stars

xoves, 28 de xaneiro de 2016

Preparamos o Día da Paz

Xa están preparadas as nosas cartas de amigo "invisible". Mañán por fin saberemos as cualidades que viron en nós!

Para os que queiran practicar a canción e facelo perfecto, aquí tendes o vídeo:




venres, 22 de xaneiro de 2016

Excursión!

Xa levaban tempo pedindo unha excursión así que onte, tocou. Esta vez, fomos á sede da Fundación Barrié de la Maza e à Casa das Ciencias.
Na Fundación, vimos unha exposición sobre o traballo do arquitecto Manuel Gallego e participamos nun taller que nos encantou. Logo, fomos ao planetario e á Casa das Ciencias, na que disfrutamos moito tamén. Finalmente, comida e xogos no Parque de Santa Margarita!


Recordade que, como nos explicaron no planetario, estes días pódense observar no ceo de primeira hora da mañá os planetas Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno alineados (se o tempo o permite). O luns será o mellor día para velos, así que, a madrugar!



Máis información aquí.

sábado, 16 de xaneiro de 2016

Repasamos as horas

Velaquí uns exercicios e xogos para repasar as horas, que é o tema que estamos traballando en matemáticas.

 cyberkidz


 teachingtime

 jugarconjuegos

 ¿qué hora es?


E un pequeno reto: vendo este vídeo, facer unha táboa co horario diario de Flik e Flak. Quizais se pareza ao voso!


domingo, 20 de decembro de 2015

Festival de Nadal 2015

Por fin chegou o día do festival! Xa nos tardaba actuar e cantar no escenario. Esperamos que disfrutárades todos da nosa actuación e das actuacións do resto de compañeiros do colexio.




Despois, apareceron por ahí un dos Reis Magos e un paxe. Tocou entregar cartas e recoller caramelos.



Tamén temos que felicitar a Julia que gañou o premio á mellor postal deste ano para os cursos 3º e 4º. Aquí a temos recollendo o seu premio xunto cos gañadores nas outras categorías. Noraboa!


Para rematar, quédame desexarvos a todos un bo Nadal e unhas felices Festas!

IV Mercadillo solidario

Co obxecto de xuntar alimentos que se repartirán entre as familias máis necesitadas do Concello, organizamos dende o equipo de biblioteca do centro o IV Mercadillo Solidario. Unha vez máis, foi todo un éxito. Grazas pola vosa colaboración!


Caracois!!

Tamén o xoves, decidimos pór en liberdade os caracois que tíñamos na aula. Estábamos algo decepcionados porque pensamos que non criaran pero... Ao vaciar o terrario, atopámonos con moitísimos ovos e tamén con con caracois acabados de nacer!

De todolos xeitos, decidimos liberar os caracois que tíñamos, incluído "Atrevido", o noso caracol favorito que escapou un par de veces do terrario e recuperamos de paseo pola clase.






E como o noso descubrimento provocou moita expectación, creamos grupos para ir polas aulas e explicar o que atopamos e como coidamos dos caracois neste trimestre. Non temos fotos de todos, nin vídeos, pero asegúrovos que houbo máis dun que estaba preparado para dar unha clase maxistral acerca destes animais!








Ao final, atopamos a unha familia de acollida para os ovos durante as vacacións, así que, a ver se hai sorte e cando volvamos temos máis crías!

Títeres na biblioteca

O xoves tivemos o pracer de asistir a unha sesión de contacontos con títeres na biblioteca. Moitas grazas a Nuria, Laura e Noelia, nais de alumnos do centro, por prepararnos este fermoso conto de Nadal.