Este mes de maio está a ser moi intenso en conmemoracións e celebracións. Tras o Día da Bicicleta o martes, o xoves celebramos o Día do libro.
Na hora do plan lector, tocounos, xunto cos nosos compañeiros de 4ºB, lerlle contos aos nenos de 2º. Cal foi a nosa sorpresa cando vimos que eran eles os que tiñan un libro preparado para lérnolo a nós! Despois, intercambiamos os papeis, pero foi moi agradable ser oíntes de tan aplicados lectores. Grazas!
stars
domingo, 30 de abril de 2017
Día da bicicleta 2017
O martes, celebramos no colexio o Día da Bicicleta. Este ano foi moi especial porque recibimos ao mestre do CEIP San Roque de Ceutí, en Murcia, que chegou dende o seu colexio en bicicleta tras nove días de traxecto, para promocionar o uso da bicicleta.
Pero antes de recibilo, acompañounos como sempre o Club Ciclista Carballo, co que aprendemos algunhas pautas para non correr perigo coa bicicleta e entrenamos nun circuito moi divertido.
Finalmente, depois do xantar, chegou Alberto. Vaia festa! Recibímolo, os que traiamos bicicleta, na praza do Concello, e os demáis, no colexio, aplaudindo e axitando bandeirolas. Tras a benvida máis oficial, con representantes do Concello, o mestre murciano deunos unha charla para animarnos a que usemos a bicicleta como medio de transporte, porque "Montando en bicicleta, ayudas al planeta"!

domingo, 23 de abril de 2017
Caravana de la salud
Voltamos das vacacións o martes cunha sorpresa: estábanos esperando a caravana da saúde do Carrefour. Que ben o pasamos elaborando canapés saúdables! E que ricos estaban...
luns, 10 de abril de 2017
Premios de poesía
Este venres, na biblioteca, entregáronse os premio ao concurso de poesía. Este ano, o tema era "Se eu fose unha estrela...". Todos demostraron ter moita creatividade e arte, pero nesta ocasión, destacou Anxo que gañou un premio. Noraboa!
Na páxina web da biblioteca atoparedes os nomes e os poemas de todos os gañadores e tamén o resto dos vídeos.
domingo, 2 de abril de 2017
Observar a natureza dende Coristanco
O venres recibimos a visita de Antón, biólogo e veterinario, amante da natureza e pai de Anxo.
Antón veunos explicar cómo observar a natureza que nos rodea e grazas a el, coñecemos agora moitas especies da nosa contorna das que non sabíamos a existencia.
Plantas, aves, mamíferos, insectos, anfibios... seguro que non volveremos saír a dar un paseo sen ser máis observadores. E tampouco volveremos mirar A Revolta nin O Campelo do mesmo xeito.
Que interesante, moitas grazas Antón!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)