stars

venres, 22 de xaneiro de 2016

Excursión!

Xa levaban tempo pedindo unha excursión así que onte, tocou. Esta vez, fomos á sede da Fundación Barrié de la Maza e à Casa das Ciencias.
Na Fundación, vimos unha exposición sobre o traballo do arquitecto Manuel Gallego e participamos nun taller que nos encantou. Logo, fomos ao planetario e á Casa das Ciencias, na que disfrutamos moito tamén. Finalmente, comida e xogos no Parque de Santa Margarita!


Recordade que, como nos explicaron no planetario, estes días pódense observar no ceo de primeira hora da mañá os planetas Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno alineados (se o tempo o permite). O luns será o mellor día para velos, así que, a madrugar!



Máis información aquí.

2 comentarios:

  1. A Saray gústoulle moito,nas fotos xa se ve que disfrutaron un montón,unha vez máis moitas gracias María...

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar