stars

luns, 13 de abril de 2020

Traballo para o martes 14 de abril

Bo día!!!

Que tal as vacacións?
Seguimos confinados pero retomamos o traballo igual. Temos que intentar manter unhas rutinas para que todo vaia ben así que, FORZA!!! todo vai saír ben. 💖


Ánimo, comenzamos!!

1. Ficha de cálculo.

2. Lingua Galega, páx. 134-135 lectura e exercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6 Explicade ben a resposta á pergunta do exercicio 6 e mandádema para que vola poida correxir, vale?

3. Matemáticas, ficha de repaso de divisións: (Xa sabedes que a podedes imprimir ou facela na libreta.)



4. Animádesvos a algo diferente? Xa sei que rematou oficialmente a Pascua, pero atopei esta videoreceita dunha Rosca de Pascua que podedes facer cun pouquiño de axuda. Sei que algún de vós ten debilidade pola cociña así que non dubidedes en probar esta receita e comentádeme que tal saiu! Se queredes, tamén podedes mandar foto e darnos envexa a todos. 😉


Se queredes imprimir a receita, téndela aquí.

Semana Santa 2020

Bo día a todos!!!

Mañán volvemos ao traballo, pero primeiro, teño que colgar as fotos dos coelliños de Pascua que me fostes mandando ao  longo da semana. Están preciosos, noraboa a todos! (Ainhoa, Eze, Dani, Carla, Ainara, Saray, Pablo, Martiño e a súa irmá Uxía, Noemy)











Temén apareceu un novo axudante para Ecobichín. Trátase de Rodrigo e creouno Gael. Noraboa, foches moi creativo!




xoves, 2 de abril de 2020

Traballo para o venres 3 de abril

Hoxe é o último día antes das vacacións de Semana Santa. Ánimo, deixareivos descansar! Pero hai que seguir con esto:



Como xa é costume, primeiro, correximos:

Lengua castellana, pág.145

1. Por ejemplo: podar, brotar, abono, silvestre, flor, hoja, etc.

2. mar, marinero, submarino

3. Por ejemplo: 
flor: floristería, florero, florecer, floreado, ...
mentira: mentiroso, mentir, mentirijilla, desmentir

6. sombrero, campana

7. 
campo, cantimplora, triunfo
envío, bombón, lámpara

9. 
director trisílaba
columna trisílaba
sal monosílaba
diente bisílaba
digo trisílaba
portal bisílaba

Enigma

A enigma está solucionada nos comentarios de onte. Noraboa aos que o conseguistes!

Unhas pequenas ras máis...

Moi ben Saray e Ainhoa!



Hoxe rematamos pronto de correxir! E agora, o que toca:

1. Ficha do caderniño de cálculo.

2. Lingua galega, páx. 129, "Ponte a proba"

3. Matemáticas, facer ficha que vén a continuación e facer o xogo de cálculo neste enlace.

Chámase "Sumón" e para conseguir puntos hai que emparellar os números que sumen o número grande que tendes na parte superior dereita da pantalla. Cantos máis bloques usedes e canto máis separados estén, máis puntos gañades. Seguro que vos gusta, é moi entretido! Contádeme nos comentarios a vosa puntuación, aquí na casa tamén practicaremos todos...





4. Ciencias da natureza: facemos este xogo online sobre os mamíferos. Que tal vos foi? Gustouvos?

5. Plástica.

Como estamos coa Pascua, propóñovos este pequeno coelliño que é moi faciliño de facer. Solo necesitades un rollo de papel hixiénico, papel ou cartolina, unhas tesoiras e cores ou pinturas.



Primeiro, hai que recortar o rollo de papel do tamaño axeitado, solo lle quitaremos uns 2cm no ancho aínda que tamén o podedes deixar como está se o preferides. Xa o podedes decorar con pinturas ou ceras, ou incluso forralo con papel de cor.

A continuación, debuxade e recortade as orellas,  a parte interior das orellas e as patas. Podedes coller estas formas de aquí ou debuxalas vós mesmos.



Se usastes papel ou cartolina de cor, o traballo xa está feito, e senón, hai que pintar antes de pegar.

Pegade as orellas e as patas.

Finalmente, recortamos catro círculos nun folio branco (dous para os ollos e dous para o fociño), un rectángulo para os dentes e un triángulo que pintamos de negro para o naris. Pegádeos donde corresponda.

