stars

domingo, 22 de marzo de 2020

Traballo para o luns 23 de marzo

Ola a todos!!!




Comenzamos unha nova semana, como ides? Espero que estedes animados e con forza para afrontar este luns. Ánimo, aló vamos!! 💪💪💪

Para hoxe, tendes programadas as seguintes tarefas: 

1. Ficha de cálculo do caderniño

2. Matemáticas: páx. 92, ex. 1, 4, 5

3. Lengua castellana: pág. 128-129, ej. 2, 3, 4, 5

4. Ciencias sociais: páx. 75, ex. 24, 25

Tamén vos quero propor unha tarefa nova: trátase de que gravedes un vídeo duns segundos no que vos presentedes e nos digades unha actividade que vos guste facer cando estades na casa. Non se trata de que saiades vós: prefiro que usedes un boneco, unha marioneta ou un obxecto calquera para sustituirvos, iso si, a voz debe ser a vosa. Ao final, remataredes dicindo "Eu quedo na casa.".  
Cando me teñades mandado as vosas gravacións, farei un vídeo entre todos e colgareino para que o vexades. Será unha forma de "estar xuntos" e de compartir ideas para pasar o tempo nestes días. Ademáis, sumarémonos á campaña "Eu quedo na casa." que é o único que podemos facer para non contaxiarnos.

Apuntádesvos? Pois ben, aquí as instrucións:

1. Preparade un guion en galego do que ides dicir: primeiro a presentación, despois o que vos gusta facer e, finalmente, o lema "Eu quedo na casa" que podedes entonar de moitas formas distintas. Practicade a entonación, o volumen e a vocalización. Débese entender perfectamente o que dicides.

2. Parte artística: pensade en que lugar ides gravar e que obxectos van aparecer. Que obxecto vos vai a representar? Como o ides a colocar? Dende donde gravaredes?

3. Cámara, acción!!! Gravade e mandádeme o vídeo. Tendes ata o mércores, agardo os vosos traballos!

Queredes un exemplo? Aquí vos vai:


Ademáis, estes días emitiranse uns programas especiais para compensar a pérdida de clases presenciais. Se vos apetece velos, para a vosa idade sería todos os días en ClanTV de 10h a 11h.





Ningún comentario:

Publicar un comentario