stars

xoves, 29 de outubro de 2020

Un pouco de informática...

Boa tarde! 

A continuación, tendes unhas fichas interactivas para traballar na aula e, se o desexades, para seguir practicando na casa. 

Comezaremos repasando algún contido dos que vimos na última sesión de TICs:








Agora, seguiremos con dactilografía. Sabedes o que é? É a técnica necesaria para escribir nun teclado ou unha máquina. Non, non val usar so os dedos índices, hai que teclear sen mirar e cos dez dedos. Si, calquera pode aprender. É cuestión de paciencia e de práctica. Ánimo, seguro que nunhas semanas conseguiredes teclear como verdadeiros profesionais!

Comezaremos seguindo as leccións da seguinte páxina web. Tomádeo en serio e, moi importante, colocade ben os dedos. Escoitade as explicacións e seguide os pasos para completar os exercicios.  Primeiro pinchade no seguinte enlace:  https://www.typingclub.com/ . Na parte superior dereita, pulsade "language" e elexide español. A continuación, clicade en Empezar. Se queredes que a páxina vos garde os vosos progresos, tendes que crear un perfil, é rápido e sinxelo pero para iso necesitades un correo electrónico. Se non creades perfil, cada vez que accedades teredes que empezar dende cero.

Para rematar a sesión de hoxe, déixovos un pequeno xogo para seguir practicando, cun ambiente moi acorde ao que estamos a piques de celebrar: 

xoves, 18 de xuño de 2020

Rematamos o curso!

Ola!!!!

Este curso remata aquí. Espero que o disfrutárades a pesar de todo e que o curso que vén sexa menos atípico. 

A continuación, un vídeo que quedou pendente. Espero que vos guste.



Felicidades por todo o traballo que levastes a cabo neste curso e por todo o que aprendestes. Gracias por participar e por animarnos a todos coas vosas mensaxes e cos vosos comentarios. Moitas gracias tamén ás vosas familias por estar sempre aí botando unha man e apuntarse a todo a pesar das dificultades e da situación de cada un. 

Descansade durante o verán, disfrutade e pasádeo ben. (Ai si, e tamén, lede...😉) En setembro vémonos coas pilas cargadas e espero que con moitas ideas e moitas ganas de aprender. O que si é seguro é que será con moitas ganas de verse e de estar xuntos.

Unha aperta ben grande a todos vós! 💙


mércores, 17 de xuño de 2020

Actividade para o xoves 18 de xuño

Olaaaaaaa!!!!!

Que tal vos está resultando este fin de curso?

Hoxe vamos a recompensar a esos pais e nais, avós, irmáns, ... que vos estiveron axudando cos deberes e ides prepararlles a merenda ou a sobremesa. 

Sabedes o que é un mug cake? Mug é cunca en inglés e cake é biscoito. Así que un mug cake vén sendo un biscoito nunha cunca. 
Observade o vídeo e mirade que fácil. (Eso si, intentade non manchar tanto... e mesturade ben, con paciencia, ata que os ingredientes queden ben ligados.) Se queredes facer o de chocolate pero non tendes as pepitas de chocolate, podedes partir unhas onzas dunha tableta normal, e se non tendes cacao en polvo, podedes usar colacao. Xa me contaredes como vos saiu e se queredes, tamén podedes mandar unha foto.


Bo proveito!!

Arte e máis arte

Boas tardes! 
Quedábanme uns traballiños vosos por publicar. 

Primeiro, a mascota olímpica de Jorge e o cabalo de Troia de Martiño. A que están xenial?








Agora, un gran aplauso a estes imponentes gregos. Como me gustan os vosos difraces, merecían unha pequena obra de teatro. Estades espectaculares!


A continuación, temos os collage do pasado venres. Canto traballo pasastes e que lucido quedou.

Ezequiel

Pablo

Carla

Dani


Finalmente, tamén vos quería dicir que na páxina web da biblioteca publicaron como cada curso as recomendacións de lectura para o verán, pero tamén os diplomas aos mellores lectores deste curso e aquí, temos que felicitar a Ainara e a Jorge porque están entre eles! Moi ben!!!! 👏👏👏

martes, 16 de xuño de 2020

Actividade para o mércores 17 de xuño

Hoxe toca un beakout para repasar contidos. É algo parecido a un escape room solo que nun escape room o obxectivo é escapar pero nun breakout o obxectivo é abrir algo, un  candado, unha caixa, ...

Espero que vos guste!



Se sodes máis de Stranger Things que de Toy Story, tendes outro breakout ambientado nesta serie, tamén para repasar.




luns, 15 de xuño de 2020

Actividade para o martes 16 de xuño

Bo día!!

Que tal vos foi onte co escape room?
Hoxe, volvemos con papirofexia! Trátase dunha actividade en varias fases (como a desescalada do confinamento).

Fase 1: A continuación vouvos poñer vídeos con instrucións para facer avións de papel. A idea é elexir polo menos tres deles e facelos. Adiante! 💪💪











Fase 2: Agora, vamos ver cal dos avións que fixeches é máis eficiente, é dicir, cal voa máis lonxe. Elixe un espazo amplo donde poidas lanzar os avións. Marca unha línea dende onde os vas a lanzar. Se tes un metro, mide dende a línea ata a parte máis próxima do avión que lanzaches. Se non tes metro, podes medir con pés ou palmos, como xa temos practicado na clase. Lembras? 
Que avión voa máis lonxe?



Fase 3: Unha vez feito esto, podes avaliar cal ten máis precisión. Se dispós de cartón ou papel continuo, podes facer esto:




Marca unha línea dende a cal lanzarás o avión. Lanza tres veces cada un. Con cal deles sacas mellor puntuación? Se tes alguén na casa con quen xogar, temén podedes facer unha competición. Non esquezades sumar puntos!

Que avión voa mellor e cal é máis preciso?

domingo, 14 de xuño de 2020

Actividade para o luns 15 de xuño

Escape room!!! 

Serás quen de escapar de Azkaban? Seguro que si. Busca as pistas, resolve os enigmas e consegue a clave para escapar.



Escape room Harry Potter



E xa que estamos, outro escape room pero para traballar en lingua castelá, a G e a J.
Sei dalgún ao que lle vai custar traballo saír de ahí... 😁😁





Pásao ben!