Xa só nos quedan os últimos detalles: os bigotes, as pestanas, o iris e o que se vos ocurra e vos apeteza! Mandádeme foto se queredes que vexamos o voso traballo!😉 Colgareinos aínda que sexan vacacións.



De deberes para as vacacións, só vos pido que leades a diario polo menos 15 minutos. Se vos apetece máis, perfecto, pero se non é así, poñede o cronómetro e non fagades trampa! 15 minutos é o mínimo.

So me queda desexarvos unhas felices vacacións. Espero vervos moi pronto. Un abrazo moi forte e pasádeo moi ben!



mércores, 1 de abril de 2020

Traballo para o xoves 2 de abril

Bo día!!!

Como estades?


Vamos intentar conseguir esa cultura!!! 😃

Primeiro, correximos o de onte:

Lingua galega: páx. 128-129


1. A imaxe que corresponde á vila da protagonista é a B porque no conto se di que a vila está chea de plantas.

2.
- Para falar do día da árbore.
- Unha manchea de sementes, para sementalas na casa.
- Porque se decatou do porqué da preocupación de Marta.

3. A

4.
Necesitamos as árbores para respirar. Vinte e dúas árbores producen o osíxeno que necesita unha persoa. Por iso vos din vinte e dúas sementes a cada un.

8.
O seu coche non é grande nin pequeno; é mediano.
Os peixes non poden vivir fóra do su medio, que é a auga.
Na neveira aínda queda a metade da torta de amorodo.

9.
Xaquín rega a súa planta cada día. A
Ramón é un rapaz con moi boa planta. B

Matemáticas, ficha

67x78 = 5.226 = Andrea
358x69 = 24.702 = Daniel
942x45 = 42.390 = Marcos
1.580x23 = 36.340 = Susana

Resuelve: 
165 socios
15€ por socio
165x15 = 2.475 €
El polideportivo recauda mensualmente 2.475 €.

Circuito 1.750m
23 veces
1.750x23 = 40.250m
Recorrió 40.250 metros.

Problemas de dos o más operaciones

2 televisores y una plancha
dos televisores = 220x2 = 440€
440 + 54 = 494 €

tres cámaras de fotos y un televisor:
tres cámaras = 379x3 = 1137€
1137+220 = 1357€

4 frigoríficos y 2 cafeteras:
frigoríficos = 495x4 = 1980€
cafeteras = 67x2 = 134 €
1980+134 = 2114 

3 televisores y 4 cafeteras:
televisores = 220x3 = 660€
cafeteras = 67x4 = 268€
660+268 = 928€

12 cámaras y 15 planchas
cámaras = 379x12 = 4.548€
planchas = 54x15 = 810 €
4548+810 = 5.358 €

E sigo recibindo os vosos traballos!
Primeiro, temos outros tres axudantes para Ecobichín. Ollade que orixinais son!


Están xenial, Martiño, Carla e Jorge!

Tamén sigo recibindo as vosas ras, e gústanme moito! A continuación, tendes as de Carla e Martiño, noraboa aos dous!



E agora, o traballo para facer hoxe.


1. Ficha do caderniño de cálculo.

2. Lengua castellana, pág. 145, ej. 1, 2, 3, 6, 7, 9

3. Ciencias sociais: Repaso da terra e os seus movementos co vídeo que vén a continuación. Despois, facemos o test neste enlace. Que tal a puntuación?



4. Enigma.

Hoxe, unha enigma máis manipulativa. Mirade que conta fixemos con fósforos:


Incorrecta, verdade? 
Pois hai que conseguir transformala nun cálculo correcto e para eso:
- so se pode mover un fósforo
- non se pode partir ningún fósforo.
Existen varias respostas correctas, polo menos 3, así que, a buscar! Podedes coller vós mesmos uns palillos, reproducir o da imaxe e intentar resolver. Seguro que o conseguides!

martes, 31 de marzo de 2020

Traballo para o mércores 1 de abril de 2020

Bo día!

Xa rematou o mes de marzo e estamos en abril! A ver se podemos pronto disfrutar deste mes facendo vida normal e paseando por fóra. É un mes precioso!



Tras este momento poético, vamos a comenzar correxindo o traballo de onte.

Lengua castellana página 137

9.
Familia de campo: acampada, campestre, campesino
Familia de campana: campanilla, campanario, campanada

10.
Las palabras intrusas son: sombra, trajin, hervir

11.
Parecía mentira
Cosme se sentó a descansar bajo un árbol y contempló a sus hijos. Cavaban bien y además deprisa. Cuando acabasen iban a estar cansados de verdad. Y quizá algo enfadados. Pero con el cansancio no tendrían ganas di de protestar.

