Xa rematou o curso e agora toca vacacións. Espero que o pasarades moi ben este ano, que aprenderades moito e que gardedes bos recordos destes meses que pasamos xuntos.
Pasádeo ben e disfrutade do verán que en setembro hai que volver con moitísima enerxía!
Hoxe, un membro do Club Ciclista Carballo desprazouse ata o noso colexio para indicarnos algunhas normas se seguridade e propoñernos un circuito para practicar andar en bicicleta. Foi moi divertido!
O venres, aproveitando o calor que facía, saímos na hora de plástica para decorar o chan do patio. Un traballo en equipo moi divertido, aínda que o resultado sexa efímero.
Esta semana, tivemos varios premiados na aula. Primeiro, Pablo gañou un premio no Certamen Asunción Antelo pola súa ilustracíon do poema "O mar" de Manuel María. Tamén houbo varios finalistas nas distintas categorías como Kevin, Anxo, Saray ou Ainhoa. Noraboa a todos!
Por outra banda, dende a biblioteca tamén se entregaron os premios pola participación no concurso "Así te vexo" no que había que averiguar o autor e o nome de catro obras gráficas. De novo, a clase estivo ben representada.
O luns pasado tivemos sorpresa ao chegar á aula: algún verme de seda xa se animara a facer o casulo durante o fin de semana, e outros o estaban facendo!
O venres celebramos o primer aniversario da nosa biblioteca, a Biblioteca Asunción Antelo. Nun acto no que estiveron presentes a mesma Asunción Antelo e representantes do Concello, cantamos todos xuntos a canción "O Cuco", adaptación do poema de Manuel María que leva o mesmo nome.
Despois, Anxo, Xulio, Aldán e Álvaro Rivera tocaron unha canción coa frauta.
Finalmente, Xulio, Anxo e Álvaro Rivera tamén tocaron a guitarra!
Xa vedes que a nosa clase quedou moi ben representada. Noraboa a todos!
Atoparedes máis vídeos e fotografías no blog da biblioteca.
Grazas a Ana Palleiro, por inmortalizar este evento!