stars
luns, 31 de outubro de 2016
venres, 28 de outubro de 2016
Excursión ao porto de A Coruña
O mércores pasado, o alumnado de 3º e 4º foi de excursión ao porto de A Coruña e ao Museo de Arte Contemporáneo. Foi unha saída moi interesante na que incluso aprendemos a subastar peixe!
venres, 21 de outubro de 2016
Vamos á radio!
Por fin o mércores fomos gravar as nosas obras de teatro para o concurso de Teatro lido organizado pola concellaría de cultura do concello de Carballo. Foi moi emocionante atoparnos no estudo de Radio Voz e gravarnos. Ademáis, aprendemos moitas cousas.
Agora, so hai que esperar a que emitan o programa ao longo da mañá do 9 e do 10 de novembro. Que impacientes estamos!
Primeiro, estivemos esperando a que rematara o programa, ben caladiños, para non saír en directo sen querer...
Logo, por grupos, lemos as nosas obras. Primeiro, o grupo "Faladores de palabras" interpretou a obra A consulta da doutora Casilda.
En segundo lugar, o grupo "Sweets" interpretou Gozofellos Aéreos, de Ramón Sexto Mejuto.
Dous equipos estupendos!
Fixérono moi ben, e, con algo de sorte, chegarán á final.
luns, 17 de outubro de 2016
Diseccionamos unha flor
Hoxe tocou estudar as partes dunha flor. Para iso, nada mellor que observar unha de verdade. Faltábanos a bata branca, pero aparte dese detalle, convertémonos en verdadeiros científicos.
sábado, 8 de outubro de 2016
Algunhas cousiñas da clase
Ultimamente, estamos moi atarefados preparando a nosa participación no concurso escolar de teatro lido que organiza a concellaría de cultura do Concello de Carballo polo FIOT. Sabemos que grabaremos no estudo de RadioVoz o mércores 19. Que nervios!
Iso non nos impide seguir coa programación, e, en paralelo, coas actividades que tanto nos gustan e que están relacionadas coa natureza.
Primeiro, Anxo tróuxonos a crisálida dunha bolboreta da morte. Resulta que se trata dun verme que se alimenta das follas da planta da pataca e que logo fai o seu casulo na terra, preto desta planta. Ademáis, tamén aportou moita información que os nenos da clase se animaron a transmitir aos seus compañeiros doutros cursos. Máis adiante, espero que teñamos tempo de estruturar a información para preparar un mural sobre o tema.
Outro día, Xulio nos trouxo unha avespa asiática morta para que a poidesemos observar e identificar cando a vexamos e ser quen así de avisar ás autoridades para desfacerse do niño.
Miguel veu un día cuns sapiños que atopou preto da casa, e outro día, tróuxonos unha parella de mantis. Iso foi moi interesante porque agora, a mantis femia xa puxo un ovo (e o macho desapareceu misteriosamente...)! Estamos ansiosos por ver como remata este conto. Tamén podemos ver que hai que aguzar a vista para atopalos. Temos aquí bos exemplos de mimetismo.
Roi tróuxonos unha parella de periquitos que nos alegran a clase cos seus cantos.
Finalmente, volveu a peixeira a nosa clase con tres peixiños. Grazas Yoli e Ainhoa!
Por outra banda, tamén recollemos as cabazas que plantáramos a finais do curso pasado. Non é unha gran colleita porque pasaron moita sede no verán, pero celebrámolo como se fora unha cantidade industrial!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)