stars

xoves, 26 de marzo de 2020

Traballo para o venres 27 de marzo


Xa é venres!!!




E aínda que non estamos para festas, está ben que veña o fin de semana, e xa vamos pola metade desta particular situación, ánimo!

Comezamos o día correxindo, coma sempre: 

Lingua, páx. 116-117


1. 
A avoa preparaba manteigadas na cociña.
Marcos ensaiaba co seu grupo de música.
A nai traballaba co ordenador no despacho. 
Sara miraba os debuxos da televisión.

2. Cando Sara soubo que a persoa que tocaba o timbre era Carlos, o veciño, pensou que viña a queixarse polo ruído que facían Marcos e os seus amigos, pero en realidade o que quería era comentar con súa nai que suspenderan as festas.

3. 
Quen o pregunta? Sara
A quen llo pregunta? Ao seu irmán Marcos.
Por que llo pregunta? Porque oíu que as festas do barrio se suspenderan por culpa da crise.

4. 
Que problema ten a veciñanza?
A. O concello suspendeu as festas por falta de diñeiro.
Como se soluciona o problema?
B. Cada veciño contribúe co que sabe facer e entre todos organizan unha festa magnífica.

5. Para organizar a festa, os veciños fixeron piñatas, carreiras de sacos, xogos populares e bailaron coa actuación musical do grupo Os Tronos.

7. A nai estaba moi concentrada mirando a pantalla do ordenador.

8. Que batería tocaba Marcos? B.

9. Suspenderon as festas do barrio. Deixaron de celebralas temporalmente.

Matemáticas, ficha





E para hoxe...


1. Ficha do caderniño de matemáticas.

2. Lengua castellana, página 140-141, ejercicios 1, 2, 3, 4, 5

3. Sociais páxina 77, exercicios 32, 33, 35, 37 e 38

4. Plástica. Xa que comezou a primavera e que non poidemos ver o crecemento dos cágados que nos ía traer Dani, propóñovos facer esta rá. Animádesvos?



Necesitaredes imprimir a seguinte plantilla (ou se preferides, podedes debuxala), dúas cartolinas (ou papel se non tendes), unha regra, tesoiras e pegamento.




E aquí están as instrucións:

A) Recorta a plantilla e pásaa ao papel ou catolina definitivo. Recorta todas as partes.

B) Decora a ra(non esquezas os ollos)  e a folla segundo prefiras (con colores, pegatinas, recortes de papel, purpurina, ...).


C) Coas dúas tiras de papel, forma o soporte para a ra en forma de muelle como se ve na fotografía:

         1. Pega as duas tiras formando unha L maiúscula.
         2. Dobla a tira de abaixo por riba da superior. Volve coller a tira que agora quedou debaixo e dóblaa por encima, formando un muelle. Unha vez toca doblar unha tira e a seguinte vez a outra, pero sempre a figura ten que parecer unha L maiúscula. Segue ata rematar a tira e pega tamén ese extremo para que non se desfaga o muelle.




D) Pega un extremo do muelle ao nenúfar, e o outro extremo á parte inferior da ra.




E) Enrola a tira da lingua arredor dun lapis. Quita o lapis e pega a lingua por debaixo da ra.




Et voilà!!!! Mandade foto os que vos animades 😉


Finalmente, un enigma. Este é algo diferente, a ver que vos parece. Comenza a partir do minuto 1:40 deste vídeo.


Unha pista: os personaxes escoitan o que din os seus compañeiros. Hai que poñerse no lugar de cada un deles e pensar no que ven e no que deducen do que escoitan.

1 comentario: