stars

domingo, 30 de abril de 2017

Día da bicicleta 2017

O martes, celebramos no colexio o Día da Bicicleta. Este ano foi moi especial porque recibimos ao mestre do CEIP San Roque de Ceutí, en Murcia, que chegou dende o seu colexio en bicicleta tras nove días de traxecto, para promocionar o uso da bicicleta.

Pero antes de recibilo, acompañounos como sempre o Club Ciclista Carballo, co que aprendemos algunhas pautas para non correr perigo coa bicicleta e entrenamos nun circuito moi divertido.


Finalmente, depois do xantar, chegou Alberto. Vaia festa! Recibímolo, os que traiamos bicicleta, na praza do Concello, e os demáis, no colexio, aplaudindo e axitando bandeirolas. Tras a benvida máis oficial, con representantes do Concello, o mestre murciano deunos unha charla para animarnos a que usemos a bicicleta como medio de transporte, porque "Montando en bicicleta, ayudas al planeta"!

Ningún comentario:

Publicar un comentario