stars

domingo, 7 de xuño de 2020

Traballo para o luns 8 de xuño

Bo día!!!
Como foi o fin de semana?

Hoxe falaremos de Alexandre Magno, o que conseguiu unir aos pobos gregos e extender o seu territorio. Pero o momento de gloria tamén supuxo o fin da cultura grega clásica...


Correccións

Los juegos olímpicos
Las primera olimpiadas se celebraron en el año 776 a.C. Su nombre se debe a que se jugaban en Olimpia, una polis griega, y se celebraban en honor a Zeus. Los juegos olímpicos ya se jugaban cada cuatro años.
Era un acontecimiento tan importante, que durante los 5 días que duraban se paraban todas las guerras. Al ganador, le entregaban una corono de olivo y se convertía en héroe. Estos juegos olímpicos dejaron de celebrarse en el año 393 a.C. porque los prohibieron los romanos.
El francés Pierre de Coubertin fue el que consiguió restablecer la celebración de los Juegos Olímpicos, adaptándolos a los timpoes. Los primeros juegos olímpicos modernos se celebraron de la ciudad de Atenas en el año 1896. Desde entonces, los juegos se vuelven a celebrar cada cuatro años, en ciudades de todo el mundo y transmiten valores olímpicos como el juego limpio, el respeto, la paz entre las naciones, ...
Los símbolos que representan los juegos olímpicos son:
-la antorcha olímpica
-los aros olímpicos
-el himno
-las mascotas olímpicas.


Para hoxe

1. Ficha de cálculo do caderniño

2. Ciencias sociais
- ver o vídeo sobre a vida de Alexandre Magno




- Ler o texto que vén a continuación (sacado de La Grecia Clásica a tu alcance, ed Espasa):




- Co aprendido e fixándote no mapa, contestar ás preguntas do arquivo seguinte:






Ao invadir tantos territorios novos, a cultura grega foi evolucionando e mesturándose coa cultura dos habitantes deses lugares. Creouse así unha nova cultura: a cultura helenísitica.

3. Ciencias da Natureza
Seguimos traballando e estudando os tipos de máquinas con fichas interactivas:




venres, 5 de xuño de 2020

Máis obras de arte

Ola!!

Antes de que me mandedes os vosos traballos de plástica de hoxe, vou acabar de expoñer os que me fostes mandando ao longo da semana. Estades feitos uns artistas, estou impresionada, noraboa a todos!

Martiño mandounos a súa maceta decorada con arte grega.



Tamén fun recibindo os vosos carros e carretas, verdadeiras obras de inxeñería (e arte)!

Adrián

Carla

Dani

Gael

Jorge

Martina

Noemy

Pablo

Saray

Penso que non esquecín a ninguén, pero se se me pasou algo por alto, avisádeme.

Biquiños!

xoves, 4 de xuño de 2020

Traballo para o venres 5 de xuño

Ola chic@s!!!

Xa estamos outra vez a venres!
Remataremos a semana traballando sobre os xogos olímpicos, en particular sobre a súa historia e evolución.



Pero primeiro, coma sempre, a correxir!

Comezamos:


1. Ficha do caderniño de cálculo.

2. Lengua castellana, Ciencias sociais: Historia de los juegos olímpicos

- Comienza leyendo el artículo de este enlace.

- El siguiente vídeo cuenta la Historia de los Juegos Olímpicos en clave de humor. Espero que os guste y que aprendáis mucho.




Los juegos olímpicos tienen varios símbolos que nos permiten identificarlos. ¿Se te ocurre alguno? A continuación, se te muestran varios de ellos:

1) La antorcha olímpica:


¿Recuerdas cómo se llama este tipo de documentos que combinan información escrita y dibujos?

2) Los aros olímpicos:




3) El himno olímpico: (¿lo conocías?)


4) Las mascotas olímpicas: (Cada una representa uno de los juegos olímpicos que tuvieron lugar.)


¿Cuál te gusta más?

- Ahora, como no podía ser de otra manera, toca hacer ejercicios sobre lo que acabas de aprender. ¿Has estado atento?




3. Plástica.

Esta vez tamén vos deixo varias propostas, segundo o que vos apeteza facer.

Primeira proposta: un cabalo de Troia en 3D.

