stars

sábado, 25 de outubro de 2014

Aprendemos a esfollar millo

Xa levábamos dende o luns cun palleiro de millo no patio cuberto. Todos estábamos intrigados e, finalmente, este venres, soubemos que facía alí. 

Varios familiares dun alumno do Centro achegáronse para darnos información sobre o millo e o seu cultivo, e ensináronnos como se esfolla. Algúns probamos e comprobamos que non é tan doado como parece... 

Pero despois, tivemos unha grata recompensa polo noso esforzo: as cociñeiras do colexio nos tiñan preparadas filloas e mesmo algún follado de millo e centeno para que o poidésemos probar. Que rico!





Ningún comentario:

Publicar un comentario