Ciencias sociais

1C, 2B, 3A, 4B, 5C, 6A, 7B, 8A, 9A, 10B
Que nota sacaches?

Enigma

Cando David e Mateo se encontran, están no mesmo lugar. Polo tanto, os dous están á mesa distancia de París! Era bastante máis fácil do que parecía, verdade?


E agora, o traballo de hoxe:


1. Ficha do caderniño de cálculo

2. Lingua galega, lectura páx. 126-127, páx. 128-129 ex. 1, 2, 3, 4, 8, 9

3. Matemáticas: Tendes que facer a seguinte ficha. Se non a podedes imprimir, facédea  na libreta. Despois, nesta páxina web , facede o xogo de cálculo mental, polo menos a serie 1 e 2, intentando subir de nivel (á dereita hai tres niveis para elexir, intentade conseguir o nivel 2. Xa me contaredes...



4. Ciencias da natureza: Repasamos os invertebradosco vídeo que ven a continuación, e facemos este pequeno xogo de unir (é moi curto, fixádevos ben para facelo correctamente á primeira).


Hoxe imos a descansar de enigmas, pero para mañá, xa teño algunha preparada... Pasade un bo día!

luns, 30 de marzo de 2020

Traballo para o martes 31 de marzo

Bo dia, chic@s!!!!

Que tal hoxe?

Comenzamos correxindo:

Lingua galega páx. 120-121

1.
A. Hélice
B. Helicóptero
C. Harmónica
D. Hórreo
E. Hiena
F. Hamaca

2.
hábito - habitual
heroe - heroico
horta - hortaliza
harmonía - harmonioso
herba - herbívoro
hixiene - hixiénico

3.
Xa hai moito tempo que non te vía.
Onte tropezou e houbo caer polas escaleiras.
Cres que mañá haberá bandeirolas suficientes para a festa?

4.
Hámster
Hotel

5.
Non levan h en galego pero si en castelán:
ombreiro (hombro), oco (hueco), irmán (hermano), óso (hueso) e ovos (huevo).

Matemáticas ficha

1. La unidad principal de medida es el metro.
2.
18 x 7 = 126 cm
María mide 126 cm.
4.
La altura de un puente. m
El grosor de un cristal. mm
La altura de un vaso. cm
La altura de una casa. m
El grosor de cinco hojas de un libro. mm
La longitud de un rotulador. cm
5.
80cm
6.
a) 72 km = 72.000 m
b) 503 m = 5.030 dm
c) 18 cm = 180 mm
d) 90 m = 9.000 cm
e) 72 m = 720 dm
f) 83 m = 8.300 cm
7.
36km 450m = 36.000m + 450m = 36.450 m
15 + 13 =28 km = 28.000m
36.450 - 28.000= 8.430m
Solución: Le faltan 8.430m para llegar a la meta.
8.
3x5=15m (lo que miden los 5 pisos)
4+15=19m (la planta baja + los 5 pisos)
Solución: El edificio tiene una altura total de 19m.
9.
1m=100cm
100 + 60=160cm
Solución: Laura mide 160cm
10.
3m=30dm mide el rollo
Corta cintas de dos dm: la divide en partes iguales de 2dm.
30/2= 15cintas
Solución: Puede hacer 15 cintas.

Enigma

Fixéronse ricos os que abriron o segundo cofre, noraboa! $$$$$
Hai que pensar que solo unha etiqueta di a verdade.
Se poñemos que o tesouro está no primeiro cofre, entón tanto a primeira etiqueta como a segunda serían verdadeiras polo que non é ese o cofre.
Se poñemos o tesouro no terceiro, entón a etiqueta dúas e tres serían verdadeiras polo que este tampouco é o cofre.
Só pode ser o segundo porque así a única etiqueta verdadeira sería "No está en el primero".

Traballo para hoxe


1. Ficha do caderniño de matemáticas.

2. Lengua castellana, ver el siguiente vídeo y a continuación, hacer en la  página 137 los ejercicios 9, 10 y 11
(Recordemos que las palabras de la misma familia son las que tienen el mismo "apellido", es decir, las que tienen una parte da palabra en común, la raíz. Por exemplo: flor, floristería, florista, florero,  florecer ...)


3. Ciencias sociais: lectura páx. 79 + páx. 80, facer o test sen copiar as preguntas e sen mirar no libro. Non fagades trampas!!! Eso si, podedes tomar o tempo que queirades.

