stars

martes, 30 de setembro de 2014

A Festa da Pataca na televisión

O fin de semana pasada, na Televisión de Galicia, emitiron un programa chamado Sopa de Festa sobre a Festa da Pataca de Coristanco. Se non o vistes, podedes facelo na páxina web da TVG, aquí.

Que vos pareceu o programa? Gústavos a imaxen que se da da Festa da Pataca?

A Lúa: para saber máis

Para os que queiran repasar e ampliar os seus coñecementos sobre o noso satélite, ahí vai o seguinte vídeo:



E, xa que teremos que esperar ao 12 de agosto de 2026 para ver en España un eclipse de sol total, neste vídeo explícase este fenómeno e amósanse  imaxes do mesmo.


xoves, 25 de setembro de 2014

Excursión a Bonilla

O martes 22 de setembro, fomos de excursión á fábrica de patacas fritas Bonilla a la Vista. Foi moi interesante ver como se fabrican as patacas e enterarnos de que alí tamén se fan os churros (que á hora que nós estivemos xa foran distribuidos) e gusanitos. Tamén descubrimos que a fama das patacas de Coristanco chegou alí, e que, aínda que non sempre, utilízanse patacas do noso Concello para a elaboración das patacas fritas Bonilla. Ao final, cada neno levou un preciado agasallo: un paquete de patacas fritas e outro de gusanitos.




Que foi o que máis vos gustou ou sorprendiu do voso paso pola fábrica?

Se queredes, tendes máis fotografías na páxina web da biblioteca,aquí.

Canción dos planetas do Sistema Solar

A petición dalgún de vós, aquí tendes a canción dos Planetas de Enrique y Ana.


martes, 23 de setembro de 2014

Comenza o outono!!!

A noite pasada comenzou o outono. Para os que quieran saber máis, seguide o enlace ao que vos leva a imaxen que vén a continuación. Trátase dun artículo de Europapress sobre esta estación. Seguro que aprendedes datos moi interesantes!

 el otoño

Decídeme agora,
cando comenzou exactamente o outono?
Que ocorreu, no mesmo intre, no Hemisferio Sur?
En que datas se pode dar o equinoccio de outono?
Cando cambiaremos de hora?
Cando se dará a primeira lúa chea da estación?

Festa da Pataca

O pasado domingo, 21 de setembro, celebramos en Coristanco a Festa da Pataca. Como este ano estamos a traballar as hortas ecolóxias e os cultivos tradicionais (Voz Natura e Proxecto da nosa biblioteca), preparámonos dun xeito especial para a ocasión. 

Primeiro, decidimos presentarnos ao concurso de figuras con patacas, elaborando na aula as nosas esculturas: 


Tamén recibimos unha visita moi especial: a de Francisco Suárez Calvo, mestre que se involucrou na organización da Festa da Pataca dende o seu comenzo, no ano 1981. Estívonos falando da historia da nosa festa, da historia da pataca en xeral e tamén da súa experiencia como mestre.






sábado, 20 de setembro de 2014

Bonilla a la Vista: para ir abrindo boca

O próximo martes, faremos a nosa primeira saída do curso e será á fábrica de patacas fritas "Bonilla a la vista".
Para ir preparando a visita aquí tendes unha reportaxe sobre a empresa. Espero que vos guste!


Quen sabe dicir agora...
Cómo e en donde comenzou esta empresa familiar?
Por que se chama Bonilla a la Vista?
Por que o seu dono di que a patacas fritas que fan son especiais?

Se sabedes as respostas, apuntádeas nos comentarios e non esquencedes pór o voso nome!

xoves, 18 de setembro de 2014

Xentilicios

Esta semana, estivemos estudando os xentilicios. Se queredes practicar algo máis, velaquí tendes algún enlace (en castelán):


http://www.editorialteide.es/elearning/Primaria.asp?IdJuego=1509&IdTipoJuego=1



http://www.testeando.es/test.asp?idA=58&idT=zzssgkqe

Movementos da Terra

Como vimos hoxe na clase de Coñecemento do medio natural, social e cultural, o noso planeta realiza dous movementos: o de rotación e o de traslación.
Estes son os vídeos que vimos na clase e que ilustran os conceptos estudados:




Estamos de volta!!


 

Benvidos a tod@s a este novo curso. Seguro que aprendemos moitas cousiñas novas e que o pasamos moi ben!