stars

martes, 23 de setembro de 2014

Festa da Pataca

O pasado domingo, 21 de setembro, celebramos en Coristanco a Festa da Pataca. Como este ano estamos a traballar as hortas ecolóxias e os cultivos tradicionais (Voz Natura e Proxecto da nosa biblioteca), preparámonos dun xeito especial para a ocasión. 

Primeiro, decidimos presentarnos ao concurso de figuras con patacas, elaborando na aula as nosas esculturas: 


Tamén recibimos unha visita moi especial: a de Francisco Suárez Calvo, mestre que se involucrou na organización da Festa da Pataca dende o seu comenzo, no ano 1981. Estívonos falando da historia da nosa festa, da historia da pataca en xeral e tamén da súa experiencia como mestre.






1 comentario: