stars

martes, 23 de setembro de 2014

Festa da Pataca

O pasado domingo, 21 de setembro, celebramos en Coristanco a Festa da Pataca. Como este ano estamos a traballar as hortas ecolóxias e os cultivos tradicionais (Voz Natura e Proxecto da nosa biblioteca), preparámonos dun xeito especial para a ocasión. 

Primeiro, decidimos presentarnos ao concurso de figuras con patacas, elaborando na aula as nosas esculturas: 


Tamén recibimos unha visita moi especial: a de Francisco Suárez Calvo, mestre que se involucrou na organización da Festa da Pataca dende o seu comenzo, no ano 1981. Estívonos falando da historia da nosa festa, da historia da pataca en xeral e tamén da súa experiencia como mestre.






sábado, 20 de setembro de 2014

Bonilla a la Vista: para ir abrindo boca

O próximo martes, faremos a nosa primeira saída do curso e será á fábrica de patacas fritas "Bonilla a la vista".
Para ir preparando a visita aquí tendes unha reportaxe sobre a empresa. Espero que vos guste!


Quen sabe dicir agora...
Cómo e en donde comenzou esta empresa familiar?
Por que se chama Bonilla a la Vista?
Por que o seu dono di que a patacas fritas que fan son especiais?

Se sabedes as respostas, apuntádeas nos comentarios e non esquencedes pór o voso nome!

xoves, 18 de setembro de 2014

Xentilicios

Esta semana, estivemos estudando os xentilicios. Se queredes practicar algo máis, velaquí tendes algún enlace (en castelán):


http://www.editorialteide.es/elearning/Primaria.asp?IdJuego=1509&IdTipoJuego=1



http://www.testeando.es/test.asp?idA=58&idT=zzssgkqe

Movementos da Terra

Como vimos hoxe na clase de Coñecemento do medio natural, social e cultural, o noso planeta realiza dous movementos: o de rotación e o de traslación.
Estes son os vídeos que vimos na clase e que ilustran os conceptos estudados:




Estamos de volta!!


 

Benvidos a tod@s a este novo curso. Seguro que aprendemos moitas cousiñas novas e que o pasamos moi ben! 

xoves, 30 de xaneiro de 2014

Contacontos para o Día da Paz

Este ano, os nenos e nenas de 3º preparamos uns contacontos para os nosos compañeiros dos cursos máis baixos. Fíxonos moita ilusión a todos! Un grupo contoulle o conto "Adivina cuánto te quiero" de Sam McBradney (Ed. KOKINOS) aos nenos e nenas de 6ºde Educación Infantil:
  

Outro decantouse por "Os tres bandidos" de Tomi Ungerer (Ed.Kalandraka). Contáronllo aos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º de Educación Primaria.