4. Enigma de hoxe:
Fixádevos ben nos datos e pensade na situación...

David viaxa no seu coche desde París ata Roma a unha velocidade de 80 km por hora.
Dúas horas máis tarde, Mateo sae de Roma ata París a unha velocidade de 120 km por hora.
A distancia entre París e Roma é de 1400 km. Supoñemos que non necesitan parar nunca e que a súa velocidade é sempre a mesma.



Cando David e Mateo se encontren, cal dos dous estará máis preto de París?

domingo, 29 de marzo de 2020

Traballo para o luns 30 de marzo

Bo día a todos!!

Que tal o fin de semana?

Xa é luns e comenzamos correxindo o traballo do venres.

Lengua castellana pág. 140-141

1.
Palabras con mb: membrillo, sombra, asombroso
Palabras con mp: campo, ejemplar, temperatura, siempre, importante

2.
lámpara
sombrero
tumbona

3.
Álvaro no para de comer, siempre tiene hambre.
En el parque han puesto dos toboganes y cuatro columpios.
Mi madre madruga mucho, siempre se levanta temprano.

4.
Me gusta la pasta con gambas.
La ambulancia trasladó al herido.
Iván toca muy bien el tambor.
Me regalaron una caja de bombones.
Con el impermeable no me mojo.
Llevaré la cantimplora a la excursión.

5.
Amparo ha cambiado de peinado.
Ángel ensaya todos los días la canción.
Humberto colocó la bombilla.
Conrado trabaja en el campo.
Andrés puso la sombrilla en la playa.
Enrique se puso enfermo ayer.
Ambrosio compite en la carrera.
Antonio quiere ser bombero.


Ciencias sociais, páx. 77

32.
Nunha vila viven millóns de persoas. F
Nas cidades, as distancias dun lugar a outro son curtas. F
Os edificios dunha cidade son altos. V
Nas vilas, os veciños adoitan coñecerse. V
Nas vilas hai moito tráfico. F

33.
a) bombeiro. Si.
b) varredor. Si.
c) locutor. Non.
d) Dependente. Non.

35.
Cesto de vimbio - produto artesanal
Médico - servizo á comunidade
Lámpada - produto industrial

37.
Sentar adecuadamente no vehículo.
Usar a cadeiroa ou adaptador axeitado ao peso e estatura.
Poñer o cinto de seguridade.
Non molestar nin distraer á persoa que conduce.

38.
Sector primario: gandeiro, mineiro, leñador
Sector secundario: obreiro de fábrica de coches, fabricante de pianos, fontaneiro
Sector servizos: comerciante de traxes, bombeiro, empregado de limpeza no colexio, (fontaneiro)
(Segundo o tipo de traballo que se considere, un fontaneiro pode estar no sector secundario ou terciario)

 Enigma

Xa vin que o enigma do venres non vos gustara ou vos pareciu difícil. De todos os xeitos, aí vai a solución:
A terceira persoa leva un sombreiro negro, e neste vídeo penso que volo explican bastante ben, a partir do minuto 2:00.



Plástica

Algúns nenos mandaron foto das súas ras. Mirade que bonitas!


Moi ben Eze, Jorge, Dani e Pablo!

Extraescolares

E ao igual que Pablo, Daniel animouse a crear axudantes para Ecobichín. Son Charly e a súa familia. Noraboa!




Traballiño para hoxe:


Xa pensabas que o esquecera? Pois non, non! Hoxe é luns e toca facer algunha que outra tarefa. Ánimo!

A partir de agora, subliñarei os números dos exercicos dos que non sexa necesario copiar o enunciado, así que, estate atent@.😉

1. Seguimos no caderniño de cálculo coa seguinte carilla.

2. Lingua galega, páxina 120-121, ex. 1, 2, 3, 4, 5

3. Matemáticas: ficha de reforzo que tendes a continuación.




4. Ciencias da natureza: repasamos as funcións vitais con este vídeo. A continuación, facemos oralmente o cuestionario do segundo vídeo. Cantas preguntas acertaches?






5. Unha pequena enigma para animarvos... (Esta é máis fácil, ou eso penso eu...)

Hai tres cofres, dous baleiros e un cun gran tesouro no seu interior. So podes abrir un deles... por cal te decantas?
Tes que saber en primeiro lugar que cada cofre ten un letreiro, pero dous deses letreiros minten e so un di a verdade. Pensa ben, podes saír millonarios se acertas! 😜