stars

domingo, 2 de abril de 2017

Observar a natureza dende Coristanco

O venres recibimos a visita de Antón, biólogo e veterinario, amante da natureza e pai de Anxo.
Antón veunos explicar cómo observar a natureza que nos rodea e grazas a el, coñecemos agora moitas especies da nosa contorna das que non sabíamos a existencia. 
Plantas, aves, mamíferos, insectos, anfibios... seguro que non volveremos saír a dar un paseo sen ser máis observadores. E tampouco volveremos mirar A Revolta nin O Campelo do mesmo xeito. 
Que interesante, moitas grazas Antón!



Ningún comentario:

Publicar un comentario