stars

xoves, 25 de setembro de 2014

Excursión a Bonilla

O martes 22 de setembro, fomos de excursión á fábrica de patacas fritas Bonilla a la Vista. Foi moi interesante ver como se fabrican as patacas e enterarnos de que alí tamén se fan os churros (que á hora que nós estivemos xa foran distribuidos) e gusanitos. Tamén descubrimos que a fama das patacas de Coristanco chegou alí, e que, aínda que non sempre, utilízanse patacas do noso Concello para a elaboración das patacas fritas Bonilla. Ao final, cada neno levou un preciado agasallo: un paquete de patacas fritas e outro de gusanitos.




Que foi o que máis vos gustou ou sorprendiu do voso paso pola fábrica?

Se queredes, tendes máis fotografías na páxina web da biblioteca,aquí.

2 comentarios: