stars

martes, 17 de marzo de 2020

Traballo para o mércores 18 de marzo

Bo día!!!!
Que tal o levades?


Veña, ánimo! Non fagades coma Felipe! (o neno das viñetas)

Comenzamos correxindo o traballo de onte:


      Sociais páxina 73

              19. Oficios relacionados coa natureza, por exemplo: agricultor, gandeiro, pastor, apicultor,
                    hortelán, xardineiro, pescador, mineiro, ...
              20. Relaciona.
                    a)3   b)2    c)1



E agora, o traballo de hoxe:

1. Ficha de cálculo do caderniño.

2. Lengua castellana, lectura página 122-123 y página 124 ejercicios 1, 2, 3, 4, 5 y 6

3. Sabedes que día é mañán? É o Día do Pai, así que se vos apetece ter algún detalle cos papás ou con esa persona que sempre está aí para vós (avó, tío, padriño, padrastro, ou incluso a esa mamá que fai de nai e de pai) aquí tendes unha idea para a que solo necesitades un folio cadrado e seguir as instrucións do vídeo.
Adiante, e mandádeme unha foto dos vosos traballos, seguro que saen preciosos!


Primeiro, se non tendes folio cadrado, collede un rectangular e seguide estes pasos para conseguir a forma cadrada:
E agora, vamos co vídeo! Colocade o folio igual que nas imaxes e poñede en pausa despois de cada paso para que vos dé tempo a facelo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario