stars

sábado, 8 de outubro de 2016

Algunhas cousiñas da clase

Ultimamente, estamos moi atarefados preparando a nosa participación no concurso escolar de teatro lido que organiza a concellaría de cultura do Concello de Carballo polo FIOT. Sabemos que grabaremos no estudo de RadioVoz o mércores 19. Que nervios!

Iso non nos impide seguir coa programación, e, en paralelo, coas actividades que tanto nos gustan e que están relacionadas coa natureza.

Primeiro, Anxo tróuxonos a crisálida dunha bolboreta da morte. Resulta que se trata dun verme que se alimenta das follas da planta da pataca e que logo fai o seu casulo na terra, preto desta planta. Ademáis, tamén aportou moita información que os nenos da clase se animaron a transmitir aos seus compañeiros doutros cursos. Máis adiante, espero que teñamos tempo de estruturar a información para preparar un mural sobre o tema.



Outro día, Xulio nos trouxo unha avespa asiática morta para que a poidesemos observar e identificar cando a vexamos e ser quen así de avisar ás autoridades para desfacerse do niño.



Miguel veu un día cuns sapiños que atopou preto da casa, e outro día, tróuxonos unha parella de mantis. Iso foi moi interesante porque agora, a mantis femia xa puxo un ovo (e o macho desapareceu misteriosamente...)! Estamos ansiosos por ver como remata este conto. Tamén podemos ver que hai que aguzar a vista para atopalos. Temos aquí bos exemplos de mimetismo.



Roi tróuxonos unha parella de periquitos que nos alegran a clase cos seus cantos.
Finalmente, volveu a peixeira a nosa clase con tres peixiños. Grazas Yoli e Ainhoa!



Por outra banda, tamén recollemos as cabazas que plantáramos a finais do curso pasado. Non é unha gran colleita porque pasaron moita sede no verán, pero celebrámolo como se fora unha cantidade industrial!



Ningún comentario:

Publicar un comentario