámara, acción!!! Gravade e mandádeme o vídeo. Tendes ata o mércores, agardo os vosos traballos!

Queredes un exemplo? Aquí vos vai:


Ademáis, estes días emitiranse uns programas especiais para compensar a pérdida de clases presenciais. Se vos apetece velos, para a vosa idade sería todos os días en ClanTV de 10h a 11h.





mércores, 18 de marzo de 2020

Traballo para a ponte de San Xosé

Bo día!!!!!!

Xa chegamos ao xoves e ata o luns, non volvo a poñervos máis traballo.

Par comenzar, como estes últimos días, hai que correxir o traballo de onte.

Corrección de lengua página 124

1. En el cuento aparecen una familia de ratones, el conserje y su esposa, la reina Ariola, Tal de Cocorofual, el presidente del país, el alcalde, el director del auditorio y los siete ratones de la orquesta.

2. El hermano mayor de los ratones se dio cuenta de que a todos les gustaba mucho la música.

3. La música de los ratones era extraña pero hacía que la gente se pusiera de buen humor y no parara de reírse.

4. -Hubo un gran revuelo en la ciudad porque venía de visita la reina Ariola, la jefa de Estado del país vecino.
   - Iba a celebrarse un concierto de gala en su honor.
   - La orquesta estaba en un atasco.
   - El director del auditorio le dijo al conserje que era responsable de que la orquesta llegase puntual.
   - El conserje solucionó el problema porque fue a buscar a los ratones para que tocaran. 

5. La viñeta que corresponde al cuento es la B porque los ratones están vestidos con sus fracs negros.

6. Después de esa escena, los espectadores sintieron una extraña alegría.


E agora, tendes ata o luns para realizar estas dúas tarefas:

1. Facer as dúas fichas de cálculo que tiñamos marcadas para estes días.

2. Rematar o libro "El club de los Raros". Despois, faládenos do libro nos comentarios. Podedes comentar por exemplo algunha destas cuestións: 

- O libro comeza coa oración "Hugo se sentía raro." e remata coa oración "Había aprendido a reírse de sí mismo." Esto indica que Hugo cambiou moito ao longo desta historia. En que pensas que cambiou?

- Agora que remataches o libro, con que te quedas desta historia? Cal é a parte que máis che gustou ou o que máis che chamou a atención?

- Como pensas que vai a ser a partir de agora o ambiente na clase de Hugo?



Disfrutade destes días e pasádeo ben!!!!

martes, 17 de marzo de 2020

Traballo para o mércores 18 de marzo

Bo día!!!!
Que tal o levades?


Veña, ánimo! Non fagades coma Felipe! (o neno das viñetas)

Comenzamos correxindo o traballo de onte:


      Sociais páxina 73

              19. Oficios relacionados coa natureza, por exemplo: agricultor, gandeiro, pastor, apicultor,
                    hortelán, xardineiro, pescador, mineiro, ...
              20. Relaciona.
                    a)3   b)2    c)1



E agora, o traballo de hoxe:

1. Ficha de cálculo do caderniño.

2. Lengua castellana, lectura página 122-123 y página 124 ejercicios 1, 2, 3, 4, 5 y 6

3. Sabedes que día é mañán? É o Día do Pai, así que se vos apetece ter algún detalle cos papás ou con esa persona que sempre está aí para vós (avó, tío, padriño, padrastro, ou incluso a esa mamá que fai de nai e de pai) aquí tendes unha idea para a que solo necesitades un folio cadrado e seguir as instrucións do vídeo.
Adiante, e mandádeme unha foto dos vosos traballos, seguro que saen preciosos!


Primeiro, se non tendes folio cadrado, collede un rectangular e seguide estes pasos para conseguir a forma cadrada:
E agora, vamos co vídeo! Colocade o folio igual que nas imaxes e poñede en pausa despois de cada paso para que vos dé tempo a facelo.

luns, 16 de marzo de 2020

Traballo para o martes 17 de marzo

Bo día chicos!!!!