Nesta páxina tendes as instrucións e os documentos para imprimir e recortar.

Segunda proposta: Debuxar un cabalo de Troia. Neste esquema tendes o debuxo en varias etapas, se vos fixades, está composto por formas sencillas de debuxar.



Terceira proposta: Fabrica unha catapulta.



E rematamos cunha curiosidade: 
Sabedes o que é un maratón? Na Grecia Antiga, Maratón era unha polis pero, por que unha carreira de 42km leva o seu nome? E por que precisamente 42km?


e con dúas imaxes. A ver se pescudades de que se trata:




Bo fin de semana!


mércores, 3 de xuño de 2020

Traballo para o xoves 4 de xuño

Ola!!!

Hoxe falaremos de...


Xa sabedes de que se trata?


Correccións de onte:

Matemáticas
45x9 = 405 Apolo; 39 x 6 = 234 Cupido; 325+73+6= 404 Hermes; 456-268= 188 Atenea;
215+132+62=409 Minotauro; 539-347=192 Pandora; 67x9=603 Orfeo 89x2=178 Hades
672-358=314 Afrodita; 63x6=378 Hércules: 74x7=518 Poseidón; 415+73+4=492 Vulcano

Lingua galega
O autor da Ilíada e da Odisea foi Homero. Pouco se sabe del, pero según a tradición, era invidente.

Ulises e Polifemo
1. O pobo que vive na illa é o dos Cíclopes.
2. Ulises leva viño.
3. Deciden quedarse porque Ulises ten curiosidade e quere ver ao cíclope.
4. Decide non matar ao cíclope porque se o matan quedarán atrapados na cova xa que non teñen forza suficiente para mover a roca que tapa a saída.
5. Ulises ofrécelle viño ao cíclope para que durma.
6. Ulises di que se chama "Ninguén".
7. Os veciños do cíclope non lle axudan porque, como berra que "Ninguén" o está matando, pensan que perde a razón.
8.
comer-devorar   gruta-cova.  accederon-entraron.  oír-escoitar.  gritos-berros
9.
Sustantivos Propios: Ulises, Cíclopes
Comúns masculinos: homes, país, xigantes, ollo
Comúns femininos: viaxe, volta, casa,
10. Nesta imaxe vemos como Ulises, axudado por outro home, lle crava a estaca no ollo ao cíclope. Tamén aparece unha cunca que seguramente é o viño que Ulises lle deu para que durmira.

Lengua Castellana: Ulises y las sirenas 
1) Las sirenas eran mujeres con cuerpo de pez, pero también había creecias de sirenas con cuerpo de ave.
2) Vivían en la isla de Artemisa.
3) Cantaban para atraer a los marineros, raptarlos y devorarlos.
4) Ulises consiguió que sus compañeros no escucharan los cantos de las sirenas tapándoles los oídos con cera.
5) Les pidió que lo ataran al mástil del barco y que no lo desataran pasara lo que pasara.
6) En esta ilustración vemos a tres sirenas con cuerpo de ave acercándose al barco de Ulises. Ulises está atado al mástil y el resto de los marineros está remando menos el que lleva el timón.

Ciencias da natureza
1) A roda dunha polea evita o roce e que se desgaste a corda.
2) Cando tiramos cara abaixo, o noso propio peso axúdanos polo que é máis fácil que levantar un peso a pulso.
3) Al poleas móbiles permiten facer menos forza porque soportan parte do peso do obxecto que queremos elevar.
4) Cunha polea móbil dividimos o peso entre dous: para levantar un peso de 30kg temos que facer unha forza de 15kg.

Cando dicimos que algo é unha odisea, é que é algo moi largo e difícil. Recordade que Ulises tarda 10 anos en facer a súa viaxe!

Para hoxe:


1. Ficha do caderniño de cálulo

2. Lengua castellana: los Juegos Olímpicos

- A continuación, tenéis dos documentos que hablan de los juegos olímpicos en la Antigua Grecia. Estos documentos se llaman infografías. Son archivos que combinan imágenes con información en forma de texto para construir una especie de esquema. Leed los dos. (Podéis clicar en las imágenes para agrandarlas.)



- Para completar la información de estas infografías, mirad el siguiente vídeo:


- Con lo que acabas de aprender y un poco que investigues, completa la siguiente tabla que compara los juegos olímpicos de hoy y los de la Antigua Grecia.



