stars

mércores, 28 de decembro de 2016

Derradeira semana de clase do 2016

A última semana de clase deste ano foi curta pero moi intensa.
Primeiro, recibimos a visita do Apalpador.


Despois, entregáronse os premios do intrigante concurso "A personaxe misteriosa". Moitos rapaces da nosa clase adiviñaron que se trataba do escritor galego Agustín Fernández Paz, pero ningún acertou todas as pistas polo que non conseguimos premio. Aínda así, houbo un detalle para cada participante.


Finalmente, o mércores, celebramos o noso festival. Que nervios!




A nosa compañeira Zaira tamén actuou cos rapaces de segundo, pero non podemos colgar o vídeo xa que Youtube nolo bloquea por temas de dereitos de autor sobre canción que interpretaron.

Durante o Festival, tamén estivemos escoitando as actuacións dos nosos compañeiros.



Entregáronse os premios ás mellores postais e estivemos animando a Ainhoa que gañou un deles. Zaira, temén quedou finalista cunha postal moi bonita.


E asistimos ao sorteo por parte da ANPA dunha tablet que lle tocou a Miguel. Que a disfrutes!


Espero que estedes pasando unhas boas vacacións e que Papá Noel e o Apalpador foran xenerosos. Felices festas a todos! Vémonos á volta coas pilas cargadas e moitas ganas de traballar!!!!



domingo, 18 de decembro de 2016

Carreira de Cee 2016

Este venres, fomos unha vez máis ata Cee para participar na proba de campo a través. Foi moi divertido!


sábado, 3 de decembro de 2016

Día contra a violencia de xénero

O 25 de novembro foi o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Nós tratamos o tema esta semana aínda. Baixo o lema "Se me queres..." os nenos e nenas atoparon moi boas ideas, todas baseadas no respecto.


Que difícil conseguir que todos miren na mesma dirección!

domingo, 27 de novembro de 2016

Reciclamos aceite

Recientemente, enterámonos do contaminante que é o aceite para a auga. Era preciso informar aos nosos compañeiros diso, polo que o luns xuntámonos cos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil. Expicámoslles os danos que ocasionaba o aceite e como reciclalo e reutilizalo. Finalemente, xuntos, fixemos xabrón con aceite usado do comedor. Agora xa somos uns expertos. Sobretodo, o que nos quedou claro é que hai que remexer moitísimo!


venres, 18 de novembro de 2016

Acuario, poesía e teatro

Esta semana, por fin nos tocou a nós ir ao teatro á Casa da Cultura do noso Concello. Valiu a pena esperar porque a actuación que nos tocou ver encantounos. Tratouse da obra Acuario representada pola compañía de teatro Ghazafelhos. Esta obra está baseada no libro de poesía Acuario de María Canosa.



A verdade é que ademais de disfrutar de fermosas poesías, fartámonos a rir!


venres, 11 de novembro de 2016

Magosto 2016

Esta semana, estivemos preparando a nosa cesta do outono, e cremos que non o fixemos nada mal.



Tamén axudamos a plantar flores no porche do colexio que xa levaba un tempo algo triste e sen cor.






E hoxe, finalmente, celebramos o Magosto: xogos, disfraces e, como non, castañas, para pasar unha mañá estupenda.


(Este ano, repito canción no vídeo, que sei que algúns vos gustou.)

luns, 7 de novembro de 2016

Entrega de premios de Teatro Lido

Onte entregáronse en Carballo os premios de Teatro Lido. Nesta ocasión, non estivemos entre os elexidos, pero aínda así ,  tivemos a sorte de recibir un diploma e uns agasallos por participar. Moitas Grazas!

martes, 1 de novembro de 2016

Samaín 2016: no xornal!

Este ano, ata algún de nós sae en portada no Diario de Bergantiños. Que sorte! E que guapos! 

luns, 31 de outubro de 2016

venres, 28 de outubro de 2016

Excursión ao porto de A Coruña

O mércores pasado, o alumnado de 3º e 4º foi de excursión ao porto de A Coruña e ao Museo de Arte Contemporáneo. Foi unha saída moi interesante na que incluso aprendemos a subastar peixe!




venres, 21 de outubro de 2016

Vamos á radio!

Por fin o mércores fomos gravar as nosas obras de teatro para o concurso de Teatro lido organizado pola concellaría de cultura do concello de Carballo. Foi moi emocionante atoparnos no estudo de Radio Voz e gravarnos. Ademáis, aprendemos moitas cousas. 
Agora, so hai que esperar a que emitan o programa ao longo da mañá do 9 e do 10 de novembro. Que impacientes estamos!

Primeiro, estivemos esperando a que rematara o programa, ben caladiños, para non saír en directo sen querer...



Logo, por grupos, lemos as nosas obras. Primeiro, o grupo "Faladores de palabras" interpretou a obra A consulta da doutora Casilda.


En segundo lugar, o grupo "Sweets" interpretou Gozofellos Aéreos, de Ramón Sexto Mejuto.


Dous equipos estupendos! 


Fixérono moi ben, e, con algo de sorte, chegarán á final.

luns, 17 de outubro de 2016

Diseccionamos unha flor

Hoxe tocou estudar as partes dunha flor. Para iso, nada mellor que observar unha de verdade. Faltábanos a bata branca, pero aparte dese detalle, convertémonos en verdadeiros científicos.





sábado, 8 de outubro de 2016

Algunhas cousiñas da clase

Ultimamente, estamos moi atarefados preparando a nosa participación no concurso escolar de teatro lido que organiza a concellaría de cultura do Concello de Carballo polo FIOT. Sabemos que grabaremos no estudo de RadioVoz o mércores 19. Que nervios!

Iso non nos impide seguir coa programación, e, en paralelo, coas actividades que tanto nos gustan e que están relacionadas coa natureza.

Primeiro, Anxo tróuxonos a crisálida dunha bolboreta da morte. Resulta que se trata dun verme que se alimenta das follas da planta da pataca e que logo fai o seu casulo na terra, preto desta planta. Ademáis, tamén aportou moita información que os nenos da clase se animaron a transmitir aos seus compañeiros doutros cursos. Máis adiante, espero que teñamos tempo de estruturar a información para preparar un mural sobre o tema.



Outro día, Xulio nos trouxo unha avespa asiática morta para que a poidesemos observar e identificar cando a vexamos e ser quen así de avisar ás autoridades para desfacerse do niño.



Miguel veu un día cuns sapiños que atopou preto da casa, e outro día, tróuxonos unha parella de mantis. Iso foi moi interesante porque agora, a mantis femia xa puxo un ovo (e o macho desapareceu misteriosamente...)! Estamos ansiosos por ver como remata este conto. Tamén podemos ver que hai que aguzar a vista para atopalos. Temos aquí bos exemplos de mimetismo.



Roi tróuxonos unha parella de periquitos que nos alegran a clase cos seus cantos.
Finalmente, volveu a peixeira a nosa clase con tres peixiños. Grazas Yoli e Ainhoa!



Por outra banda, tamén recollemos as cabazas que plantáramos a finais do curso pasado. Non é unha gran colleita porque pasaron moita sede no verán, pero celebrámolo como se fora unha cantidade industrial!



domingo, 25 de setembro de 2016

Novas da Festa da Pataca 2016

En 4ºA, temos uns estupendos reporteiros. Ollade como narran o que sucedeu na Festa da Pataca deste ano! Como? Aínda non sabedes o que ocorreu? Non vos perdades a súa reportaxe...



(Somos conscientes dos problemas de son e dos erros de edición e grabación. A próxima vez, teremos máis experiencia e farémolo mellor!)

martes, 20 de setembro de 2016

Festa da Pataca 2016

Este ano quixemos volver a participar no concurso de figuras con patacas da Festa da Pataca. Para iso, cada un diseñou o seu "Pataquín", o personaxe que será a próxima mascota do colexio no proxecto de Voz Natura. Todos puxeron en marcha a súa creatividade. Noraboa!



  





mércores, 22 de xuño de 2016

A descansar!