Hoxe toca comenzar correxindo o traballo de onte.

Exercicios de matemáticas:

Páx. 90:


Lengua Castellana: 


Que tal che foi? Parecéronche difíciles?

Agora que xa tes correxido o traballo de onte, quédache realizar as tarefas para o día de hoxe (martes 17 de marzo).

1. Ficha de cálculo.

2. Matemáticas, página 90-91 ejercicios 3, 4, 5 con enunciados y 7, 8, 9, sin enunciados.

3. Ciencias Sociais: páxina 73 exercicios 19, 20 (Se non tes a libreta na casa, podes facer estes exercicios nun folio, ou na libreta de matemáticas, empezando polo final.)

4. Lectura do libro "El club de los raros" capítulo 15. Despois, comenta neste blog, en "comentarios", quen che parece que ten razón? Hugo que quere aceptar a todos no club ou aos que din que os que non teñen "defectos" non deberían ser membros? Por que?


Para rematar hoxe, un pequeno recordatorio: nestes momentos, é moi importante lavarse as mans con frecuencia, e lavalas ben. ¿Sabes lavar as mans correctamente? No seguinte vídeo, amósannos como facelo.





domingo, 15 de marzo de 2020

Traballo para o luns 16 de marzo

Bo día a todos!

A partir de hoxe, e mentres teñamos que quedar na casa, ireivos poñendo cada día o traballo que tendes que facer. Tamén vos poñerei aquí algún enlace e as correccións dos exercicios ao día seguinte.
Confío e que todos o fagades moi ben, ánimo!

1. Ficha de cálculo do caderniño
2. Lengua castellana, ejercicios página 119
3. Matemáticas, página 89 ejercicios 5, 6, 7 y 8. (Non esquezades facer a tabla ou a escaleira nos exercicios 5 e 6!)

Como podedes ver, estos son os exercicios que vos mandei apuntar o xoves. Quizais algúns xa os fixeron o venres, pero se non é o caso, hai que facelos hoxe, luns. Se xa o fixestes todo, tócavos repasar tablas. Para axudarvos, tendes xogos en línea AQUÍ.

Adiante!

E non esquezades:


sábado, 3 de novembro de 2018

Samaín e Magosto

Cada vez nos gusta máis o Samaín!!! Tanto nenos como maiores disfrutamos moito desta festa, e este ano por encima, xuntámolo coas castañas do Magosto así que que máis se pode pedir?

A principios de semana, os nosos compañeiros de secundaria contáronnos contos de medo na biblioteca do instituto.


Coma sempre, tanto os nenos como as familias amosastes moita maña e creatividade á hora de decorar cabazas e vasoiras. Ademáis daba gusto ver a todos os nenos con disfraces espeluznantes. Abofé que temos unha clase ben festeira e animada. Noraboa!




O mércores, rematamos a festa con conxuros para que predominen os valores, con castañas o con foliada. As pandereteiras e a regueifeira Lupe Blanco amenizaron a festa. A elas tamén se uniron  o noso profesor de música Miguel coa súa gaita e Carlos, o noso director, co bombo. A nós, tocounos aplaudir, bailar e pasalo ben.



Cogomelos...

Seguro que xa vos contaron os nenos que estabamos facendo algo sobre cogomelos... 
Este ano, o tema de Voz Natura son os montes galegos e ocorriusenos profundizar algo sobre os cogomelos. Os rapaces apuntáronse con moito entusiasmo e moitos xa nos trouxeron o que foron atopando nos seus paseos. Esperamos poder facer algún traballo sobre o tema e preparar unha exposición así que seguimos interesados no que poidades aportar sobre o tema.

Para comenzar, tivemos a sorte de contar cunha charla e demostración da "profe" Luisa que entende moito de micoloxía. Tróuxonos algún cogomelo e explicounos como había que recollelos e cales eran os instrumentos necesarios para facelo. Xa vedes nas caras dos nenos que estaban absortos e en ocasións, moi sorprendidos.