- Contesta en la libreta: ¿qué deporte añadirías a las olimpiadas griegas? Escribe su nombre, sus principales normas y haz un dibujo. Puedes intentar hacer una infografía. (Mándame tu trabajo, por favor.)

3. Matemáticas

Haz las fichas interactivas que vienen a continuación. Cada unha que remates, pulsa abaixo donde pon "terminar" e despois "comprobar soluciones". Que nota sacaches?


martes, 2 de xuño de 2020

Traballo para o mércores 3 de xuño

Ola chic@s!!

Hoxe vamos a falar de...


Sabedes quen son estes tres?

Primeiro correximos as tarefas de onte:

Onte, había que deducir que cando dicimos que algo é un cabalo de Troia, significa que é unha trampa, algo que parece atractivo pero que despois resulta ser maligno. O mesmo pasa cun troiano informático. Como ben dicía Pablo, é un programa que instalas pensando que vai ser útil, pero adoita traer algún virus informático.

Lengua catellana
1) Aquiles murió de una flecha en el talón.
2) Era la única parte de su cuerpo que su madre no había submergido en la laguna máquica.
3) El talón de Aquiles es el punto débil de una persona.

Ciencias da Natureza
1. O punto da apoio está na roda.
2. Para fabricar o eixe da roda usamos unha palliña no caso do carro e un lapis no caso da carreta. (Segundo o que fixestes o collestes de referencia.)
3. É máis cómodo levar a carga canto máis cerca do punto de apoio, é dicir, canto máis cerca das rodas.

E agora... Vamos coa Odisea

1. Ficha do caderniño de cálculo

2. Ficha de matmáticas "de Grecia" (Perdoade a calidade, non fun quen de mellorala.)
As contas que hai que resolver son estas:
45x9 =  ; 39 x 6 = ; 325+73+6= ; 456-268= ;
215+132+62= ; 539-347= ; 67x9= ; 89x2=
672-358= ; 63x6= ; 74x7= ; 415+73+4=




3. Lingua Galega, Ciencias sociais: A Odisea

Volvede a ver o vídeo de onte, pero fixándovos no contido a partir do minuto 2:53


- Contesta na libreta: Quen foi o autor da Ilíada e da Odisea? Que sabemos sobre el?

A Odisea é un poema de 12.110 versos que conta as aventuras de Ulises (ou Odiseo como aparece nalgúns escritos) despois da Guerra de Troia. É dicir, que conta a viaxe de volta de Ulises a súa casa, a illa de Itaca. Alí espérano a súa muller, Penélope, e o seu fillo Telémaco. Recordemos que a guerra de Troia durou 10 anos e Ulises tarda outros 10 anos en volver a casa. Iso é unha larga espera!
Ao longo da viaxe, Ulises vive numerosas aventuras nas que percorre o mar Mediterráneo do seguinte xeito:


Xa vedes que Troia e Itaca non están tan lonxe, pero os deuses non permitiron que Ulises chegara sen máis a casa.

A continuación, imos ver as dúas aventuras máis famosas da viaxe de Ulises: o cíclope e as sereas.

- Comprensión lectora: Ulises e Polifemo




4. Lengua Castellana: Ulises y las sirenas

- Escuchamos el cuento que viene a continuación:



- Contestamos en la libreta:

1) ¿Cómo se cree que eran las sirenas?
2) ¿En dónde vivían?
3) ¿Para qué cantaban las sirenas?
4) ¿Cómo consiguió Ulises que sus compañeros no escucharan los cantos?
5) ¿Qué les pidió que hicieran con él?
6) ¿Qué vemos en esta ilustración de cerámica griega?


5. Ciencias da Natureza

- Mirade o vídeo seguinte. Podedes velo ata o final se vos interesa, pero a parte que nos interesa a todos dura ata o minuto 6:05.




Contestade a estas preguntas na libreta:

1) Por que é necesaria a roda na polea?
2) Por que é máis doado tirar cara abaixo que levantar un peso?
3) Por que son máis útiles as poleas móbiles?
4) Canta forza tes que facer cunha polea móbil para levantar 30 kg de peso?


