stars

luns, 31 de outubro de 2016

venres, 28 de outubro de 2016

Excursión ao porto de A Coruña

O mércores pasado, o alumnado de 3º e 4º foi de excursión ao porto de A Coruña e ao Museo de Arte Contemporáneo. Foi unha saída moi interesante na que incluso aprendemos a subastar peixe!




venres, 21 de outubro de 2016

Vamos á radio!

Por fin o mércores fomos gravar as nosas obras de teatro para o concurso de Teatro lido organizado pola concellaría de cultura do concello de Carballo. Foi moi emocionante atoparnos no estudo de Radio Voz e gravarnos. Ademáis, aprendemos moitas cousas. 
Agora, so hai que esperar a que emitan o programa ao longo da mañá do 9 e do 10 de novembro. Que impacientes estamos!

Primeiro, estivemos esperando a que rematara o programa, ben caladiños, para non saír en directo sen querer...



Logo, por grupos, lemos as nosas obras. Primeiro, o grupo "Faladores de palabras" interpretou a obra A consulta da doutora Casilda.


En segundo lugar, o grupo "Sweets" interpretou Gozofellos Aéreos, de Ramón Sexto Mejuto.


Dous equipos estupendos! 


Fixérono moi ben, e, con algo de sorte, chegarán á final.

luns, 17 de outubro de 2016

Diseccionamos unha flor

Hoxe tocou estudar as partes dunha flor. Para iso, nada mellor que observar unha de verdade. Faltábanos a bata branca, pero aparte dese detalle, convertémonos en verdadeiros científicos.





sábado, 8 de outubro de 2016

Algunhas cousiñas da clase

Ultimamente, estamos moi atarefados preparando a nosa participación no concurso escolar de teatro lido que organiza a concellaría de cultura do Concello de Carballo polo FIOT. Sabemos que grabaremos no estudo de RadioVoz o mércores 19. Que nervios!

Iso non nos impide seguir coa programación, e, en paralelo, coas actividades que tanto nos gustan e que están relacionadas coa natureza.

Primeiro, Anxo tróuxonos a crisálida dunha bolboreta da morte. Resulta que se trata dun verme que se alimenta das follas da planta da pataca e que logo fai o seu casulo na terra, preto desta planta. Ademáis, tamén aportou moita información que os nenos da clase se animaron a transmitir aos seus compañeiros doutros cursos. Máis adiante, espero que teñamos tempo de estruturar a información para preparar un mural sobre o tema.



Outro día, Xulio nos trouxo unha avespa asiática morta para que a poidesemos observar e identificar cando a vexamos e ser quen así de avisar ás autoridades para desfacerse do niño.



Miguel veu un día cuns sapiños que atopou preto da casa, e outro día, tróuxonos unha parella de mantis. Iso foi moi interesante porque agora, a mantis femia xa puxo un ovo (e o macho desapareceu misteriosamente...)! Estamos ansiosos por ver como remata este conto. Tamén podemos ver que hai que aguzar a vista para atopalos. Temos aquí bos exemplos de mimetismo.



Roi tróuxonos unha parella de periquitos que nos alegran a clase cos seus cantos.
Finalmente, volveu a peixeira a nosa clase con tres peixiños. Grazas Yoli e Ainhoa!



Por outra banda, tamén recollemos as cabazas que plantáramos a finais do curso pasado. Non é unha gran colleita porque pasaron moita sede no verán, pero celebrámolo como se fora unha cantidade industrial!



domingo, 25 de setembro de 2016

Novas da Festa da Pataca 2016

En 4ºA, temos uns estupendos reporteiros. Ollade como narran o que sucedeu na Festa da Pataca deste ano! Como? Aínda non sabedes o que ocorreu? Non vos perdades a súa reportaxe...



(Somos conscientes dos problemas de son e dos erros de edición e grabación. A próxima vez, teremos máis experiencia e farémolo mellor!)

martes, 20 de setembro de 2016

Festa da Pataca 2016

Este ano quixemos volver a participar no concurso de figuras con patacas da Festa da Pataca. Para iso, cada un diseñou o seu "Pataquín", o personaxe que será a próxima mascota do colexio no proxecto de Voz Natura. Todos puxeron en marcha a súa creatividade. Noraboa!