Xa rematou o curso e agora toca vacacións. Espero que o pasarades moi ben este ano, que aprenderades moito e que gardedes bos recordos destes meses que pasamos xuntos. 
Pasádeo ben e disfrutade do verán que en setembro hai que volver con moitísima enerxía!
Unha aperta


luns, 20 de xuño de 2016

Día da bicicleta

Hoxe, un membro do Club Ciclista Carballo desprazouse ata o noso colexio para indicarnos algunhas normas se seguridade e propoñernos un circuito para practicar andar en bicicleta. Foi moi divertido!


martes, 7 de xuño de 2016

Xeometría

Seguimos cos temas de xeometría. Agora tócanos estudar os poliedros, e a mellor forma de facelo é fabricando uns!




luns, 6 de xuño de 2016

Arte no chan

O venres, aproveitando o calor que facía, saímos na hora de plástica para decorar o chan do patio. Un traballo en equipo moi divertido, aínda que o resultado sexa efímero.



Máis premios!

Esta semana, tivemos varios premiados na aula. Primeiro, Pablo gañou un premio no Certamen Asunción Antelo pola súa ilustracíon do poema "O mar" de Manuel María. Tamén houbo varios finalistas nas distintas categorías como Kevin, Anxo, Saray ou Ainhoa. Noraboa a todos!




Por outra banda, dende a biblioteca tamén se entregaron os premios pola participación no concurso "Así te vexo" no que había que averiguar o autor e o nome de catro obras gráficas. De novo, a clase estivo ben representada.




Xa temos casulos!

O luns pasado tivemos sorpresa ao chegar á aula: algún verme de seda xa se animara a facer o casulo durante o fin de semana, e outros o estaban facendo! 





luns, 30 de maio de 2016

I Aniversario da Biblioteca Asunción Antelo

 

O venres celebramos o primer aniversario da nosa biblioteca, a Biblioteca Asunción Antelo. Nun acto no que estiveron presentes a mesma Asunción Antelo e representantes do Concello, cantamos todos xuntos a canción "O Cuco", adaptación do poema de Manuel María que leva o mesmo nome.




Despois, Anxo, Xulio, Aldán e Álvaro Rivera tocaron unha canción coa frauta.



Finalmente, Xulio, Anxo e Álvaro Rivera tamén tocaron a guitarra!



Xa vedes que a nosa clase quedou moi ben representada. Noraboa a todos!
Atoparedes máis vídeos e fotografías no blog da biblioteca.
Grazas a Ana Palleiro, por inmortalizar este evento!

mércores, 25 de maio de 2016

De excursión

Hoxe tocou ir de excursión a Meteogalicia donde fomos moi ben recibidos e donde aprendemos moitas cousas sobre a predición do tempo. Ata nos sacaron unha foto e a plublicaron na súa páxina de Twitter!

Despois, desprazamonos ata a Catedral de Santiago na que entramos pola Porta Santa que está aberta malia que o ano 2016 non é ano xubilar (a porta estará aberta ata novembro e non volverá abrirse ata o 2021).

Finalmente, o tempo dou tregua para que poidesemos comer e disfrutar algo de estar fóra, na Praza da Quintana. 

Penso que todos os nenos o pasaron moi ben, pero xa nolo confirmarán!






luns, 16 de maio de 2016

Día da Familia 2016

O pasado venres celebramos no centro o Día da Familia. Moitas grazas a todos os que participastes, sabemos que non é doado dispoñer dunha mañá enteira un día laborable. Esperamos que o pasarades ben. Oxalá os que non poidestes vir nesta edición o poidades facer para o ano que vén. 



xoves, 12 de maio de 2016

Contacontos con María da Pontragha

Seguimos co mes das Letras Galegas, esta vez con contacontos.
Como rimos o mércores cos contos que nos contou María da Pontragha! A Proba está AQUÍ, no blog Biblioxosepichel, o blog da biblioteca do colexio.


mércores, 11 de maio de 2016

Fósiles na clase de sociais

Hoxe tivemos a sorte de poder observar e manipular os fósiles que nos trouxo Anxo. Pareciunos moi interesante, moitas grazas por compartilos con nós!


Trasplantamos

Parece que ás nosas sementes gústalles a aula porque xa xerminaron case todas e temos bastantes plantiñas.


Hoxe pola tarde plantamos algunhas (leitugas e xirasois), pero aínda nos quedan moitas que coidar na aula. Cun pouco de sorte, poderemos comer pronto unha ensalada con leituga de produción propia!