Este ano, para o Samaín, decidimos preparar uns espantallos para decorar os corredores do colexio. Javier, o noso conserxe, conseguiunos o bambú para a estructura e nós encargámonos de traer roupa vella para vestilos. Aínda non os rematamos todos, pero xa se nota que teñen moito estilo, e sen dúbida, pasámolo moi ben elaborándoos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario