stars
xoves, 25 de setembro de 2014
Canción dos planetas do Sistema Solar
A petición dalgún de vós, aquí tendes a canción dos Planetas de Enrique y Ana.
martes, 23 de setembro de 2014
Comenza o outono!!!
A noite pasada comenzou o outono. Para os que quieran saber máis, seguide o enlace ao que vos leva a imaxen que vén a continuación. Trátase dun artículo de Europapress sobre esta estación. Seguro que aprendedes datos moi interesantes!
Decídeme agora,
cando comenzou exactamente o outono?
Que ocorreu, no mesmo intre, no Hemisferio Sur?
En que datas se pode dar o equinoccio de outono?
Cando cambiaremos de hora?
Cando se dará a primeira lúa chea da estación?

Festa da Pataca
O pasado domingo, 21 de setembro, celebramos en Coristanco a Festa da Pataca. Como este ano estamos a traballar as hortas ecolóxias e os cultivos tradicionais (Voz Natura e Proxecto da nosa biblioteca), preparámonos dun xeito especial para a ocasión.
Primeiro, decidimos presentarnos ao concurso de figuras con patacas, elaborando na aula as nosas esculturas:
Tamén recibimos unha visita moi especial: a de Francisco Suárez Calvo, mestre que se involucrou na organización da Festa da Pataca dende o seu comenzo, no ano 1981. Estívonos falando da historia da nosa festa, da historia da pataca en xeral e tamén da súa experiencia como mestre.
sábado, 20 de setembro de 2014
Bonilla a la Vista: para ir abrindo boca
O próximo martes, faremos a nosa primeira saída do curso e será á fábrica de patacas fritas "Bonilla a la vista".
Para ir preparando a visita aquí tendes unha reportaxe sobre a empresa. Espero que vos guste!
Quen sabe dicir agora...
Cómo e en donde comenzou esta empresa familiar?
Por que se chama Bonilla a la Vista?
Por que o seu dono di que a patacas fritas que fan son especiais?
Se sabedes as respostas, apuntádeas nos comentarios e non esquencedes pór o voso nome!

xoves, 18 de setembro de 2014
Xentilicios
Esta semana, estivemos estudando os xentilicios. Se queredes practicar algo máis, velaquí tendes algún enlace (en castelán):
Movementos da Terra
Como vimos hoxe na clase de Coñecemento do medio natural, social e cultural, o noso planeta realiza dous movementos: o de rotación e o de traslación.
Estes son os vídeos que vimos na clase e que ilustran os conceptos estudados:
Estes son os vídeos que vimos na clase e que ilustran os conceptos estudados:
Estamos de volta!!
Benvidos a tod@s a este novo curso. Seguro que aprendemos moitas cousiñas novas e que o pasamos moi ben!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)