stars

domingo, 2 de abril de 2017

Algunhas fotos da excursión








Observar a natureza dende Coristanco

O venres recibimos a visita de Antón, biólogo e veterinario, amante da natureza e pai de Anxo.
Antón veunos explicar cómo observar a natureza que nos rodea e grazas a el, coñecemos agora moitas especies da nosa contorna das que non sabíamos a existencia. 
Plantas, aves, mamíferos, insectos, anfibios... seguro que non volveremos saír a dar un paseo sen ser máis observadores. E tampouco volveremos mirar A Revolta nin O Campelo do mesmo xeito. 
Que interesante, moitas grazas Antón!



domingo, 12 de marzo de 2017

O Primo Ramón

O venres, por fin recibimos a visita do Primo Ramón, o autor de As cousas que importan, álbum ilustrado que estivemos lendo este trimestre.

Primeiro, explicounos as etapas de creación dunha obra literaria deste tipo e ao final, tivo lugar a tan esperada firma de libros. O Primo Ramón, ademáis de dedicarnos os libros, fíxonos un debuxo a cada un!




Últimamente, tamén recibimos a visita de varias mascotas, que son sempre ben recibidas na nosa aula. Gracias por traelas!




venres, 3 de marzo de 2017

Día de Rosalía 2017

Este ano, o Entroido tamén coincidiu co Día de Rosalía que celebramos o xoves da semana pasada cun recital na biblioteca.
O alumnado de 4º, cantou "Adiós ríos, Adiós fontes" e fíxoo moi ben!


No blog da biblioteca, tamén podedes ver as actuacións dos nosos compañeiros.

mércores, 1 de marzo de 2017

Celebración do Entroido 2017

Velaquí as fotos da festa do Entroido de este ano no CPI Alcalde Xosé Pichel. Esperamos que disfrutarades moito da xornada!



domingo, 19 de febreiro de 2017

Preparando o Entroido

Xa case chegou o Entroido! Na nosa clase temos moitos Mestres Ioda (seguro que gañamos en sabedoría) e dúas fermosas fadas tamén.



Mañá comenzamos cos mandadiños, así que, recordade, hai que traer algo na cabeza!


sábado, 11 de febreiro de 2017

Día da Paz 2017

A semana pasada, seguimos coa celebración do Día da Paz. Fixemos entre todos un mural no que cada un deixou a súa pegada e cantamos e bailamos no patio a canción "Bajo el mismo sol". Tamén escribimos e recollemos a nosas cartas do amigo invisible. Que ilusión!