stars

sábado, 31 de outubro de 2015

Samaín e a nosa primeira foto de grupo

Por fin temos unha foto de grupo! E é que entre que algúns días faltaban rapaces e outros esquencíamos sacala, estaban os nenos sen retratar todos xuntos. Así que, algo descoñecidos algúns, pero están todos.


Se vos parece que a fotografía saiu pouco lucida, tendes que saber que non serviu nin o tradicional "pataca" nin o "cachelo". Cada un atendía ao seu. En próximas ocasións intentarémolo en inglés ou en francés, a ver se temos máis éxito...

Moitos nenos (e pais) se animaron a decorar cabazas. Que orgullosos posaron todos con elas! Noraboa polo voso traballo! Próximamente informaránnos de quenes foron os gañadores. Espero que lle toque a algún da clase.





venres, 30 de outubro de 2015

Estamos de volta!

Comenzamos algo tarde co blog, pero que mellor forma de facelo que bailando!

O martes fomos á Casa da Cultura cos nosos compañeiros de primeiro e segundo para participar nun obradoiro de danza. E que ben o pasamos! Aquí tendes unhas imaxes para comprobar o ben que algún lle da á muiñeira e á rumba.



martes, 17 de febreiro de 2015

Entroido!!

Queridos espantallos, xa me contaredes á volta de vacacións, que tal o pasastes. Polas vosas caras, eu diría que moi ben!


Estampamos con patacas

Despois de ver como se imprimían os libros antigos, ocorréuseme que poderíamos facer algo parecido na clase, pero, tendo en conta que estamos en Coristanco, con patacas. 
Foi moi gracioso ver a vosas caras cando vos dixen que para plástica habería que traer unha pataca pero agora xa tendes claro para que era. Espero que vos gustara a actividade. A verdade é que da gusto vervos tan concentrados. E os resultados non estiveron nada mal!




Excursión a Santiago

Fai un par de semanas, fomos a Santiago a visitar a praza de abastos e a libraría Couceiro.
Na nosa primeira visita, explicáronnos que productos podíamos atopar alí, e mesmo de onde viñan. Na segunda, ademáis de facer algunha compriña, aprendemos como se facían antigamente os libros, e vimos os materiais que se empregaban.
Despois, desfrutamos dun paseo e do noso xantar na Alameda.
Espero que as visitas vos resultaran interesantes e que o pasarades moi ben.


luns, 16 de febreiro de 2015

Grazas!!

Fai xa algo máis dun mes que o meu alumnado me tiña reservada unha fermosa sorpresa para cando chegase á aula.
Moitas grazas a todos e todas, e tamén aos papás e mamás que directa ou indirectamente participaron nesta festa. Así da gusto cumprir anos, e se mos siguen quitando deste xeito, tamén (fixádevos na tarta)!



Día da Paz no CPI Alcalde Xosé Pichel

O venres 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. 
A actividade central foi o xogo do "amigo invisible". Cada neno lle escribiu unha carta a un compañeiro, elixido ao azar, na que debía dicirlle algo positivo. Como nos gustou descubrir as nosas cartas anónimas no tablón! Non nos decepcionaron as mensaxes dos nosos amigos.



Despois, reunímonos todos para cantar e bailar a nosa canción e para botar ao aire a nosa pomba da Paz.