Bueno, e agora que sabedes o que é a Odisea, que pensades que queremos dicir cando, falando de facer algo, dicimos que é toda unha odisea?

Se queredes coñecer todas as aventuras de Ulises (pero non ler os 12.110 versos de Homero), tendes este debuxo animado que é bastante fiel á versión inicial. Se vos animades a velo, espero que vos guste.



luns, 1 de xuño de 2020

Traballo para o martes 2 de xuño

Ola!!!

Como andamos hoxe?
Agora que xa sabedes moito sobre os deuses gregos, vamos a pasar a falar de dúas obras moi importantes da literatura grega, que narran a historia de heroes, seres mitolóxicos e deuses: a Ilíada e a Odisea.

Hoxe falaremos da Ilíada. Quizais non vos sone a nome da obra, pero con este debuxo, seguro que xa sabedes máis ou menos de que vamos a falar:

("Norton! Mcafee! Como non vos destes conta de que esto era unha trampa? Sodes os dous uns inútiles, sabíadelo?")


Correccións de onte


Lingua Galega


Por orden na ficha temos:

1. Zeus, deus dos deuses 2. Atenea deusa da sabedoría e da guerra 3. Dionisio, deus do teatro, da vid e das celebracións 4. Demetra, deusa da agricultura e das colleitas
5. Hades, deus do reino dos mortos 6. Hefesto, deus do lume e do metal 7. Hera, deusa da familia e do matrimonio 8. Hermes, deus dos viaxeiros, do comercio e dos ladróns
9. Afrodita, deusa do amor e da beleza 10. Apolo, deus das artes e da beleza 11. Ares, deus da Guerra
12. Artemisa, deusa da natureza, da pureza e da caza
13. Poseidón, deus do mar, dos ventos e das tempestades 14 Perséfone, diosa do mundo dos mortos

Ciencias da natureza
1) Os planos inclinados serven para subir obxectos pesados con menos esforzo.
2) Unha cuña é un pequeno plano inclinado que ten moitos usos. Por expemlo, serve para calzar ou reter un corpo sólido e para fendelo.
3) A cuña úsase en hachas, arados, abrelatas, tesoiras ... 


Para hoxe...

1. Ficha do caderniño de cálculo.

2. Lingua Galega e Ciencias Sociais: a Ilíada

    - Mira os seguintes vídeos:





         - Agora que xa coñeces a historia da Guerra de Troia, escríbeme un resume! Primeiro, terás que ordenar as imaxe, e despois poderás axudarte delas para escribir o resumo. (Mándame o teu traballo.)



           - Contesta na libreta ou nos comentarios: Na actualidade, a que nos referimos cando dicimos que algo  é un cabalo de Troia? e un troiano informático?


3. Lengua Castellana: El talón de Aquiles

Aquiles era un semidios, un guerrero extraordinario, que falleció en la Guerra de Troya.
Mira el vídeo de su historia y contesta a las preguntas en la libreta con oraciones completas.


     1) ¿Cómo murió Aquiles?
     2) ¿Por qué?
     3) ¿Qué es el talón de Aquiles de una persona?
     4) ¿Cuál es tu talón de Aquiles? (Puedes comentarlo en los comentarios del blog o mandarme la respuesta al correo.)


4. Ciencias da Natureza: As pancas

    - Comezaremos mirando os seguintes vídeos:





     - Na libreta debuxa unha panca e as súas partes.

    - Colle o libro, na páxina 102. Nesta páxina, propóñenvos que fagades unha carreta, que é unha panca. En lugar da carreta, e seguinto o mesmo patrón, podedes facer un carro grego como o da imaxe.



Para iso, necesitaredes unha esquina dunha caixa de cereais ou galletas, unha palliña para o eixe, dous tapóns para as rodas cun burato no medio para pasar a palliña e un anaco de cartón duro para facer a base. Decorade como queirades e contestade ás preguntas 1, 2 e 3 do libro.

Sabedes para que utilizaban os gregos estes carros?


Arte Grega

Estiven recibindo as vosas obras de arte e ben merecen unha entrada aparte!
Os que queiran aportar os seus traballo, por suposto, están a tempo.
Polo de agora, temos que felicitar a Carla, Jorge, Gael, Dani, Eze, Pablo e Martina. Bo traballo!